En defensa de la sierra del Galiñeiro y contra la barbarie eólica

BARBARIE EÓLICA

Rivas, Cáccamo, Angueira… En defensa da serra do Galiñeiro e contra a barbarie eólica

13 de maio. ANDAINA POLA PROTECCIÓN DA SERRA DO GALIÑEIRO. Dende a Plataforma pola Defensa da Serra do Galiñeiro, da que fai parte ADEGA, convidámosvos á III Andaina pola protección da Serra do Galiñeiro. Nesta ocasión o percorrido denominámolo “Ruta da Auga” polo Galiñeiro húmido. “Os contos e lendas do Galiñeiro non teñen prezo. A gandería ecolóxica, os cabalos do monte e os curros de Vincios e de Morgadáns non teñen prezo. O lecer, os camiños, os subeiros, as pedras, as sombras, as augas, os estudos feitos e os que aínda se han facer, as illas ó lonxe, os poemas e os libros, o que perdemos e atopamos no Galiñeiro, nada de todo iso ten un valor calculable porque ese é un patrimonio común e natural que non se pode comprar nin vender, un patrimonio destas bisbarras, da Terra de Turonio, pero tamén de Galicia e mais da Humanidade.” Extracto do Manifesto que lerá Manuel Rivas ao remate do roteiro. Baixa o tríptico (2Mb) cos planos e detalles do roteiro.

Ao percorrido, de dificultade media-baixa, denominámolo Ruta da Auga, xa que este prezado recurso natural estará presente ó longo de todo o camiño, pois desta vez imos remontar un dos principais cursos fluviais da Serra do Galiñeiro: o río Zamáns.

Principiaremos o noso roteiro sorteando as infraestruturas que invadiron ferozmente as marxes do río, mentres procuramos a sombra fresca do seu bosque de ribeira. Superada por fin a autoestrada do Miñor, adentrarémonos nun dos recantos máis fermosos deste curso de auga: o muíño de Maquía e a envolvente aveleda que o enmarca; esta formación de aveleiras é un bosque de grande frondosidade e cunha elevadísima biodiversidade.

A continuación rodearemos o encoro de Zamáns, unha mostra de como Vigo e as vilas do Miñor puxeron os seus ollos nas augas do Galiñeiro cando o crecemento urbano fixo medrar a demanda. A construción do encoro sacrificou porén os mellores pastizais da parroquia de Zamáns, as denominadas Costas Boas.

Deixando atrás o encoro do río Zamáns seguiremos o seu afluente principal, o río de Vilaza ou de Vilaverde. Atravesaremos un harmonioso conxunto etnográfico que ten como valores máis destacados os seus seis muíños de río, sumados a outros elementos representativos tamén da cultura da auga, como un peirao, un lavadoiro e unha pontella, integrados todos eles nun característico bosque de ribeira ou amieiral. Este ecosistema aparece profusamente coloreado a finais do inverno con múltiples flores de apertura primaveral, como son as anémonas, as prímulas ou os narcisos.

Entre estes últimos, unha xoia do patrimonio natural da Serra do Galiñeiro: o “mallo” (Narcissus cyclamineus), delicado endemismo galego-portugués protexido por distintas normativas.

Abandoaremos por un momento o río de Vilaza e ascenderemos a carón da canteira de Vilaverde e da estación sísmica de Zamáns, para voltar novamente ó seu encontro no lugar de A Fervenza. Aquí o río salva as fortes pendentes da serra formando un espectacular salto de auga. Deixaremos entón definitivamente o río para encamiñarnos cara o Parque Forestal de Vincios, punto final da andaina.

Unha vez aquí, Manuel Rivas lerá o manifesto da Plataforma Pola Protección da Serra do Galiñeiro e disfrutaremos dun xantar popular coa comida que traia cada quen. Tamén haberá música e animación e poderás adquirir a túa camiseta do Galiñeiro. Entre as actuacións artísticas asistiremos á lectura de poemas a cargo de Pepe Cáccamo, Iago Castro, Silvia Penas, Oriana Méndez e Anxo Angueira a ás actuacións Musicais de Tino Baz, Cantareiras do Alba e do Leo e Arremecághona.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s