El Twitter hablará en gallego gracias a la colectividad cibernauta

TWITTER EN GALEGO

O TWITTER FALARÁ EN GALEGO GRAZAS A UNA CAMPAÑA RESPALDADA POLA XUNTA DE GALICIA

  • A Consellería de      Cultura e Educación e a Amtega apoiaron, a través da campaña Redes Sociais      en galego, a iniciativa cibernaútica “Twitter en galego, XA!” para que      esta canle forá traducida á lingua propia de Galicia

 

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2012.- A Xunta de Galicia comparte coa colectividade cibernauta que apoiou a iniciativa Twitter en galego, XA! -promovida por Ian Vázquez- a súa gran satisfacción pola apertura da coñecida rede social Twitter á tradución ao galego.

No marco da campaña “Redes sociais en galego”, presentada no mes de xullo pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e mais pola Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia, promoviuse que desde a Presidencia da Administración autonómica e desde diferentes entidades pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia se lle remitisen cartas a Twitter solicitando a galeguización da ferramenta de comunicación social.

O Goberno galego sumouse deste xeito aos colectivos, cidadanía e redes sociais que  reivindicaron a posibilidade de poderen traducir o Twitter ao galego. Logo desta petición, que recompilou máis de 3.000 sinaturas no web www.change.org/es/peticiones/twitter-en-galego-xa, o propio Twitter vén de comunicar a súa autorización.

Vitalidade da lingua galega no ciberespazo

A viabilidade da tradución do Twitter ao galego é mostra da vitalidade da lingua no ciberespazo  e da súa adaptación á sociedade da información e da comunicación, xa que o galego é actualmente o vixésimo segundo idioma máis empregado en Twitter e está na primeira posición entre as linguas non estatais de maior uso.

Este logro supón para a lingua propia de Galicia un impulso á súa presenza nas redes sociais, nomeadamente na de maior uso, e o aumento da súa visibilidade en Internet, así como un factor de prestixio que redundará no incremento do seu uso. Deste xeito, a eficacia da introdución do galego no ámbito das TIC “vai ser a clave do futuro da lingua galega, porque do éxito neste sector vai depender a imaxe que os galegos e os non galegos teñan desta lingua; e da imaxe da lingua depende o uso”, tal e como recoñece o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (2004).

Axenda Dixital de Galicia 2014.gal

Entre as iniciativas que ten en marcha o Goberno galego para apoiar as redes sociais na nosa lingua, desde a Axenda Dixital de Galicia 2014.gal estase a impulsar a construción dunha comunidade con identidade propia na era dixital, co obxectivo de proxectar a lingua e a cultura galegas tanto dentro como fóra de Galicia e de poñer en valor a súa riqueza cultural, patrimonial, lingüística e social en Internet.

Proba diso é, entre outras medidas, o apoio á Asociación puntoGal para acadar un dominio de noso baixo o que se poderán rexistrar as entidades, empresas ou persoas que se expresen en galego e que contribúan ao fomento da lingua e da cultura propias de Galicia.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s