Manifestación el 1 de julio en las principales ciudades gallegas contra los rescates a la banca

Sairá este domingo, día 1 de xullo, ás 12:00 horas da Praza Roxa

MANIFESTACIÓN SANTIAGO

A CIG-Compostela chama a manifestarse contra a transferencia de cartos públicos á banca saqueando, unha vez máis, á clase traballadora

A CIG de Compostela denuncia a entrega de miles de millóns de euros á banca no rescate financeiro do estado español. Cartos que, segundo Anxo Noceda, secretario comarcal,  “non van servir máis que para tapar os buratos da propia banca e que cuxa devolución, con case total seguridade -como aconteceu cos 150.000 millóns de euros dos que xa dispuxo a banca no ano 2008- teremos que asumir o conxunto dos traballadores e traballadoras”. Ante isto, a CIG de Compostela chama a mobilizarse para denunciar este saqueo sistemático que atenta contra os dereitos e as condicións de vida dos/as composteláns.

Anxo Noceda salienta que desta situación “somos ben coñecedores os traballadores e traballadoras da comarca de Compostela”, na que desde o inicio da crise a finais do ano 2007, “practicamente se duplicou o desemprego, pasando de aproximadamente17.000 a32.000 parados/as”.

No caso concreto da cidade, Noceda sinala que pasou de5.200 acase 9.300 desempregados/as. Estes datos que considera xa de por si alarmantes adquiren maior gravidade tendo en conta que “preto do 70% deses desempregados/as, xa non terían acceso, a estas alturas, á prestación por desemprego”. Noceda liga isto ao anterior e afirma que “nos debuxa con total claridade que o problema non é a falla de recursos senón a quen se lle queren destinar”.

A este respecto afirma que os gobernos asumen sen problemas que ao longo de pouco máis de catro anos se destinara ao rescate de entidades financeiras 250.000 millóns de euros mentres que, pola contra, de cara aos traballadores e as traballadoras néganse a destinar nin un só céntimo de euro para mellorar, ben sexa as prestacións sociais, ben desde o estado contribuír á creación de emprego”.

Fronte a isto, no que se afonda de cara ás clase populares, di Noceda, “é en máis axustes e máis recortes”.

Compostela, 29 de xuño de 2012.

Confederación Intersindical Galega

Alerta das graves consecuencias que terá o rescate coa imposición de novas medidas de recorte de dereitos laborais e sociais, suba do IVE e a privatización de servizos públicos

A CIG chama a mobilizarse contra as falacias do rescate e o saqueo ás contas públicas e á clase traballadora

Compostela, 29 de xuño de 2012.- Diante do debate que está habendo arredor do rescate á banca, de preto de 100.000 millóns de euros, as informacións contraditorias que se suceden día a día, nunha premeditada cerimonia de confusión, e a farsa que está montada en torno a iso, a CIG fai un chamamento a participar nas manifestacións convocadas en todas a cidades, Vilagarcía e a Estrada para o vindeiro domingo día 1 de xullo. A central sindical alerta da imposición de novas medidas de recorte de dereitos laborais e sociais, da suba do IVE ou do deterioro e privatización de servizos públicos, para pagar este crédito que supón un saqueo á clase traballadora.

O secretario xeral da CIG, Suso Seixo, cuestiona o suposto éxito acadado polo goberno do estado Español e nomeadamente polo seu presidente, Mariano Rajoy. Éxito que se resumiría en ter conseguido que o rescate fora un préstamo directo á banca que non afectaría ao Estado e, polo tanto, á débeda pública. “Iso non se conseguiu” afirma Seixo, quen explica que “queda condicionado a que se cree unha entidade financeira de ámbito europeo, denominada supervisor único.  De crearse, suporía unha cesión de soberanía por parte dos estados que obrigaría a modificacións constitucionais e iso vai para longo”. Por iso, conclúe que, “o que si é concreto e real é que quen solicita eses cartos é o estado español, que será, polo tanto quen se vai ter que responsabilizar da súa devolución” e que, entre mentres, “vai ser débeda e déficit público que se incrementa”.

Seixo asegura que o único que se acadou, e respecto do que había dúbidas, é que a devolución do préstamo de 100.000 millóns de euros ao estado español non terá carácter preferente sobre calquera.

Respecto da creación dese supervisor único, o secretario xeral da CIG explica que “tampouco é para botar foguetes”, porque vai implicar cesión de soberanía e condicionar todas as decisións en políticas económicas claves, medidas de carácter orzamentario e políticas fiscais. “Pasaría a ser un estado tutelado por ese supervisor financeiro e a estar ao servizo das políticas económicas que impoña a UE e a banca europea, ou o que é o mesmo, a banca alemá”.

Alerta tamén do cuestionábel carácter democrático que isto tería, tendo en conta “o escaso carácter democrático das institucións europeas no seu conxunto” e denuncia “o pouco problema que supón para as autoridades españolas ceder soberanía á UE cando nos cuestionan a nós cando a reivindicamos”.

Máis recortes

O secretario xeral da CIG denuncia que o rescate vai vir acompañado de novas medidas de recorte no referido a investimento público, en materia de servizos públicos, como ensino e sanidade ou servizos sociais. Lembra que as institucións europeas e internacionais como o FMI, insistiron na necesidade de que se camiñe cara novas reformas laborais, “xa non sei até onde poden chegar, porque logo da dureza da última é difícil saber cal é a próxima”; adiantar a idade de xubilación aos 67 anos, que estaba previsto que entrara en vigor para o ano 2027 e modificar o IVE, cunha suba nos produtos básicos. Toda unha serie de medidas que van en prexuízo dos dereitos da clase traballadora e da calidade de vida da maioría social”.

Asegura que o capital está aproveitando esta situación, non só para seguir obtendo importantes beneficios, en época de crise, senón tamén “para desmantelar un sistema de protección social, de dereitos sociais en torno a uns servizos públicos de calidade; desmantelar un modelo de relacións laborais tamén garantista de dereitos para a clase traballadora e para facerse co negocio en torno á saúde, ao ensino e aos servizos públicos básicos”.

Ante isto reitera a necesidade de seguir coa mobilización social e chama a participar nas manifestacións convocadas para este domingo, para denunciar estas políticas “tan antisociais e antiobreiras” e exixir outras políticas “que garantan a saída da crise, que axuden a crear emprego e que sexan defensoras dos intereses da maioría social, canto a dereitos sociais e calidade de vida”.  Unha loita que, afirma “é para tempo”, porque a saída da crise non vai ser inmediata, e que precisa tamén “ir mudando a correlación de forzas no campo laboral, das relacións laborais pero tamén no institucional intentando que perdan a maioría no Parlamento as forzas políticas que están defendendo estas políticas lesivas para a maioría social”.

 

Horarios e lugares das manifestacións:

-A Coruña: ás 12:00 horas  dende a Praza de Vigo.

-Santiago: ás 12.00 horas dende a Praza Roxa.

-Lugo: ás 12:00 dende a Ronda da Muralla (edificio sindical).

-Ourense: ás 12:00 horas dende o Pavillón dos Remedios.

-Pontevedra: ás 12:00 horas dende a Praza da Ferrería.

-Vigo: ás 12:00 horas dende o cruce da Doblada.

-Vilagarcía de Arousa: ás 12.00 horas dende a Casa do Mar.

-A Estrada: ás 12.00 horas dende a Praza do Concello.

 

 

Confederación Intersindical Galega

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s