Pladesemapesga se suma a la huelga general del 29 de marzo

HUELGA GENERAL

Pladesemapesga súmase á Folga Xeral e chama a saír á rúa o 29M

 

O 29 de marzo non compres nada, non contrates nada, a Plataforma en Defensa do Sector Marítimo Pesqueiro de Galicia pedimos aos cidadáns que partipen na folga non só como traballadores, senón tamén como consumidores, mostrado o apoio ás mobilizacións dos sindicatos CCOO e UXT e presentado a súa campaña.

 

Porque os sindicatos convocaron unha folga lexítima, xusta e necesaria para defender a todos os cidadáns, os traballadores, aos pensionistas e aos parados, contra unha reforma laboral que vai traer máis recesión e máis paro, máis precariedade e menos calidade no emprego, tal e como podemos comprobalo aquó en Galicia co Goberno de Feijóo, que logrou pór a Galicia ao nivel de BONO LIXO.

 

Temos que responder o ataque do Partido Popular contra os nosos dereitos. Porque os recortes nos dereitos sociais e os graves retrocesos no Estado do Benestar pon de manifesto que Rajoy e Feijóo goberna pensando máis nos intereses do mercado que nos dos cidadáns.

¿Y tú qué opinas de esto?