Treinta asociaciones aprenden en Santiago herramientas informáticas para ayudar a colectivos desfavorecidos

As empresas galegas de Software Libre e a Xunta colaboran para divulgar as novas tecnoloxías ás ONG e entidades de economía social

  •  Máis de 30 asociacións que operan en Galicia xa confirmaron a súa presenza nunha xornada de traballo en Santiago de Compostela para coñecer ferramentas informáticas de interese para ofrecer un mellor servizo a colectivos desfavorecidos

 (28-setembro-2011) A economía social ou terceiro sector designa a un eido á marxe dos sectores público e privado, un área de economía e iniciativas solidarias e non lucrativas que en Galicia está representado por unhas 2.000 entidades entre asociacións, fundacións e organizacións relixiosas. Para elas o emprego do software libre representa una oportunidade accesible para para superar a fenda dixital e incorporar novas tecnoloxías. Informar e achegar as opcións existentes é o obxectivo da xornada “Software libre para o terceiro sector: Oportunidades para o desenvolvemento” organizada por Agasol, a Asociación Galega de Empresas de Software Libre, en colaboración coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica (SXMIT) da Xunta de Galicia.

A xuntanza terá lugar mañá xoves día 29 de setembro no Museo Pedagóxico de Galicia (San Lázaro, 107 – Santiago) e congregará a ONG y entidades galegas que enfocan o seu labor cara a acción social para mostrarles diferentes solucións e experiencias de interese en eidos como os do servizos para discapacitados, dereitos humáns, drogodependencias, educación, exclusión social, xuventude, terceira idade, etc… de xeito que as asociacións participantes, máis de trinta xa confirmaron a sua presenza, poidan levar a cabo a súa misión de desenvolvemento social a través de ferramentas informáticas prácticas e gratuitas.

Entre os enxeños e casos de éxito que se presentarán compre salientar os referentes a tecnoloxías accesibles no fogar dixital polos que, por exemplo, as persoas da terceira idade poden estar en contacto co seu médico a través do televisor ou as novas ferramentas para centros educativos deseñadas para que lles poidan sacar partido usuarios con discapacidades visuais, auditivas ou físicas. Trátanse de tecnoloxías desenvolvidas por empresas galegas do sector TIC e que grazas ao software libre non só poden persoalizarse e deseñarse a medida senon que supoñen un considerable aforro por non precisas o pago de licenzas.

Agasol agrupa a máis de 30 empresas que facturan entre todas máis de 6 millóns de euros ao ano e erixese coma un axente fundamental na promoción e difusión do uso das TIC en Galicia. Dende fai anos, esta entidade sen ánimo de lucro ven realizando diferentes accións encamiñadas a un maior achegamento da sociedade da información a diferentes colectivos sociais, a través de presentacións, xornadas, demostracións ou xuntanzas nas que se presentan solucións e experiencias baseadas en tecnoloxías en código aberto.
A participación é gratuita previa inscripción en www.agasol.org/eventos

Programa da xornada
• 9:30-9:45 Presentación da xornada por parte da Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Dna. Mar Pereira Álvarez.
• 9:45-10:30 ¿Que é o Software Libre? Filosofía, solucións e ventaxas. Relator: Xavier Castaño (Igalia)
• 10:30-11:15 Tecnoloxías accesibles no centro educativo dixital. Relator: Carlos Rodríguez (Tegnix)
• 11:15-11:40 Pausa-café
• 11:40 -12:30 Tecnoloxías accesibles no fogar dixital. Teleasistencia en usuarios con diversidade funcional. Relator: Xurxo Cegarra (Wireless Galicia)
• 12:30 -13:30 Mesa redonda. Presentación da nova plataforma de traballo orientada ao terceiro sector

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s