Adega reclama los contenciosos retirados por el gobierno Feijóo de licencias urbanísticas de Barreiros presuntamente irregulares

ADEGA SOLICITA DA CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA A RELACIÓN DE CONTENCIOSOS-ADMINISTRATIVOS INICIADOS NO SEU DÍA POLA XUNTA DE GALICIA E AGORA RETIRADOS POLO GOBERNO DO SR FEIXÓO.

Lugo, a 30 de Setembro do 2011,
Ante as explicacións que o Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Sr. Hernández, daba o pasado mércores no Parlamento de Galicia en relación ao urbanismo de Barreiros calificando de “urbanismo realista” o que non é máis que unha aberración xurídica máis en defensa dos intereses de promotores e entidades de creto, e á vista das preocupantes consecuencias que, para a defensa da legalidade urbanística, vai a ter (e parece estar tendo xa) a retirada dos contenciosos interpostos no seu día polo consello da Xunta contra das licenzas urbanísticas ilegalmente outorgadas polo concello de Barreiros, a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza entende que, -en beneficio do territorio e do medio ambiente en xeral e do litoral, en particular-, de ningunha forma pode quedar impunes as continuadas ilegalidades urbanísticas autorizadas polo concello de Barreiros. Neste obxectivo, a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza xa ten solicitado do Ministerio Fiscal a investigación exhaustiva de todas as actuacións administrativas en relación á concesión de licenzas urbanísticas ilegalmente outorgadas e en relación ao Plan Sectorial para a mellora das infraestruturas viarias, de abastecemento e de saneamento promovido pola Xunta de Galicia para encubrir a ilegalidade das licenzas outorgadas.

Agora, á vista das explicacións do Conselleiro , Sr. Hernández, e á vista da actuación do Goberno da Xunta ao respecto (Plan Sectorial e retirada dos contenciosos), ADEGA entende que de ningunha maneira se pode consentir que todas estas ilegalidades urbanísticas queden consolidadas e proponse, con este obxectivo, tratar de recuperar a vía dos contenciosos-administrativos da que o Goberno do Sr. Feijóo irresponsablemente se ten retirado ou ten desistido. Con esta finalidade ven de solicitar da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia a relación de contenciosos interpostos no seu día polo Consello da Xunta contra as licenzas ilegalmente outorgadas, así como relación dos contenciosos dos que o actual goberno da Xunta ten desistido xunto cos informes xurídicos nos que se ten fundamentado tal decisión.

ADEGA entende que de prosperar as “solucións” con que o Conselleiro e o Goberno da Xunta están a tratar de salvar a ilegalidade das licenzas outorgadas en Barreiros, non só se está a cometer unha nova prevaricación e encubrimento da ilegalidade, senón que se deixa sen vixencia toda a normativa urbanística da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e de protección do medio rural de Galicia, e da lexislación de ordenación do territorio, substituída aquí pola arbitrariedade do Sr. Conselleiro. Sería ademais un trato de favor cara a uns promotores imposible de defender fronte a outras ilegalidades urbanísticas que teñen dado lugar a importantes sancións económicas e á restitución da legalidade.

Para acabar ADEGA recórdalle ao Ministerio Fiscal que, de acordo co disposto no artigo 124 da Constitución, é a súa función“promover a acción da xustiza en defensa da legalidade, dos dereitos dos cidadáns e do interese público tutelado pola lei […] así como velar pola independencia dos Tribunais e procurar perante estes a satisfacción do interese social”. Ao amparo deste mandato constitucional, ADEGA entende que é tamén obriga do Ministerio Fiscal, na defensa da legalidade, continuar a vía contenciosa-administrativa abandonada pola Xunta, sen menoscabo de investigar todas as responsabilidades dos órganos da Administración por se elas puideran ser motivo de delito. É de agardar que así o faga.

A este respecto o Ministerio Fiscal non pode deixar de investigar que intereses económicos pode esconder o conselleiro, Sr. Hernández, cando chega a mentir con tanto descaro en relación co urbanismo de Barreiros: o propio Plan Sectorial para a mellora das infraestruturas viarias, de abastecemento e de saneamento é proba evidente de que as parcelas carecían dos servizos urbanísticos mínimos e que, polo tanto, que tais parcelas non podían ter a calificación de solo urbano consolidado, senón simplemente (como di o Decreto 15/2007, polo que se suspenden as normas subsidiarias do Concello de Barreiros) a de solo urbano non consolidado, coas consecuencias para o promotor de asumir, pola súa conta, as correspondentes cesións de solo para infraestruturas e servizos urbanísticos, zonas verdes e dotación de vivendas sociais, así como todas as obras e todos os custos económicos necesarios para dotar a ditas parcelas dos referidos servizos urbanísticos mínimos. Por que o Sr. Conselleiro fai recaer sobre o orzamento público da Xunta, da Diputación e do Concello, o que tiñan que ser uns custos plenamente asumidos polos promotores e construtores?

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s