PSdeG: «La reforma de la Ley de Costas permitirá prorrogar la concesión a Ence 75 años»

LEY de COSTAS

Psdeg: A reforma da Lei de Costas desprotexe o litoral galego e abre a porta a prorrogar a concesión de Ence 75 anos

                    miércoles, 24 abril 2013, por Partido Dos Socialistas de Galicia-Partido Socialista Obreiro Español (Psdeg-Psoe)

A reforma da Lei de Costas desprotexe o litoral galego e abre a porta a prorrogar a concesión de Ence 75 anos

24 de Abril de 2013

O portavoz de Ordenación Territorial do Grupo Socialista, Xosé Sánchez Bugallo, dixo que a reforma da Lei de Costas, que se aproba esta tarde no Senado, “desprotexe as nosas costas” para prorrogar a concesión de Ence durante 75 anos e protexer aos propietarios estranxeiros. O responsable socialista presentou unha Interpelación no Pleno do Parlamento sobre os efectos desta Lei para a costa galega.

O responsable socialista dixo que o PP está a “desprotexer as costas sacrificando o gañado durante 25 anos” de vixencia da Lei de 1988 cunha norma que “non resolve os problemas dos veciños galegos”. Pola contra, abre a posibilidade a prorrogar a concesión de Ence na Ría de Pontevedra, que vence en 2018, abrindo a posibilidade de prorrogala ata 2093 mentres evita recoñecer núcleos costeiros en 57 concellos galegos.

Bugallo sinalou que a reforma da Lei tan só incorpora o núcleo costeiro de Moaña fronte a 4 de Valencia, 5 de Andalucía, 2 de Cataluña e incorpora a excepcionalidade de Formentera pero non da Illa de Arousa. Dixo este debate evidencia que “o obxectivo non son os veciños da Illa, de Marín, Vilaboa nin Ribeira”, que son utilizados como escusa para protexer aos propietarios ingleses, franceses e alemáns con hipotecas na costa galega.

Engadiu que “a partir desta Lei os ingleses, franceses e alemáns con propiedades na Costa Brava, na Costa do Sol e en Canarias quedan tranquilos, tamén as entidades financeiras que mercaron as cédulas hipotecarias, e Ence está eufórica”. Dixo que, finalmente, “os únicos contentos son De Guindos, a banca internacional e os intereses que representa”.

Criticou que o PP ten rexeitado as 200 emendas socialistas ao proxecto de Lei, incluíndo a que comprendía o acordo do Parlamento de Galicia sobre as condicións dos núcleos costeiros, e a emenda presentada polo deputado galego do PP Enrique López Veiga sobre esta mesma cuestión.

Dixo que o PP “utilizou os problemas reais dos veciños afectados como desculpa para acadar outros obxectivos” recortando a protección do litoral de 100 a 20 metros, abrindo a costa á construción e consolidando edificacións ampliando a autorización ata 75 anos mais.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s