Adega pide una moratoria para las explotaciones a cielo abierto o en suelo protegido

 
7 de marzo de 2011. As conclusións dun recente traballoA explotación de lousa en Galiza e os seus impactos ambientais, de Francisco Gutiérez, da UdC, son demoledoras: os danos causados por minas e canteiras a ceo aberto son irreversíbeis e a restauración, inviábel. Destrución dos hábitats, da paisaxe, contaminación química das augas…
 
A actividade extractiva a ceo aberto é unha lousa para o patrimonio natural e mesmo para as empresas, incapaces de facer fronte aos custos de restauración, e menos en época de crise. Así as cousas, ADEGA demanda da Xunta unha moratoria das explotacións a ceo aberto ou que afecten a chan rústico especialmente protexido, mentres non se aproba o Plano Galego da Minaría e se afronta a recuperación das actuais. A Xunta non debería conceder novos permisos de explotación e menos ás mesmas empresas que desentendéndose da restauración das súas canteiras pretenden abrir outras novas, nunha fuxida cara adiante que arruinará o medio para sempre.

A recente lei 3/2008 da Minaría de Galiza chegou tarde: malia a establecer a obrigatoriedade dun Plano de Restauración (art. 17); esixir garantías financeiras para facer fronte á rexeneración atendendo aos custos reais (art. 32); e a non  subvencionar labores de restauración para que as empresas non evadan as súas responsabilidades (art. 44), o certo é que en ausenza dun Plano Galego da Minaría, o sector segue a funcionar con criterios curtopracistas, primando o beneficio inmediato e deixando a restauración para máis adiante… se chega. Ademáis, nesta época de crise e fronte á competencia chinesa no sector da loiusa, moitas explotacións están a pechar sen facer fronte á restauración das súas explotacións e deixando un territorio desfeito, consecuencia da estraxeia de “colle os cartos e corre”.

Cómpre lembrar tamén que moitas das explotacións máis agresivas, nomeadamente as canteiras de lousa do Courel e Valdeorras, e que estaban nunha situación de alegalidade denantes de xuño de 2007, foron logo “indultadas” pola Xunta, bendicindo de facto os sistemas insustentábeis de explotación e os danos -agora irreversíbeis- causados en comarcas como O Courel. Daqueles pos, veñen agora estas lamas…

ADEGA demanda tamén da Xunta a posta en marcha do Consello da Minaría de Galiza, consagrado na Lei 3/2008,  organismo consultivo que permitirá a participación da sociedade na elaboración, deseño e execución da política mineira. Este 2011 cumprinanse 800 anos da construción da catedral de Santiago, unha das xoias do noso patrimonio histórico.. Ninguén dubida de que é necesario investir ha súa conservación. O Courel, auténtica catedral da xeodiversidade galega, de máis de 600 milóns de anos de antigüidade, está esmorecendo baixo os cascallos ante a pasividade da administración.
Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s