Anllares, el bosque atlántico más occidental de Europa, camino de la degradación

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

COMUNICADO DE ADEGA

Anllares, o bosque atlántico máis occidental de Europa, camiño da degradación

Devesa de Anllares, un dos bosques atlánticos millor conservados de Europa e o máis  occidental do continente, está a sufrir as consecuencias da nefasta  política de conservación da Xunta. Malia a estar proposta dende 2008  para a súa inclusión na Rede Natura 2000, o desleixo das administracións e a cobiza de Ferroatlántica poden facer que esta xoia do noso  patrimonio natural teña os días contados. Nos últimos meses, esta  singular paraxe sufríu as consecuencias das talas e da apertura de pistas para o “servizo” das 3 minicentrais que a Xunta autorizou definitivamente a Ferroatlántica o pasado 3 de febreiro, convertindo ao Xallas no río  máis sobrexplotado de Galiza-Costa. Paralelamente, na ribeira do  concello de Mazaricos, abríronse pistas (probabelmente da concentración  parcelaria) que como vemos nas imaxes, non lenvan a ningures e sí  provocaron unha importante fragmentación e deterioro do hábitat boscoso.

O feito de que esta singular fraga  figurara na proposta tanto do bipartito (2008) como do PP (2011) para  formar parte da ampliación da RN2000, incorporándoa ao LIC Carnota-Monte Pindo, supón o recoñecemento explícito dos seus valores naturais por  parte da administración. No entanto, e nunha nova demonstración da  inexistente vontade de conservación da Xunta, minicentrais e eólicos  seguiron a súa tramitación administrativa con todos os parabéns  oficiais, malia ás denuncias dos colectivos ecoloxistas e cidadás.

As tres minicentrais  coas que Villar Mir quería poñer o colofón ao seu dereito de pernada no  Xallas, iniciaron (como tantas outras) a súa tramitación co governo  Fraga en funcións. Continuaron o seu periplo administrativo co bipartito “esquivando” a moratoria hidroeléctrica (Decreto 555/2005) para finalmente seren aprobadas por Feijóo o 2 de febreiro deste ano, coa excusa que criarían 700 (!?) postos de traballo. A Xunta tivo a oportunidade en 2009 de decretar a caducidade destas instalacións xa que Ferroatlántica esgotou os dous anos para executar as obras sen inicialas, e tivo que pedir prórroga. Estivo na man de Hernández denegar esa  prórroga, iniciar un expediente de caducidade e salvar a Devesa de  Anllares, mais…
Finalmente, en marzo de 2011 a estas ameazas uníronse tamén as derivadas dun parque eólico próximo e da apertura de varias pistas (parcelaria?) de dubidosa utilidade que  disgregan este reduto boscoso pola banda do concello de Mazaricos.

Se a Xunta tivera amosado unha mínima  vontade para a preservación da Devesa de Anllares, hai tempo que este  espazo gozaría de protección oficial. Mais como en tantos outros espazos de interese, para a administración resultou prioritario que eólicos, canteiras e minicentrais foran “collendo sitio”, deixando a conservación para os retallos que ficaran sen “aproveitar”.

E nos poucos espazos naturais protexidos tampouco foi prioritario desenvolver os instrumentos de xestión para garantir a súa viabilidade, malia a ser un imperativo legal. Despois, cando chegan as “catástrofes” como nas Fragas do Eume, a Limia-Xurés, Macizo Central, Courel, Trevinca… a Xunta só sabe chorar (bágoas de crocodilo) pola natureza derramada,  agochando a súa responsabilidade como cómplices e cooperadores  necesarios das desfeitas.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s