Los Fogares Verdes de O Carballiño visitan la planta de Sogama

OS FOGARES VERDES DE O CARBALLIÑO VISITAN A PLANTA DE  SOGAMA

Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza

A tarde do mércores nove de febreiro  veciños de O Carballiño participantes en Fogares verdes visitarán a planta de SOGAMA. A visita foi programada como parte das actividades formativas de Fogares verdes e en base ao interese mostrado por gran parte dos participantes en coñecer a planta incineradora de lixo. Coñecer o destino final dos residuos que eles mesmos depositan a diario nos contedores das rúas é o obxectivo principal da excursión á planta de Cerceda. Alén de traballar a concienciación sobre a necesidade da redución do volume de lixo producido e a importancia dunha boa separación no fogar.

 Sobre as 17.30h chegaremos á Sociedade Galega de Medio Ambiente onde nos recibirá unha educadora que guiaría o percorrido pola planta. Teremos oportunidade de coñecer os diferentes departamentos; a sección de triaxe na que mulleres separan os diferentes envases para o reciclado, os laboratorios dende onde se controlan os procesos, as caldeiras que queiman o lixo, as balsas de recepción de impropios e do contido da bolsa negra –destinados a queima e obtención de enerxía eléctrica-, etc.

A planta que xa se queda pequena para a grande cantidade de residuos que lles chegan de case toda Galicia por tren ou camión ten prevista unha ampliación e a construción de unha nova planta no sur de Galicia, aínda sen ubicación definitiva.

A cantidade de recursos naturais que se están a desbotar ou a transformar en enerxía non renovable é moito maior do que nos podemos permitir a sociedade galega. A necesidade de apostar con enerxía pola redución e a reciclaxe da materia orgánica en forma de compost (esta fracción corresponde a máis da metade en peso da bolsa do lixo) faise urxente. Un dato, na actualidade un cidadán galego produce ao día 1,2 kg de lixo.

 

Un comentario sobre “Los Fogares Verdes de O Carballiño visitan la planta de Sogama

¿Y tú qué opinas de esto?