Adega reclama que se paralice una plantación de eucaliptos en Riotorto por afectar a un yacimiento romano

adegayacimromano1 adegayacimromano2 adegayacimromano3

YACIMIENTO

EN PELIGRO

Solicitada a paralización urxente dunha plantación de eucaliptos en Riotorto por afectar un xacemento romano

Os traballos forestais estanse a desenvolver enriba dunha mina aurífera da época romana

 

ADEGA e MariñaPatrimonio vimos de comunicarlle ao Servizo de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia que no lugar de A Muxueira (Riotorto- Lugo) estanse a levar a cabo labores de corta e plantación de eucaliptos enriba dun xacemento aurífero da época romana.

Ambas organizacións puidemos comprobar que para eses labores se usou maquinaria pesada poñendo en risco os valores do xacemento. Así mesmo, abríronse novas pistas que lamentablemente están a modificar modificar a morfoloxía da antiga explotación aurífera romana. Este xacemento non está inventariado oficialmente polo que é un ben patrimonial descoñecido para a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

Na actualidade só están inventariadas algunhas destas minas nos concellos de Foz e Barreiros, pese a abundancia de xacementos deste tipo na zona oriental da Mariña. En concreto, o concello de Riotorto conta cun bo número de explotacións mineiras de época romana, algunhas de gran espectacularidade e importancia. Na  Muxueira atópanse varias: un grupo delas conforman o que podería denominarse un complexo mineiro, formado por tres grandes trincheiras a ceo aberto: As Grobas, O Palo Ribeiro e  A Chousa do Baño. Esta última é a que se viu afectada polos traballos forestais.

Ligazóns

A mina Chousa do Baño pertence a un complexo mineiro      romano

ADEGA e MariñaPatrimonio solicitamos a inmediata paralización dos labores forestais que afectan o xacemento arqueolóxico, que se estuden os danos ocasionados, e ao mesmo tempo que se inclúa este complexo mineiro da Muxueira no Inventario de Xacementos Arqueolóxicos da Xunta de Galicia.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s