GalegoLab: Xogos tradicionais en YouTube

GALEGO LAB

Xogos tradicionais en YouTube

O domingo 3, ás 16 horas, emitiremos desde a IV Festa de Xogos Tradicionais de Muimenta (Xotramu)

Este domingo día 3 emitiremos en directo desde o recinto feiral Manuel Vila de Muimenta (Lugo), un magazine de media hora de duración, de 16 a 16.30 horas, que se poderá seguir a través da canle de GalegoLab en YouTube (http://www.youtube.com/user/galegolab). Nel recollerase o máis destacado da IV Festa de Xogos Tradicionais, que se celebrará na localidade lucense das 11 ás 20 horas.

Esta colaboración con Xotramu nace da vontade de empregar as novas tecnoloxías para axudar na conservación e na difusión deste tipo de actividades, os xogos populares e tradicionais. A través de entrevistas a membros da asociación, a participantes na festa e a persoas do público achegaremos este acontecemento a todas aquelas persoas que non se podan desprazar ata Lugo.

Xogos tradicionais galegos, vascos, portugueses a asturianos estarán presentes nesta festa. Unha competición de bolos e de chave, o campionato internacional de tiro de corda, o aberto de billarda, unha carreira de rolos de herba ou a competición de arrebolamento de sacho son algunhas das actividades que compoñen o programa da festa. Asemade, haberá obradoiros de construción de enredos, exposicións de xoguetes artesáns e xogos para nenas e nenos.

Para máis información sobre a IV Festa de Xogos Tradicionais pódese consultar a bitácora de Xotramu: http://xotramu.blogspot.com.es

Que é GalegoLab

GalegoLab é unha organización sen fin de lucro, fundada en 2010, que ten como obxectivo o impulso de accións concretas de promoción da lingua galega, cun enfoque de abaixo-arriba, con especial incidencia nas culturas emerxentes e na naturalidade da vida cotiá. A súa ferramenta principal é a web GalegoLab, unha rede social de crowdsourcing, para concitar apoios ás accións propias e as que propoñan os usuarios e outros colectivos. Esta web está en marcha dende o 20 de maio do 2010 e foi merecedora do primeiro premio da Secretaría Xeral de Modernización ao desenvolvemento de contidos en Internet na categoría de promoción do Patrimonio, Cultura e Lingua Galegas no ano 2010 e do Mestre Mateo á mellor obra interactiva.

O crowdsourcing é a combinación de traballo e recursos dunha gran cantidade de persoas a través dunha web e cun fin determinado. O obxectivo da web de GalegoLab é promover novas ideas de actuacións a prol da lingua galega, coordinar recursos para esas actuacións, e executar e diseminar os resultados das mesmas.

Para obter máis información pódense dirixir ó correo electrónico info@galegolab.org así como consultar o blog http://blog.galegolab.org/ou a propia web, http://galegolab.org.

 

 

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s