Llega «Pazo de Familia: la película», uno de los grandes éxitos de la TVG

CULEBRÓN GALLEGO

A TVG ofrece hoxe «Pazo de Familia: a Película», un filme que nace dun dos grandes éxitos de audiencia da canle pública

viernes, 13 marzo 2015, por Radio Televisión de Galicia (RTVG)

Santiago, 16.03.2015.-     Esta noite chega á TVG “Pazo de Familia: a Película”, filme que parte dunha serie que conta cun gran seguimento na faixa de maior consumo televisivo dos luns. Así, os espectadores poderán ver como os Pardo Veiga teñen moito que agochar: un fillo bastardo, un triángulo amoroso con graves consecuencias ou a implicación da familia nunha trama de medicamentos ilegais.

A película de “Pazo de Familia” comeza cos segredos de César e Leonor. Os poderosos Pardo Veiga manexan os fíos da cidade, pero terán que enfrontarse a unha adversaria disposta a acabar con todo o que teñen. Sofía Salgado é en realidade unha vella coñecida. Os Pardo Veiga arruinaron a súa familia e ela agora vén para vingarse.

Pero os problemas non só chegan dos descoñecidos, senón que moitas veces veñen dos máis achegados. O gran segredo de César está en perigo e a súa posición na cidade tamén, xa que Emilio está disposto a publicar que el é o culpable da introdución de medicamentos ilegais.

Os espectadores asistirán tamén ao proceso de namoramento entre Mónica e Nino. A relación é mal vista por todos e están dispostos a comezar unha nova vida lonxe do pazo dos Pardo Veiga. Pero unha noticia trunca o destino dos amantes: Rita está embarazada.

Todo isto e moito máis é o que poderán ver esta noite os seguidores da serie nunha película que nace dun dos grandes éxitos de audiencia da Televisión de Galicia nesta temporada.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s