Cincuenta hogares más hacen compostaje en Santiago de Compostela, que se coloca a la cabeza de la región

SANTIAGO DE COMPOSTELA, LIDER NA COMPOSTAXE
Cincuenta fogares máis compostando en Compostela

Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños 9, baixo
15.704 Santiago de Compostela
Tfno e fax: 981-570099
Correo: adega@adega.info
Páxina electrónica: http://www.adega.info

Dende que o pasado 25 de maio recibiran o composteiro por parte do concello de Santiago de Compostela 50 veciñas e veciños da cidade comezaron a aproveitar os residuos orgánicos que saían noutrora das súas cociñas, hortas e xardíns cara o contedor verde da rúa. Nese mesmo día tamén se impartiu unha charla explicativa e fíxose entrega dun manual de uso e consulta. A mestura de residuos orgánicos domésticos en condicións aerobias e cun grado de humidade axeitada fai que se convertan en compost ao cabo de varios meses. Sen cheiros, con maior comodidade, sen contaminación e con maior satisfacción pola autoxestión do lixo doméstico orgánico.
Con este sexto programa lévanse instalados no concello compostelano case seiscentos composteiros, converténdose no concello de Galiza con maior número instalado.
Nestes días os participantes están a recibir a primeira visita porta a porta por parte da educadora ambiental de ADEGA, co fin de resolver as dúbidas que puideran xurdir nas primeiras semanas de manexo e para valorar o estado dos restos engadidos (proporción, humidade, aireación, etc.).
A redución na cantidade de residuos xerados é unha prioridade. Do quilo de lixo que cada cidadán galego xera de media, máis da metade son restos compostables. Coa reciclaxe no propio fogar da fracción orgánica redúcense notoriamente as visitas ao contedor verde e evítase que teñan como destino a incineración en SOGAMA. Como medida compensatoria, o concello ofrece un desconto do 50% na factura do lixo aos participantes.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s