La Diputación de Ourense presenta el primer informe del Observatorio económico: Ourense nota menos la crisis, porque la provincia ya estaba fastidiada desde antes

ECONOMÍA OURENSE

ourense2ourense1

A Deputación presenta o primeiro informe do Observatorio Económico Ourensán

 

Os grandes núcleos de poboación da provincia presentan os menores efectos laborais da crise

 

O censo provincial de unidades locais (empresas e centros de traballo) só diminuíu o 0,9% desde o ano 2007

 

Ourense ten as taxas de variación menos alarmantes de Galicia, a pesar do empeoramento durante a segunda recesión económica

 

Ourense e O Carballiño son as dúas comarcas con maior peso provincial dos sectores tecnolóxicos

Ourense, 4 de decembro de 2012.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presentou hoxe no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” o primeiro estudo do Observatorio Económico Ourensán, unha ferramenta de análise económica, laboral, empresarial e social da situación da provincia de Ourense e as súas comarcas. O Observatorio –que forma parte do Plan OURENSE 92-nace da implicación entre institucións (Deputación e Inorde), universidade e empresa, e na súa elaboración intervén un equipo multidisciplinar de profesionais e universitarios especializados, como o profesor José María Chamorro Rivas, do Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Vigo, quen foi o encargado de dar a coñecer as conclusións deste primeiro estudo do observatorio. O acto, no que participou tamén o presidente do Inorde, José Manuel Freire Couto, déronse cita alcaldes e outros representantes institucionais e sociais da provincia de Ourense.

Manuel Baltar afirmou que a creación do Observatorio Económico Ourensán pretende definir estratexias “para reimpulsar a economía provincial”. “O estudo concello a concello, e comarca a comarca, encaixa de cheo –subliña Baltar- coa política baseada nas persoas e coa política baseada nas realidades sobre a que está a pivotar o “Plan Ourense 92”. O presidente provincial destaca que o coñecemento “constitúe o mellor xeito de achegar solucións para os problemas individuais dos cidadáns e para as dificultades colectivas da sociedade”, e engade que, ademais do compromiso real coa cidadanía, “o Observatorio incardina coa “Política dos tres “E” sobre os que se ten que sustentar o actual ciclo: “E” da economía, “E” do emprego e o “E” das empresas”.

As conclusións do primeiro estudo sinalan que os principais núcleos de poboación da provincia de Ourense presentan menos efectos derivados da crise que as zonas rurais. Neles diminúe a menor ritmo ou mesmo sube o censo de empresas, ao tempo que as afiliacións á Seguridade Social e o paro rexistrado ofrecen taxas de variación menos alarmantes que no rural.

O Observatorio tamén detecta que a segunda recesión da crise está a penalizar máis o emprego nesta provincia que no conxunto de Galicia. Aínda así, a economía ourensá aínda asina a menor perda provincial de afiliados e a menor subida do paro.

Nos últimos catro anos, esta provincia perdeu o 6,9% das afiliacións, cando a redución media en Galicia acadou o 8,25%. E no caso do paro rexistrado, a cifra de desempregados creceu o 43,8% entre 2008 e 2012, fronte a unha media galega do 59% e a unha media estatal do 71,5%.

Afiliacións

No tocante ás afiliacións, dase a circunstancia de que os catro concellos que absorberon máis poboación urbana son os únicos con aumento de afiliados entre 2008 e 2012. As maiores subidas foron as de Barbadás (9,6%) e San Cibrao das Viñas (7,6%). Os outros dous municipios con taxa de variación positiva son Pereiro de Aguiar (2,4%) e Allariz (0,9%). Por comarcas, o mellor comportamento das afiliacións durante a crise corresponde a Verín, Allariz-Maceda e Valdeorras.

En canto ao paro rexistrado, a análise a catro anos -de 2008 a 2012- só reflicte tres cifras en verde. Trátase das excepcionalidades dos concellos nos que baixou o paro rexistrado ao longo deste período de crise. Na Teixeira reduciuse nun 37,5%, en Vilar de Barrio nun 23,2% e en Bande nun 2,4%, se ben é certo que esas baixadas son froito de mínimas reducións en termos absolutos, por mor da escaseza de poboación activa.

Limitando o período de estudo a un ano -de outubro de 2011 a outubro de 2012-, entón o número de municipios que amosan descensos no paro rexistrado elévase a once. O concello de Ourense iguala a media provincial, ao rexistrar unha taxa de variación interanual do 11,3%, mentres que O Barco, Carballiño e Celanova están por enriba da media provincial.

Entre as estatísticas negativas é salientable o significativo aumento do paro interanual en dous concellos que destacan pola elevada concentración industrial, San Cibrao das Viñas e Pereiro de Aguiar, en ambos casos con aumentos cercanos ao 18%.

No lado das comarcas, o número de parados subiu en toda a provincia, agás na Baixa Limia, onde minorou nun 1,2%. No resto, os incrementos do último ano oscilaron entre o 6,1% de Verín e o 20,8% de Terra de Caldelas.

Supervivencia empresarial

A supervivencia empresarial está a ser unha constante na provincia de Ourense ao longo da pronunciada crise económica. O censo de unidades locais -termo que agrupa empresas e partes das mesmas, como fábricas, talleres, almacéns, oficinas e explotacións mineiras- apenas mudou desde o ano 2007. No conxunto da provincia rexístrase unha mínima redución, ao pasar das 23.985 unidades locais existentes en 2007 ás 23.773 que o IGE contabilizou en 2011 (último dato dispoñible).

Sen embargo, só Ourense sufriu perda de empresas e centros de traballo. No mesmo período, as outras tres provincias galegas incrementaron lixeiramente os seus respectivos censos, con aumentos comprendidos entre o 0,1% e o 0,6%. Esa tendencia de crecemento no número de unidades locais só aconteceu en tres comarcas ourensás: Terra de Trives (5,8%), Verín (1,9%) e Ourense (1,1%). Na maior parte do territorio, déronse subidas nas cabeceiras de comarca e descensos cáseque xeralizados nos pequenos concellos.

En total, 24 dos 92 municipios ourensáns lograron aumentar o número de unidades locais. E cinco deles conseguiron aumentos con velocidade de dobre díxito: Cortegada (18,9%), Pereiro de Aguiar (18,3%), Quintela de Leirado (16,7%), A Teixeira (13,6%) e Allariz (12,7%). No concello de Ourense apenas variou o censo e no Barco de Valdeorras acurtouse nun 7,6%.

Máis paro nos sectores tecnolóxicos

O paro dos sectores tecnolóxicos crece a máis velocidade en Ourense que en Galicia. No último ano, a taxa de variación provincial no subgrupo da alta tecnoloxía acadou o 22%, cando a media galega se situou no 6,4%. A tres anos vista, as diferenzas suavízanse. Así, entre 2009 e 2012 o paro da alta tecnoloxía medrou un 42,6% na provincia de Ourense e un 32,7% en Galicia.

No ámbito das afiliacións, destaca o feito de que Valdeorras non ocupa o tradicional segundo posto que repite na gran maioría das estatísticas provinciais. Queda relegada ao terceiro posto das comarcas con maior número de traballadores dedicados aos sectores de alta ou de media-alta tecnoloxía, por detrás de Ourense e do Carballiño. No caso illado da tecnoloxía punta, as zonas máis activas son Ourense e Verín.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s