Adega denuncia la Xunta ‘reinstala’ marisco contaminado en la Red Natura

MARISCO CONTAMINADO

A Xunta manda o marisco contaminado que Pescanova non quixo diante para a Rede Natura

8 de novembro de 2011. A consellaría do Mar acaba de facer público o borrador da orde para a «reinstalación» dos bivalvos contaminados provintes de zonas «C» noutros lugares da costa. Resulta que as dúas ubicacións propostas, a ría de Ferrol e a enseada de Aldán, forman parte da Rede Natura 2000 debido á excepcionalidade e riqueza do seu medio mariño. Despois de que Feijóo fixera caso de Pescanova e rexeitara instalar as bateas de moluscos fronte á piscifatoría da empresa en Morás (Xove), malia a que a orde xa fora publidada no DOG, agora a Xunta pretende trasladar o marisco tóxico… aos espazos protexidos! Foi outro vergoñento episodio de chantaxe corporativa e o que é máis grave, de submisión dunha administración aos intereses empresariais. Non sería millor que a Xunta tomara en serio o saneamento das rías en troques de andar mareando o marisco tóxico?

O incumprimento sistemático das Directivas de Depuración e da Directiva Marco da Auga pola Xunta provoca que moitas das nosas rías amosen un estado ecolóxico desfavorábel pola contaminación dos efluentes urbanos, industriais e agro-gandeiros. En consecuencia, a maior parte dos polígonos marisqueiros galegos están clasificados como zonas «C», e sometidos a un control de explotación e comercialización que redunda negativamente no seu valor comercial e nos beneficios que deste recursos poderían obter as comunidades locais.

A incapacidade/desleixo da Xunta por millorar o estado ecolóxico das augas mariñas e promover unha explotación racional dos recursos pesqueiros, levouna a propoñer en xullo deste ano a ubicación en Morás (Lugo) dunhas instalacións flotantes para a depuración de moluscos procedentes de zonas «C» cunha elevada contaminación fecal. Segundo a información da propia consellaría do Mar trataríase de depurar preto de 450 toneladas de moluscos ao ano procedentes destas zonas «C», que polas altas concentracións de toxinas de bacterias e microrganismos fecais non poden ser comercializadas directamente.

Porén, en agosto deste ano o propio Núñez Feijóo atendía as «reclamacións» de Pescanova pola presunta afección do marisco contaminado á súa planta de rodaballo en Xove, e decidiu pensar noutras ubicacións. Agora, a Consellería do Mar propón dúas novas ubicacións, unha na Ría de Ferrol (polígono que une cabo Prioriño Chico e punta Coitelada e a liña imaxinaria que une a punta San Carlos e punta Segaño, na parte externa da ría de Ferrol) e outra en Pontevedra, nas cuadrículas 44-45 do polígono de Cangas-A situado en Aldán. Ao igual que acontecera coa proposta da Mariña, as novas zonas decláranse «aptas para colocar a batea de reinstalación» sen en dispoñer de estudos científicos obxectivos e independentes sobre a efectividade deste tipo de prácticas e as posíbeis repercusións nos ecosistemas mariños e nas áreas protexidas da Costa Ártabra, Costa da Vela, Cabo Udra e Parque Nacional das Ilas Atlánticas.

A selección destas novas ubicacións, en plena Rede Natura 2000 pon en evidencia o desinterese que a Xunta amosa na protección dos recursos naturais e o desprezo e descoñecemento dos responsábeis das áreas protexidas e da biodiversidade mariña. ADEGA entende que nestes termos, a proposta de orde que prepara a consellaría do Mar é a todos os efectos, contraria cos criterios que rexen a política medio ambiental no ámbito da Unión Europea xa que:

1.- A consellaría do Mar non achega información científica obxectiva e independente sobre as repercusións e efectos que este tipo de instalacións poderían ter sobre o ecosistema mariño, sobre os compoñentes singulares da biodiversidade (áreas protexidas, hábitats de interese comunitario, especies protexidas), nin sobre a explotación racional dos recursos pesqueiros e marisqueiros. A Xunta unha vez máis incumpre os criterios da política ambiental asentados no Tratado de Funcionamento da Unión Europea.

2.- A selección destas localidades realízase sen un estudio obxectivo e realista de alternativas. Non se consideraron alternativas fóra da Rede Natura 2000. E soamente se propuxo previamente a badía de Morás, excluída por presións das confrarías e do sector acuícola. A ausencia dunha análise obxectiva e racional das posibles alternativas, contradí abertamente a DC 92/43/CEE e a Lei 42/2007 do Patrimonio Natural e da Biodiversidade, que rexen a protección dos espazos da Rede Natura 2000.

3.- O proceso de selección das localidades de Ferrol e Aldán, realízase sen unha avaliación das repercusións nos espazos da Rede Natura 2000, de acordo coa normativa europea, estatal e galega que debe ter en conta os obxectivos de conservación destes espazos.

4.- A lexislación sobre impacto ambiental (Real Decreto Lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, que aproba o texto refundido da Lei de Avaliación de Impacto Ambiental de proxectos BOE, nº 23, 26 de xaneiro de 2008, modificado pola Lei 6/20010, do 24 de marzo), establece que deben someterse a unha avaliación de impacto ambiental os proxectos públicos ou privados, incluídos no Anexo I da lei, ou que poidan afectar directa ou indirectamente aos espazos da Rede Natura 2000 (Artigo 2). A proposta das localidades de Ferrol e Aldán para a instalación de plantas de tratamento de mariscos contaminados, incumpre as garantías e trámites establecidos neste RD 1/2008.

ADEGA reclama da Xunta que faga cumprir as leis en lugar de tentar «pontealas» e que use as súas competencias para frear a contaminación das nosas rías e promover unha explotación racional e sustentábel dos seus recursos, en troques propoñer parcheos mareando o marisco tóxico e tomando medidas discrecionais e improvisadas ao ditado das empresas.


¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s