Película ‘Encallados’ del realizador compostelano Alfonso Zarauza

PELÍCULA GALLEGA

A película ‘Encallados’ do realizador compostelán Alfonso Zarauza ofrece catro pases de estrea no Salón Teatro de Santiago

miércoles, 11 junio 2014, 10:44, por Axencia Galega Das Industrias Culturais (AGADIC)

  Esta produción de Zircozine contou co apoio económico da Agadic a través da súa convocatoria de axudas ao audiovisual 2009
Xulio Abonjo, Federico Pérez, Ricardo de Barreiro e Farruco Castromán interpretan unha comedia autocrítica sobre o propio mundo do cine, que conta tamén coas aparicións de Luis Tosar, Marcos Pereiro e Patricia Vázquez
[11/06/2014]

O Salón Teatro de Santiago acolle esta fin de semana os catro pases cos que o filme ‘Encallados’, do realizador compostelán Alfonso Zarauza, comeza o seu percorrido por distintas salas galegas. Esta produción de Zircozine proxectarase en sesión dobre o venres 13, ás 19.00 e ás 22.00 horas, e o sábado 14, ás 20.00 e ás 22.00 horas.
Esta comedia, preestreada a semana pasada no Teatro Principal, achega unha ollada interior cara ao mundo do cine desde a autocrítica, a melancolía e on humor. Os actores Xulio Abonjo (no papel de Alfonso), Federico Pérez (como Pato), Ricardo de Barreiro (no personaxe de Andy) e Farruco Castromán (no de Farruco) interpretan un grupo de amigos que se unen co propósito de realizar unha película co sumario xudicial do afundimento do ‘Prestige’ como pano de fondo. A fita conta tamén coas aparicións de Luis Tosar, Marcos Pereiro e Patricia Vázquez.
O filme, xurdido a partir dun proxecto inicial como película para televisión, recibiu o apoio económico da Consellería de Cultura e Educación a través dunha achega de 125.000 euros, procedentes da adxudicación en 2009 da convocatoria de subvencións da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) á produción de longametraxes cinematográficas en lingua galega con decidido contido artístico e cultural.
Venda de entradas
As entradas para os seus catro pases inaugurais en Santiago poden mercarse de xeito anticipado no despacho de billetes do Teatro Principal, aberto de luns a sábado entre as 18.00 e as 21.00 horas. Na billeteira do Salón Teatro, estarán dispoñibles desde unha hora antes do comezo das sesións.
-Web de ‘Encallados’

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s