Denuncia Adega: “Diez años después del Prestige, no hay análisis rigurosos de los riesgos de contaminación de nuestra costa”

DENUNCIA ADEGA

10 anos após do Prestige, os riscos de contaminación da nosa costa carecen dunha análise rigorosa

  Novembro de 2012.  A Plataforma Nunca Máis, da que fai parte ADEGA, vén de apresentar un recurso de reposición contra o acordo co Consello da Xunta polo que aprobaba o Plano CAMGAL (Plano territorial de continxencias por contaminación mariña accidental de Galiza). Á marxe de seguirmos dependendo das decisións políticas, que como vimos hai 10 anos foron as responsábeis de virar un accidente en catástrofe, a análise de riscos que fai o documento é preocupantemente incompleta. Esta falta de información é crítica para avaliar os riscos: Como é posíbel, por exemplo, que das ducias de sentinazos que se producen anualmente fronte ás nosas costas o CAMGAL non considere a súa localización, frecuencia e perigosidade e só se limite a describir o concepto? Como é posíbel que siga sendo Madrid quen desinge, chegado o momento, un porto refuxio entre os 1500 km de costa galega?

Contrariamente ao disposto na Directiva 2009/17/CE, as autoridades designadas pola Xunta para coordenar e tomar decisións perante unha hipotética emerxencia por contaminación mariña son a titular da Consellaría de Medio Rural e Mar e o cargo -político- que teña atribuidas as competencias na materia, que nin teñen experiencia nin son independentes. Non aprendemos nada do Prestige cando as decisións técnicas subordináronse ao interese polítrico?

O CAMGAL esquece que a maioría dos accidentes marítimos en Galiza localizáronse entre Fisterra e A Coruña. Como é posíbel que as bases loxísticas e os centros de almacenamento do material estean en lugares afastados desta franxa, concretamente en Vigo, Tragobe (Cambados), Ribeira e a Pobra do Caramiñal?

O CAMGAL non avalía a perigosidade, nin a localización, nin a frecuencia dos chamados “sentinazos”, ou descargas ilegais pola limpeza dos tanques dos barcos. O documento só recolle a súa definición, malia a que esta é a principal fonte de contaminación difusa e continua do litoral por hidrocarburos.

O CAMGAL, na súa análise de riscos, determina que as verteduras contaminantes procedentes de terra “NON represnetan un risco importante de contaminación”. Porén, este plano non identifica os focos, nen as actividades potencialmente perigosas, nen as industrias potencialmente contaminantes que hai no litoral. É unha fotografía da complicidade e o mdesleixo da Xunta cos contaminadores das nosas rías.

Finalmente, o CAMGAL, vulnerando outra volta a Directiva 2009/17/CE tampouco determina os lugares refuxio nin os protocolos e planos de acollida. Semella que será Madrid quen eventualmente decida entre os 1500 km de costa galega, o lugar ao que levar o buque. Non lembra isto ao acontecido hai 10 anos?

Após de 10 anos, este CAMGAL semella como o parto dos montes: Unha chafallada máis da Xunta, un burdo instrumento de propaganda política que agocha a falla de compromiso e a incompetencia da Xunta para garantir a seguridade das nosas costas.

2 comentarios sobre “Denuncia Adega: “Diez años después del Prestige, no hay análisis rigurosos de los riesgos de contaminación de nuestra costa”

  1. As contaminações dos Oceanos são imensas; mesmo que exista mais agua que Terra no planeta, deveria haver leis internacionais para evitar contaminações ou pulições, Portugal não está muito mau, mas já esteve por dezenas de anos muito perto de Lisboa

    Me gusta

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s