Ecologistas y vecinos reclaman al Parlamento Europeo la prohibición de la megaminería contaminante

CONTAMINACIÓN MINERA

Organizacións ecoloxistas e plataformas veciñais reclamamos ao  Parlamento Europeo a prohibición efectiva da megaminaría contaminante

16 de maio de 2013. Unha representación dos movementos sociais galegos, plataformas veciñais, concellos e organizacións ecoloxistas vimos de asistir a unha audición no Parlamento Europeo, organizada polo grupo Verdes-ALE, para debater sobre a megaminaría contaminante. Os proxectos mineiros de Corcoesto, A Limia, Cartelle-Ramirás e Castrelo son só algúns das ducias de ameazas que nestes intres pairan sobre a nosa terra debido á cobiza dalgunhas empresas e á conivencia e a corrupción dalgunhas administracións. Dende ADEGA esixímoslle ao Parlamento Europeo que faga os seus deberes e lexisle (abonda xa de resolucións) para prohibir determinadas prácticas mineiras que como o uso do cianuro ou o “fracking” poñen en perigo a terra e a vida especulando indecentemente coa saúde da cidadanía.

Corcoesto, Castrelo de Miño, Xinzo, Cartelle xunto con Chalkidiki (Grecia) e Rossia Montana (Romenia) son os nomes das ameazas, en proxecto ou reais, que mañán poderían transformarse en catástrofes como Aznalcóllar e Baía Mare (Romenia). E isto pode acontecer porque malia a qoe o estado Español non foi formalmente rescatado, unha troika perversa integrada polo capitalismo, a especulación e a corrupción fomenta que grandes empresas transnacionais, coa axuda dalgúns políticos cómplices, apliquen tamén o seu modelo neo-colonial de explotación e apropiación dos nosos recursos naturais. Estes proxectos agresivos, cunha forte compoñente especulativa debido ao alto prezo que estas materias primas están a acadar nos mercados, esquecen á poboación local ou millor dito, extírpana das súas terras para poder apropiarse da súas riquezas e da súa vida.

Non só algúns recursos concretos están ameazados polo expolio (ouro, terras raras, wolfram, coltán…), son tamén os chamados servizos ecosistémicos os que están en xogo. Os servizos que nos prestan os ríos, pola súa capacidade de fornecernos de auga e de depurar (aotodepurar) a contaminación; os bosques (captura de CO2 e sustento da biodiversidade); as montañas (captción de auga e regulamentación do ciclo hídrico); ou as costas (amortecemento dos impactos do cambio climático e berce de recursos alimenticios), entre outros, están tamén ameazados.

No eido socioeconómico, a explotación dos recursos mineiros e particularmente dos metais, está controlada por empresas transnacionais que operan baixo criterios especulativos: O alto prezo destas materias primas nos mercados internacionais pola demanda tecnolóxica fai que moitas veces as técnicas de explotación e os métodos de extracción non sexan os millores técnicamente nen os que menos impactos producen, senón os que xeran menos custos e permiten un beneficio máis rápido ás empresas. Deste xeito, cando as empresas mineras marchan deixan enormes pasivos ambientais e sociais que degradan o ambiente, deterioran a saúde e a calidade de vida das poboacións das áreas mineiras e impiden outros aproveitamentos económicos.

Fronte a este panorama, resulta urxente que o Parlamento Europeo fixe as condicións, as regras de xogo que permitan garantir a supervivencia do medio e das persoas fronte a esta ameaza, marcando as liñas vermellas e trasladándoas de xeito inequívoco ao acervo lexislativo común: non ao ceo aberto, se hai alternativas; prohibición das tecnoloxías baseadas no uso do cianuro; Prohibición do “fracking”; e non menos importante, garantir a prioridade e a prevalencia dos aproveitamentos tradicionais (agricultura, gandería, aproveitamentos forestais…) e outros usos compatíbeis (culturais, científicos, turístico-recreativos…)

Hai 2000 anos os romanos chegaron á Gallaecia para levar os seus minerais, deixando fondas feridas no territorio aínda visíbeis hoxe, como no caso da paraxe das Médulas. Alí aplicaron a técnica que denominaron ruina montium, isto é, a ruína dos montes para extraer o ouro. Os romanos, cando menos, foron honestos: Chamaron ás cousas polo seu nome. Hoxe, os novos colonizadores agochan os seus proxectos baixo etiquetas como “desenvolvemento sustentábel”, usando os postos de traballo como escudos humanos. Non nos deixemos enganar por esta terminoloxía: cando falan de desenvolvemento sustentábel queren dicir o seu desenvolvemento, sustentado por todos nós. O que nos ofrecen non é mais que, parafraseando aos romanos, a ruina terrae (a destrución da terra) e a ruina vitae (a destrución da vida).

Hoxe estamos eiquí, na sede da representación popular deste novo imperio romano (ou deberiamos dicir xermánico) que é a Unión Eurpoea, para que vós, parlamentares desta institución, cumprades coa vosa obriga de preservar a vida e a terra, lexislando con urxencia sobre as practicas da megaminaría contaminante e establecendo esas liñas vermellas que permitan protexer de xeito efectivo aos ecosistemas ameazados e aos seus habitantes.

Un comentario sobre “Ecologistas y vecinos reclaman al Parlamento Europeo la prohibición de la megaminería contaminante

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s