Add your thoughts here… (optional)
Continuando co noso labor a prol da investigación e da divulgación dos diferentes aspectos antropolóxicos da cultura galega, a SAGA pon en marcha a súa “I Xornada sobre música tradicional” co ánimo de axudar a divulga-los distintos apectos do que posiblemente sexa un dos máis ricos e variados folclores de Europa. Este primeiro ano adicarémolo á zanfona na música galega.
A xornada terán lugar o venres 5 de xullo na Casa das campás de Pontevedra. Agardámo-la vosa participación neste acto que conta cun interesante programa de charlas e actuacións e un elenco de participantes de primeiro nivel. Dende aquí queremos dá-las grazas a todos eles pola súa desinteresada participación, así como ó concello de Pontevedra polo súa colaboración e á Universidade de Vigo por cedérno-las instalacións da Casa das Campás.


ESTE VENRES ORGANIZÁMO-LA “I XORNADA SOBRE MÚSICA TRADICIONAL”. ESTE ANO O TEMA SERÁ “A ZANFONA NA MÚSICA GALEGA” | AsturGalicia Noticias, ¿Puedes aportar más?, me resulta insterense esta post. Saludos.
Me gustaMe gusta