La Xunta denuncia por segunda vez trabas en los consulados españoles que impiden que los emigrantes puedan conseguir la tarjeta sanitaria gallega

EMIGRACIÓN DENUNCIA POR SEGUNDA VEZ TRABAS NOS CONSULADOS NA TRAMITACIÓN ADMINISTRATIVA DA TARXETA SANITARIA GALEGA

 La Xunta denuncia por segunda vez trabas en los consulados relativas los trámites para que los emigrantes puedan conseguir la tarjeta sanitaria gallega

  • Camba lembra por carta ao subsecretario de Exteriores e Cooperación o dereito dos emigrantes á súa acreditación nas legacións diplomáticas
  • El secretario general de Emigración de la Xunta, Santiago Camba, recordó por carta al subsecretario de Exteriores y Cooperación el derecho que tienen los emigrantes a acreditarse en las delegaciones diplomáticas

 

Santiago, 20 de abril de 2011.- O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, solicitou por carta oficial ao subsecretario de Asuntos Exteriores e Cooperación, Antonio López, que se axilicen e desatasquen os trámites no Consulado Español en México, de maneira que os emigrantes galegos con dereito á tarxeta sanitaria podan tramitala de contado. Esta tarxeta, cómpre lembrar, garántelles os mesmos dereitos cós galegos residentes na Galicia territorial, cando o emigrante se atopa aquí.

 

Estes atrancos e retrasos que se están a dar en México son similares aos rexistrados hai meses na legación diplomática española na República Oriental do Uruguai. As comprobacións e certificacións do PERE (Padrón de Españois Residentes no Estranxeiro) e do CERA (Censo Electoral de Residentes Ausentes), documentos necesarios para a expedición da tarxeta ao beneficiario, se retrasan ou mesmo resultan imposibles, sen que medie por parte do Consulado explicación ningunha.

 

Na misiva, Camba recoñece que nun primeiro momento “foron numerosos os beneficiarios desta prestación que (…) puideron tramitala con éxito”, pero tamén afirma que recibe “desde o Centro Galego en México, a preocupante información referente á imposibilidade que desde hai uns días teñen os cidadáns españois para conseguir os devanditos certificados a través do Consulado Xeral”, motivo polo cal solicita a urxente intervención do departamento estatal de Exteriores.

 

Sen resposta

Malia o tempo transcorrido desde o envío da misiva oficial, máis dunha semana, a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia non ten recibido resposta, e consta que a situación sobre a que alertaba Camba está a empeorar día tras día, e iso que, como lembra o alto cargo galego na súa carta, “calquera cidadán español” ten dereito a “acreditarse como tal ante calquera administración pública española, a través dos mencionados certificados”.

 

Asemade, no caso de México, como anteriormente no de Uruguai, foron moitos máis os emigrantes galegos que solicitaron a tarxeta sanitaria galega (a emitida polo Servizo Galego de Saúde, SERGAS) cós que pediron a homónima expedida polo Ministerio de Sanidad y Consumo. A emitida pola Comunidade Autónoma resulta máis operativa, razón pola cal o secretario xeral da Emigración urxe a Exteriores a colaborar na tramitación áxil dos referidos certificados.

 

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s