La Xunta y los ecologistas se enfrentan por los altos niveles de contaminación en las principales ciudades gallegas

La Xunta destaca que ninguna de las 7 ciudades principales de Galicia superó los valores límite de dióxido de carbono en los años 2009, 2010, ni en lo que va de 2011

A xunta destaca que ningunha das 7 cidades de galicia superiou os valores límites de dióxido de nitróxeno nos anos 2009, 2010 nin no que vai de 2011

 

  • Todas as urbes galegas mantiveron a súa media anual de NO2 por debaixo dos valores límite anuais, establecido en 42 µg/m3 en 2009 e en 40 µg/m3 a partir de 2010 
  • No que vai de ano tampouco se superaron os valores límite horarios
  • Nunca se superaron os 400 μg/m3 de NO2 durante tres horas consecutivas en ningún momento en ningunha cidade de Galicia, polo que non houbo necesidade de alertar á poboación
  • Tendo en conta o que establece a lexislación vixente, é totalmente falso que o límite legal de 200 μg/m3  nunha hora se sobrepasara en varias ocasións en Ourense, Santiago, Pontevedra, Vigo ou Ferrol no mes de febreiro

 

Santiago, 10 de febreiro de 2011.- Ningunha das 7 principais cidades de Galicia superou nos anos 2009 e 2010, nin no que vai de 2011, os valores límite horarios de dióxido de nitróxeno (NO2), establecido en 200 µg/m3 (microgramos por metro cúbico) que non poden superarse en máis de 18 ocasións nun ano civil.

 

Todas as urbes galegas mantiveron a súa media anual de NO2 por debaixo dos valores límite anuais, establecido en 42 µg/m3 en 2009 e en 40 µg/m3 a partir de 2010.

 

Os xenericamente chamados óxidos de nitróxeno (NOx) están compostos pola mestura de tódolos compostos presentes na atmosfera que conteñen osíxeno e nitróxeno, coma NO, NO2, N2O, N2O3, N2O4,  entre outros.

 

De todos eles, a especie maioritaria é o NO2, que é o único contaminante dos que compoñen os NOx sobre o que están lexislados os seus valores límite. Estes valores límite para a protección da saúde humana se recollen no Apartado A.II do anexo I do RD 102/2011, de 28 de xaneiro, relativo á mellora da calidade do aire e son:

 

  • Valor límite media anual,  40 μg/m3,
  • Valor límite horario, 200 μg/m3, que non pode superarse máis de 18 veces por ano civil,
  • Valor límite de alerta, 400 μg/m3 , polo que hai que dar aviso á poboación si se supera durante máis de 3 horas consecutivas.

 

O NO2 utilízase como marcador das mesturas de contaminantes relacionados coa combustión, en particular os que se emiten no tráfico por estrada.

 

En relación ás afirmacións totalmente exentas de base científica e legal realizadas onte á prensa por un biólogo, procede indicar o seguinte:

 

–          Para o NOx a lexislación vixente non establece valores límite. Polo tanto, o límite legal de 200 μg/m3 para o dióxido de nitróxeno (NO2) non se aplica aos NOx.

 

–          Tendo en conta o que establece a lexislación vixente, é totalmente falso que o límite legal de 200 μg/m3  nunha hora se sobrepasara en varias ocasións en Ourense, Santiago, Pontevedra, Vigo ou Ferrol no mes de febreiro. O referido biólogo confunde unha vez máis os NOx co NO2, aplicando para os primeiros o valor limiar aplicable unicamente e exclusivamente para os segundos.

 

–          Maniféstase que “en Ourense aparecen picos de 523, 517 e 504 microgramos entre as oito e as dez da noite do pasado día 2”, o que tampouco é certo. Os datos correspondentes á citada noite son os seguintes:

 

Ourense NO2
02/02/2011 20:00 90
02/02/2011 21:00 83
02/02/2011 22:00 70

 

Son valores totalmente normais, tendo en conta que é unha estación que mide a contaminación producida polo tráfico rodado. Os valores horarios rexistrados de NO2 están moi lonxe de superar o valores limiar horario.

 

–          Por último, nunca se superaron os 400 μg/m3 de NO2 durante tres horas consecutivas en ningún momento en ningunha cidade de Galicia, polo que non houbo necesidade de alertar á poboación.

 

A Xunta de Galicia quere facer un chamamento á responsabilidade para non alertar innecesariamente á poboación cando, de acordo coa lexislación vixente, non se dan as circunstancias para facelo.

 LOS ECOLOGISTAS DE ADEGA DENUNCIAN:
La Xunta y los ayuntamientos ignoran las alertas por la excesiva contaminación de las ciudades gallegas

Xunta e concellos ignoran as alertas pola excesiva contaminación das cidades

rosagas10 de febreiro de 2010. Os episodios de grave contaminación que sofren Madrid e Barcelona non son descoñecidos en Galiza. A finais de 2010, ADEGA facía público datos compilados polo experto en contaminación Ramón Varela, que apontaban a que todas as cidades sobrepasaron os límites legais de NOx (xerados polo tráfico e a combustión de derivados do petróleo) no ar que respiramos. Lonxe de tomar nota, a Xunta e algúns concellos optaron por desmentir (malia a ser cifras oficiais), ignorar ou manipular datos. Á ridícula rede de control galega (só 9 estacións, fronte ás 72 de Euskadi, as 68 de Catalunya ou as 23 de Madrid) hai que engadir a manipulación interesada: cambio de ubicación dos medidores a zonas máis «ventiladas» ou a censura da información que até hoxe a Xunta distribuía na web. Casualidade? Porén, o máis grave é que as administracións seguen sen tomar medidas para diminuir o tráfico nas cidades e promover unha mobilidade máis sustentábel. Ben ao contrario: máis vías de alta capacidade, máis subvencións á merca de veículos… Semella que en Galiza, só a meteoroloxía está a facer algo por respirarmos un aire millor!

Datos de febreiro de 2011, compilados por Ramón Varela a partires de información oficial:

Ourense:  á cabeza  da contaminación por óxidos de nitróxeno nas cidades galegas.

Ourense superou o umbral máximo de 200 ug/m3 (lexislación  vixente) en varias ocasións durante este mes de febreiro. Así o día 2 de febreiro superouno durante 5 horas; o día 7 superou durante outras 5 horas o nivel máximo horario chegando en algún momento a 591,81 ug/m3, e  o día 8  voltou a superar durante 8 horas, 6 delas seguidas, os 200 ug/m3 chegando até 432,92 ug/m3.

Debemos lembrar que a lexislación só permite superar  18 veces ao ano o nivel de 200 ug/m3, polo que Ourense só nos primeiros días do que levamos de mes xa cubriu o permitido para todo o ano, pero ademáis durante o mes de xaneiro tamén superou varias veces o nivel permitido por lei.

Ao superarse os 400 ug/m3  o día 7/02/2011 durante 3 horas as autoridades municipais e autonómicas debían ter alertado publicamente a poboación para que en especial as persoas sensíbeis tomaran as precaucións axeitadas.

Outras cidades como Santiago, Pontevedra, Vigo, en algún momento durante este mes tamén superaron os niveis máximos horarios pero só 3 veces (3 horas) Vigo, 5 veces Pontevedra e 6 veces Santiago. Ferrol e Lugo son as cidades que menos veces superaron os niveis de óxidos de nitróxeno desde principios de ano e van a cabeza da calidade do aire ate este momento.

Nota: son máximos horarios. Ao pasar de situación anticiclónica a ciclónica, coa situación nova de chuvia a contaminación disminuiu moito dende este día 9.

¿Y tú qué opinas de esto?