Los populares gallegos culpa al PSOE de que Galicia no tenga ya el AVE funcionando

COMUNICADO DEL PPdeG

O voceiro de Infraestruturas do PPdeG lembra que o AVE galego terá un retraso equivalente ao 100% da lexislatura de Zapatero

Gómez Alonso afirma que se o PSOE tivese vontade e tivese dedicado orzamento Galicia xa tería AVE

  •    Os socialistas teñen moito que calar non só co tema dos impostos e do paro, senón tamén co tema das infraestruturas, xa que neste sentido a prioridade do PSOE sempre estivo noutras comunidades pero non en Galicia

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2012.- O voceiro de Infraestruturas do Partido Popular de Galicia, Alejandro Gómez Alonso, sinala que se o PSOE tivese vontade e tivera dedicado orzamento Galicia xa tería AVE.

Como lembrou o dirixente popular, a actual Goberno central  comprometeuse coa alta velocidade galega e coas infraestruturas, asegurando que o que está feito se vai pagar e de que as novas obras que se executen non supoñerán máis débeda a cambio de propaganda.

No que atinxe á alta velocidade, Gómez Alonso apunta que a data de 2018 que avanzou Feijóo para concluir o AVE galego non se trata de ningunha excusa ante posibles retrasos que puidesen darse, senón que é a data que os técnicos do Goberno da Xunta veñen reiterando nos últimos meses como a única posible e realista tendo en conta a execución material e o ritmo das obras ata o momento.

Por outra banda, Gómez Alonso lémbralles aos socialistas que cando estaban no Goberno central houbo unha ministra, Magdalena Álvarez, que bloqueou a propósito o compromiso do AVE que mantiña o anterior Goberno do PP coa única intención de beneficiar a outros territorios afíns aos socialistas.

Da mesma maneira, o voceiro de Infraestruturas do PPdeG sinala que José Blanco fixo inversións que os populares aplaudiron pero tamén é protagonista de licitacións que non chegaron e de contratos que deixaron sen pagar. Por tanto, os socialistas teñen moito que calar non só co tema dos impostos e do paro, senón tamén co tema das infraestruturas.

Por iso, como sinalou o dirixente popular, se durante aqueles anos se tivese actuado como é debido, hoxe xa estaría rematada a conexión do AVE coa Meseta.

O Goberno do PP foi o que iniciou a aventura do AVE e o que está claro a día de hoxe é que oito anos despois o Goberno socialista de Zapatero non foi quen de rematalo.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s