El BNG abonará la extra de Navidad a los empleados públicos allí donde gobierna

PAGA EXTRA SÍ

O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, expresou este sábado en conferencia de imprensa «a vontade do BNG de aboar a paga extra aos empregados públicos alí onde de nós dependa».

Os concellos gobernados polo BNG aboarán a paga extra aos empregados públicos porque a decisión do Goberno Rajoy de a suprimir é non só inxusta socialmente, senón tamén «inútil» para superar a crise.

Guillerme fixo este anuncio logo dunha reunión de traballo cunha representación de portavoces municipais, alcaldes, alcaldesas e deputadas e deputados do BNG.

Eliminar a extra vai contra os intereses das pemes e do comercio local

«Eliminar a paga extra é unha medida profundamente equivocada. A escala local, agravará aínda máis a crise. Reducir o poder de compra dos empregados públicos afectará moi negativamente a pequenas e medianas empresas, ao tecido económico nos concellos, ao pequeno comercio», afirmou Guillerme. Coa mesma contundencia coa que criticou a medida do Goberno Rajoy anunciou Guillerme a vontade do BNG de pagar a extra aos empregados públicos alí onde a formación nacionalista teña responsabilidades de goberno e a capacidade de así o facer.

O BNG vai defender que Galiza sexa circunscrición única para que o voto dos galegos valla o mesmo con independencia do territorio en que vivan

O contexto social -suba do IVE, liberalización dos horarios comerciais e das rebaixas- fai aínda máis necesaria que nunca a adopción de políticas claramente de insumisión fronte ás políticas inxustas, inmorais e inúteis do PP.

Pucheirazo

Non só se abordou na reunión de traballo a ofensiva do Partido Popular contra os dereitos sociais, senón tamén contra as liberdades democráticas.

«Minte o señor Feijóo cando di que promove a reforma da lei eleitoral para aforrar. Minte e sabe que minte. Se é para aforrar, que o faga nas campañas de publicidade», dixo o portavoz nacional.

Guillerme anunciou con toda claridade que o BNG non vai participar na «farsa antidemocrática» coa que Feijóo prepara un auténtico «pucheirazo» para gañar unhas eleccións que neste momento tería perdidas.

Proposta de reforma con vontade de consenso

En todo caso, o portavoz nacional enfatizou que o BNG non vai eludir o debate de fondo e avanzou que a formación nacionalista vai facer unha proposta concreta de reforma da lei eleitoral «con real vontade de consenso».

A barreira de entrada no Parlamento debe pasar do 5 ao 3 por cento dos votos

«Imos propor que Galiza sexa circunscrición única. Que se respeite o principio de que o voto dos galegos valla o mesmo con independencia do territorio en que vivan», anunciou Guillerme.

Se é para mellorar a democracia, si; se é para unha farsa, non

O BNG tamén defenderá que o límite de entrada no Parlamento galego se reduza do actual 5 ao 3 por cento.

«Se é para mellorar a democracia, poden contar connosco. Se é para participar nunha farsa antidemocrática, en ningún caso», resumiu o portavoz nacional.

 

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s