COFRADÍA CAMBADOS
O SECTOR de Rosa Quintana manten un ilegal dentro da Confraría de Cambados con cargo as cuotas dos membros da Confraría
Nunha denuncia a que tivo acceso Pladesemapesga, Benito González, segue sen dar contas aos membros da Confraría de Cambados, tomandose a Lei pola súa conta e a súa medida.
Así, preto da polémica relativa o “presunto” mariscador Juan César Pérez Varela, a súa inclusión como membro da embarcación “Patela” e como membro do Cabildo, o Patrón maior de Cambados segue sen contestar o escrito presentado polo Presidente da Agrupación Sentorial de Mariscadores de Vara Carlos Martinez Gonzalez presentado na confraria en data 20/01/12 que contestaba a súa vez un escrito do propio Patrón que mantiña a Juan César como membro do Cabildo , e permitialle mariscar, de data 3 de Xaneiro.
No seu escrito “os rañeiros” manifestaban que a resolución suscrita polo patrón maior en pro do interés pretendido por Juan Cesar partia de premisas que eran conscientes e deliberadamente falsas, que incumpria os requisitos establecidos no plan de explotación específico para as zonas de libre marisqueo a flote da corporación, intuían os rañeiros que a resolución do patrón maior podia ser incardinada no de delito de prevaricación e coaccións e remataba o mesmo aconsellándolle para unha mellor comprobación dos feitos que se requerirá ó Sr.
Perez Varela e o armador da embarcación para que aportarán :
– Libreta de inscripción marítima.
– Rol íntegro , correspondente os anos 2010 e 2011 , do buque Aquarium Cat e o buque Patela.
– Contratos de traballos.
– Informe de vida laboral ou convenio Especial en materia de Seguridade Social.
– Polizas de Seguros.
– Declaración xurada de non haber pertenecido á tripulación dun barco de bandeira española ou extranxeira durente o periodo Agosto2010 aNovembro 2011.
– Datas de desenroles/desembarque en buques durante o citado periodo.
– Documentos acreditativos de abono das cuotas á agrupación de mariscadores de Vara de Cambados durante o periodo Agosto2010 aNovembro 2011.
– Afiliación e alta, como traballador por conta propia ou allea, no Rexime Especial de Traballadores do Mar durante o mesmo periodo.
Pois ben pese o tempo transcurrido este escrito segue sen ser contestado polo patrón maior e como os propios rañeiros decían no seu escrito non descartan tomar accións penais contra o mesmo de persistir na súa teima de “silenciar” os problemas da confraria.
Tod isto ven de confirmar polo silencio complice de Benito González, que os trapicheos e presuntas corruptelas dentro da Confraría de Cambados non teñen fondo, convertendo o ente nun pozo do que emana cada día unha nova TRAFALCUADA do Patrón Maior, coñecido xa no litoral galego como o «ESQUIROL» de Rosa Quintana.
Dende a Plataforma en Defensa do Sector Marítimo Pesqueiro de Galicia, pedimos unha vez mais a titular de Medio Rural e Mar, Rosa Quintana que poña fín a estes abusos e corruptelas baixo o amparo da súa administración que en nada beneficia ao sector largamente castigado.
Más en www.pladesemapesga.com
… [Trackback]…
[…] Find More Informations here: asturgalicia.net/2012/04/28/pladesemapesga-denuncia-el-mantenimiento-de-un-ilegal-en-la-cofradia-de-cambados-con-cargo-a-las-cuotas-de-los-miembros/ […]…
Me gustaMe gusta