La hibridación, una nueva amenaza para la supervivencia del lobo gallego

COMUNICADO Y FOTO DE ADEGA

A hibridación, unha nova ameaza para a supervivencia do lobo galego

30 de novembro de 2011. Á caza (permitida en Galiza), furtivismo, envelenamentos, atropelos… hai que engadir agora un novo risco para a supervivencia do Canis lupus signatus no noso país: a hibridación. Ao parecer, detectáronse recentemente exemplares híbridos na zona do Barbanza. Estudos noutras zonas da península apotan a que a hibridación podería representar até un 4% da poboación total lobeira. Isto supón un grave risco para a continuidade xenética da especie, e as administracións responsábeis da “xestión” do lobo deberían actuar de contado. Para ADEGA esta é unha razón máis para elevar o estatus do lobo a especie protexida: non está o lobo xa suficientemente ameazado? Coñece ao noso lobo (591Kb)
 

Na Península Ibérica o número de lobos reprodutores sitúase, segundo diversas estimacións, entre 450 e 600 exemplares, sobre un total duns 2000 individuos. O mesmo estatus ecolóxico do lobo, o de super-predador, teno a aguia imperial ibérica (Aquila adalberti) con arredor de 350 parellas reprodutoras. Porén, a aguia imperial está considerada en perigo crítico de extinción e está estritamente protexida, mentres que o lobo pode matarse legalmente todo ao N do río Douro, cazándose regularmente en Castela e León e Galiza.

Ao contrario do que ocorre noutras partes de Europa e América do N, as poboacións ibericas de lobo están moi fragmentadas, o que supón unha dificultade engadida para a pervivencia da especieO intercambio xenético entre poboacións lobeiras de Lugo e Asturias por exemplo, é menor que entre lobos canadianos de mandas separadas 1000 Km.
 
Con todo, a hibridación é un fenómeno pouco frecuente e adoita producirse en zonas marxinais dos núcleos lobeiros nas que os lobos son escasos e os cans asilvestrados numerosos. É precisamente nestas áreas, coma a do Barbanza, donde ademáis prodúcense maior número de ataques ao gando. Gran parte destes ataques son responsabilidade dos cans asilvestrados e non dos lobos, como apontan estudos recentes da estación biolóxica de Doñana.
Ademais, os exemplares híbridos parecen ter un comportamento diferente dos puros, sendo máis atrevidos e non tendo tanto medo do home coma o lobo. De liderar unha manda, os danos que este comportamento “adaptado” podería provocar xunto coa ameaza xenética para a especie, faría necesario tomar medidas drásticas (erradicación ou esterilización). Con todo preguntámonos: de quen é a responsabilidade da presenza de cans asilvestrados nos nosos montes? Son todos os ataques ao gando atribuíbeis aos lobos? No Reino Unido, 40.000 ovellas morren todos os anos por ataques… e non hai nin un só lobo nas illas!
 
Porén, para ADEGA a solución non pasa por incrementar as batidas: é probábel que por cada híbrido que se cace morran moitos máis lobos puros. De ser necesario facer extraccións, debería actuarse sempre sobre exemplares concretos e exclusivamente a cargo da gardería e persoal especializado, nunca dos cazadores. Sabemos que nas batidas autorizadas este verán no Barbanza, o rigor foi mínimo e matáronse máis lobos dos declarados. É isto facer unha correcta “xestión” da especie?
 
Por iso, fronte á ameaza da hibridación que compromete aínda máis o futuro desta especie emblemática, dende ADEGA vemos máis xustificado que nunca tomar medidas para garantir a pervivencia da especie, comezando por excluir ao lobo da lista de especies cinexéticas. É preciso tamén e realizar un seguemento estricto das poboacións lobeiras galegas por parte de persoal especializado, con métodos e criterios científicos (fototrampeo, probas xenéticas) para detectar máis casos de hibridación. E sobre todo, descartar as batidas “xeralistas” realizadas polas sociedades de caza como método de control da poboación. Na maior parte dos casos, acabarán pagando xustos por pecadores: non está o lobo xa suficientemente ameazado?

2 comentarios sobre “La hibridación, una nueva amenaza para la supervivencia del lobo gallego

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s