Medio Rural aplica en Galicia técnicas pioneras de recuperación del suelo en montes afectados por incendios

MEDIO RURAL APLICA TÉCNICAS PIONEIRAS DE RECUPERACIÓN DO SOLO EN MONTES AFECTADOS POLO LUME

 O obxectivo destes labores é frear posibles procesos de erosión, especialmente nas zonas máis altas, con maior pendente e en cabeceira de concas hidrográficas
 A día de hoxe os traballos están concluídos de maneira satisfactoria, podéndose comprobar os efectos da estabilización do solo tras as primeiras chuvias

Santiago.- A Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Montes, vén de desenvolver diversas actuacións urxentes para o control da perda de solo en montes afectados polo lume. O obxectivo é frear posibles procesos de erosión, especialmente nas zonas máis altas, con maior pendente e en cabeceira de concas hidrográficas. As accións concentráronse nos concellos de Muros, Camariñas e Boiro, na provincia da Coruña; no de Quiroga, en Lugo; no de Laza, en Ourense e nos da Cañiza e Covelo, en Pontevedra.

A día de hoxe, todos os traballos están concluídos de maneira satisfactoria. De feito, os técnicos da Dirección Xeral visitaron, tras as primeiras chuvias, as zonas nas que se executaron os traballos e comprobaron xa os efectos da estabilización do solo. Así, por unha banda, apreciaron a redución dos arrastres, que diminúe a perda de solo e a chegada de sedimentos aos leitos dos ríos, preservando a calidade da auga, e o inicio da rexeneración de vexetación, que contribúe a consolidación do chan.

Técnica pioneira
Para o desenvolvemento dos traballos aplicouse a técnica pioneira denominada mulching, consistente en protexer o solo cubríndoo cun material, neste caso palla, para protexelo da erosión. En función das características do terreo, o mulching aplicouse mediante medios terrestres ou aéreos. Precisamente en datas recentes, o director xeral de Montes, Tomás Fernández-Couto Juanas, foi convidado a un foro en Portugal para abordar as actuacións que leva a cabo este departamento para a restauración das áreas queimadas e que sitúan Galicia na vangarda da aplicación de novas técnicas de restauración forestal post-incendio.

As accións representan a posta en práctica das investigacións realizadas nos últimos anos no Centro de Investigación Forestal de Lourizán, así como a utilización das técnicas máis punteiras utilizadas nos Estados Unidos e noutros países europeos.

Para garantir o éxito destes traballos, os técnicos da Dirección Xeral desenvolven un labor previo de planificación, que pasa pola selección das áreas obxectivo de restauración e das zonas con maior prioridade, para posteriormente definir os tratamentos máis axeitados, executalos e facer seguimento dos resultados. Nesta planificación cómpre ter en conta o factor económico, xa que o custo das actividades de rehabilitación debe ser acorde cos valores que van ser protexidos; a afectación de ecosistemas singulares e o tamaño do incendio. Ademais, débese facer unha estimación do risco potencial de dano ás áreas da contorna e comprobar que os obxectivos sexan compatibles cos obxectivos xerais de ordenación da zona.

Tipoloxía dos traballos
Segundo o informe da Consellería do Medio Rural, o mulching aplicouse nos traballos clasificados como superficiais, é dicir, destinados a reducir a perda de solo nas zonas máis sensibles. Ademais, realizáronse faixas con vexetación existente en curvas de nivel.

Por outra banda, a Dirección Xeral de Montes executou traballos en pistas forestais destinados a corrixir os danos causados durante a extinción ou polos arrastres tras o incendio. As accións consistiron en rozas, limpeza de cunetas e obras de drenaxe, entre outras. Como resultado, evitouse o deterioro destas infraestruturas, xa que nas visitas posteriores realizadas polos técnicos non se apreciaron regos.

Accións na Coruña
Na provincia da Coruña realizáronse actuacións urxentes para o control da perda de solo en montes afectados polo lume nun total de 55 hectáreas. As actuacións no concello de Muros, concretamente en Serres, consistiron na distribución de mulch de palla e sementes de vexetación de prado en 18 hectáreas. En Xaviña (Camariñas) espallouse mulch de palla e sementes e realizáronse faixas vexetais en 9 hectáreas de solo afectado polo lume.

Canto a Cures, en Boiro, ademais das accións de mulching, sementeira e faixas de vexetación en 28 hectáreas, melloráronse 5,5 quilómetros de pistas e instaláronse 12 parcelas de 5.500 metros para o control dos arrastres por parte dos técnicos do Centro de Investigación Forestal de Lourizán.

Lugo e Ourense
No concello de Quiroga, en Lugo executouse mulching de palla en faixas de 35 metros e seguindo curvas de nivel, así como sementeira de herba en 16 hectáreas afectadas polo incendio de Pacios da Serra. Tamén se realizaron melloras na rede de drenaxe en 600 metros dunha pista e barreiras con vexetación existente en zonas próximas a leitos.

O incendio de Camba, en Laza, afectou a superficie non arborada de moi difícil accesibilidade e chegou ata o concello de Chandrexa de Queixa, converténdose no maior lume do pasado verán, con máis de 1.700 hectáreas. Como medida urxente aplicouse mulch de palla nunha superficie de 180 hectáreas. A falta de infraestruturas de acceso, así como a elevada pendente e pedregosidade do terreo, fixo precisa a utilización de helicópteros para garantir a rexeneración en zonas ás que non é posible chegar con medios terrestres.

Outras medidas executadas neste incendio foron a construción de albarradas en pequenos leitos e arrastres que se producían, mediante acumulación de pedras e troncos con separacións de 100 metros, así como a mellora dos viais existentes no perímetro do incendio e da súa rede de drenaxe.

Provincia de Pontevedra
Na provincia de Pontevedra, os traballos consistiron na aplicación de mulch de palla en 11 hectáreas por faixas de 30 metros de ancho e faixas con vexetación existente. A principal zona de acción foi Petán, na Cañiza, onde se desenvolveron traballos de mulching de palla en 10 hectáreas e a mellora de 750 metros de pista. Executouse tamén mulching de palla nunha hectárea de Parada de Achas, na Cañiza, nun terreo de especial dificultade pola súa pendente e pedregosidade. Finalmente, en Godón, no concello do Covelo, realizouse a roza mecanizada de 700 metros en dous camiños e limpeza de pasos de caudais para favorecer a correcta circulación da auga.

Un comentario sobre “Medio Rural aplica en Galicia técnicas pioneras de recuperación del suelo en montes afectados por incendios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s