POLÍTICA ÁCIDA
O secretario xeral do PPdeG apunta que a campaña electoral intensificaráse a vindeira semana co desembarco nas cidades e nas grandes vilas galegas
Rueda lamenta a tendencia á crispación do PSOE tras o que chaman KO de Rubalcaba no debate con Rajoy o pasado luns
- Anuncia que Feijóo pechará a campaña electoral cun acto na Mariña e con mitins en Lugo, A Coruña e Ferrol e que o martes Rajoy visitará Pontevedra
- Afirma que o PPdeG tamén estará a vindeira semana en Ribeira, Vilagarcía, A Estrada, Carballo, Cangas, Vigo, Vilalba, Arteixo, Santiago, Ordes, Monforte e Ourense
- O PPdeG ten previsto pechar a campaña con entre 8.000 e 9.000 quilómetros percorridos por toda Galicia e cunha asistencia aos actos dunhas 20.000 persoas
Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2011.- O secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, lamentou hoxe a tendencia á crispación do PSOE tras o KO de Rubalcaba no debate con Rajoy o pasado luns.
O número dous do PPdeG aseguraba hoxe que, a diferenza do PPdeG, o PSOE mudou a súa estratexia desde o debate do luns no que aspiraban a comezar a remontada pero que finalmente supuxo un duro golpe que lles obrigou a cambiar o seu enfoque.
Así mesmo, Rueda afirmou que os socialistas xa non aspiran a gañar votantes en 2011; só a perder os menos posibles, non xa respecto de 2008, senón a fai seis meses, e é precisamente ese cambio de estratexia o que os leva a tensionar a campaña.
A SEGUNDA SEMANA DE CAMPAÑA DO PPdeG
Por outra banda, Rueda anunciou hoxe que Alberto Núñez Feijóo pechará a campaña electoral cun acto na Mariña e con mitins en Lugo, A Coruña e Ferrol.
O número dous dos populares galegos informaba tamén de que o vindeiro martes Mariano Rajoy visitará a súa terra por última vez antes de someterse ao veredicto das urnas. Con respecto a isto, Rueda lembrou que desde que empezou a precampaña, o candidato do PP xa estivo en dúas das catro provincias galegas: A Coruña e Lugo. Agora visitará Ourense antes de celebrar o mitin central da campaña en Vigo, nun acto no que os populares galegos demostrarán a Rajoy que están ao seu lado nestes momentos nos que a posibilidade de gobernar está máis preto que nunca.
No que atinxe ao resto dos días da semana, Rueda apuntou que o presidente do PPdeG presentará o luns e o mércores aos candidatos de Pontevedra e A Coruña, Ana Pastor e Antonio Erias, en almorzos informativos en Vigo e A Coruña nos que ambos amosarán o programa do PP.
Estes almorzos informativos completaránse con máis actos en Vilalba e Arteixo o lunes e cun gran mitin en Santiago a noite do mércores. Do mesmo xeito, o xoves, tralo Consello da Xunta, Feijóo celebrará mitins sen Ordes, Monforte e Ourense.
En canto a esta fin de semana, Rueda avanzou que mañá Feijóo participará nun acto con Novas Xeracións en Santiago, un mitin en Pontevedra e visitará tamén Carballo e Cangas.
Ademais, Alberto Ruiz Gallardón participará nun acto en Ferrol co alcalde da cidade tamén o sábado.
O domingo, os populares estarán en tres cidades ou vilas de vital importancia e que desde o 22M teñen novo alcalde, que son Ribeira, Vilagarcía e A Estrada.
BALANCE DA CAMPAÑA ATA A DATA
Rueda aproveitou que estamos no ecuador da campaña electoral para facer un balance de cómo se está desenvolvendo e indicou que non é casual que ata a data a campaña autonómica do PPdeG non visitase cidades e os populares se teñan dirixido a pequenos auditorios posto que a súa intención era alternar a grandilocuencia dos grandes mitins con actos máis intimistas, charlas informais sen atril e sen micros.
No que atinxe ás cifras que deixa a primeira semana, Rueda apuntou que só en Galicia os populares percorreron uns 3.000 quilómetros por toda a Comunidade para ir a actos aos que asistiron aproximadamente unhas 5.000 persoas.
O que se agarda para a vindeira é que se percorran uns 5.500 quilómetros máis para asistir a actos e mitins dos que participarán unhas 15.000 persoas máis.
Os populares pecharán a campaña así con entre 8.000 e 9.000 quilómetros percorridos e cunha asistencia aos actos dunhas 20.000 persoas.