La Xunta concede 3 millones de euros en ayudas a 163 municipios para completar sus planes de ordenación urbanística

Siete de cada diez ayuntamientos gallegos están tramitando su plan general de ordenación urbana, y de ellos casi la mitad llevan más de 6 años con la tramitación
Sete de cada dez concellos galegos están tramitando o seu PXOM, e case a metade llevan máis de 6 anos coa tramitación

MEDIO AMBIENTE CONCEDE PRETO DE 3 MILLÓNS DE EUROS DESTINADOS A AXUDAS A 163 CONCELLOS CO FIN DE ADAPTAR O SEU PLANEAMENTO

 Os beneficiarios das subvencións son os municipios galegos que as solicitaron e que non superando a cifra de 50.000 habitantes recibiran unha axuda para a redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM)
 As axudas distribúense do seguinte xeito: A Coruña (36 concellos), 811.168,4 euros; Lugo (42 concellos), 1.093.193,8 euros; Ourense (54 concellos), 522.673,2 euros; e Pontevedra (31 concellos), 511.695,4 euros
 A Consellería de Medio Ambiente, mediante estas axudas, pretende colaborar cos municipios para que estes últimos teñan os documentos de planeamento adaptados á lexislación municipal

Santiago.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, vén de conceder preto de 3 millóns de euros destinados a axudas aos concellos para a adaptación de boa parte do planeamento urbanístico en tramitación á Lei 2/2010.

As axudas distribúense do seguinte xeito: A Coruña (36 concellos), 811.168,4 euros; Lugo (42 concellos), 1.093.193,8 euros; Ourense (54 concellos), 522.673,2 euros; e Pontevedra (31 concellos), 511.695,4 euros. Dos 190 concellos que tiñan dereito a acollerse a esta nova orde de axudas, recibíronse 168 solicitudes, das cales 163 cumpriron os requisitos sinalados na mesma.

PROVINCIA
Nº DE CONCELLOS
SUVBVENCIÓN
A Coruña 36 811.168,4 euros
Lugo 42 1.093.193,8 euros
Ourense 54 522.673,2 euros
Pontevedra 31 511.695,4 euros

Poderán ser beneficiarios destas subvencións os concellos de Galicia que, non superando a cifra dos 50.000 habitantes, resultasen beneficiarios dunha axuda para a redacción do PXOM concedida ao abeiro de ordes anteriores coa mesma finalidade, que xa tivesen contratados os traballos con anterioridade ao 23 de setembro do ano 2009.

Para determinar o importe da subvención concedida, observáronse unha serie de regras obxectivas e públicas, cuxa principal diferenza con respecto aos criterios utilizados en ordes precedentes é a ponderación do importe da axudas en función do número de núcleos do concello, por ser o réxime urbanístico do solo de núcleo rural o máis afectado polas modificacións introducidas na Lei do Solo.

Situación do planeamento en Galicia
A Consellería de Medio Ambiente, mediante estas axudas, pretende colaborar cos municipios para que estes teñan os documentos de planeamento adaptados á lexislación municipal. A situación do planeamento dos 315 concellos galegos é a seguinte:

 46 teñen un PXOM adaptado á lei vixente.
 25 teñen un PXOM non adaptado (e non están tramitando a súa revisión).
 223 (70%) están redactando un PXOM, dos cales 104 (47%) levan mais de 6 anos coa tramitación.
 21 non teñen PXOM, e non están tramitando un planeamento acorde coa lei vixente.

Dos 46 concellos adaptados á lei vixente, 10 foron aprobados na actual lexislatura: Sober, Laxe, Vilar de Barrio, Vigo, Touro, Pedrafita do Cebreiro, Teo, Rairiz de Veiga, Arnoia e Valga.

Un 70 % dos concellos (7 de cada 10) están tramitando un PXOM, e case a metade llevan máis de 6 anos coa tramitación.

CONCELLOS ADAPTADOS Á LEI 9/2002

2003 1 Ourense
2004 2 Lousame, San Cibrao de Viñas
2005 3 Oroso, O Incio, Xunqueira de Ambia
2006 4 A Capela, Cerdido, As Somozas
Vilamaior
2007 9 Boimorto, Curtis, Toques, Vedra, Zas, Paradela, Amoeiro, Avión, Sandiás
2008 11 Arzúa, Pobra do Caramiñal, Santiago de Compostela, Castroverde, Rábade, Castrelo do Val, Laza, Melón, Paderne de Allariz, Taboadela, Vilardevos.
2009 10 Laxe, Oleiro, Paderne, Sobrado, Ribas do Sil, Sober, Esgos, Vilar de Barrio, Rodeiro, Vigo
2010 6 Teo, Touro, Pedrafita do Cebreiro, A Arnoia, Rairiz de Veiga, Valga
TOTAL 46

Un comentario sobre “La Xunta concede 3 millones de euros en ayudas a 163 municipios para completar sus planes de ordenación urbanística

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s