La Consellería de Medio Rural apuesta por la lucha biológica para erradicar la plaga del gorgojo del eucalipto

MEDIO RURAL APOSTA POLA LOITA BIOLÓXICA PARA ERRADICAR A PRAGA DO GORGULLO DO EUCALIPTO

 A solta de ootecas parasitadas por Anaphes nitens permite un control biolóxico do defoliador do eucalipto dun xeito eficaz e respectuoso co medio ambiente
 No marco do Plan Estratéxico de Loita Integrada contra o Gonipterus scutellatus distribuíronse este ano en Galicia un total de 103.100 ootecas parasitadas
 A meirande parte das bolsas con ootecas parasitadas colocáronse nos distritos forestais do norte das provincias da Coruña e Lugo, pero garantindo un nivel adecuado de tratamento biolóxico na totalidade das masas de eucaliptos de Galicia

Santiago.- A loita biolóxica contra o Gonipterus scutellatus, o defoliador coñecido como gorgullo do eucalipto, constitúe unha das prioridades na liña de sanidade forestal desenvolvida pola Consellería de Medio Rural a través da Dirección Xeral de Montes. Nesta liña de actuación enmárcase o Plan Estratéxico de Loita Integrada contra o Gonipterus scutellatus, que ten como obxectivo, ademais da loita biolóxica contra este defoliador do eucalipto, a elaboración dun inventario permanente da praga para coñecer con precisión a súa distribución e dinámica e a evolución dos seus ciclos biolóxicos anuais, o que permitirá así poder actuar con maior eficacia.

O uso do parásito Anaphes nitens, específico e natural, nos ovos do gorgullo do eucalipto preséntase como unha alternativa eficaz e respectuosa co medioambiente. A eficacia deste método de control biolóxico do defoliador débese a dous factores: por unha banda á facilidade de adaptación do parásito ás condicións climáticas de Galicia e, por outra, ao seu maior potencial biótico. Así, o control biolóxico da praga do eucalipto consiste en depositar as postas do Anaphes nitens no interior dos ovos de Gonipterus scutellatus, coñecidos como ootecas. Os novos individuos permanecerán no interior de ditos ovos, alimentándose do seu contido e evitando así que emerxan os Gonipterus. Una vez acadado o estado adulto, o anaphe sae ao exterior coa finalidade de buscar novas postas que parasitar. Para desenvolver este programa de control biolóxico a Dirección Xeral de Montes leva a cabo soltas de ootecas parasitadas previamente en laboratorio.

Actuacións en 2010
No marco deste programa de control biolóxico da praga do eucalipto neste ano distribuíronse por toda a xeografía galega un total de 2.062 bolsas con 50 ootecas por bolsa, o que supón un reparto de 103.100 ootecadas parasitadas con Anaphes nitens. O reparto concentrouse nos meses de primavera e outono, que é cando se detecta a maior presencia de adultos e larvas do gorgullo do eucalipto, polo que se fai necesaria unha intervención inmediata coas ootecas parasitadas para evitar unha grande afección das árbores. Este coleóptero que ataca ao eucalipto produce serias afeccións que diminúen a súa produción madeireira.

A primeira das soltas realizouse a comezos da primavera e supuxo a distribución de 1.462 bolsas cun total de 73.100 ootecas parasitadas. A segunda solta foi no mes de outubro e nela repartíronse outras 600 bolsas, o que supuxo a solta de 30.000 ootecas parasitadas. Así, ao longo deste ano situáronse en campo un total de 103.100 ootecas parasitadas e, tendo en conta que de cada ooteca saen 5 parásitos, estímase que unhas 515.500 individuos do parásito Anaphes nitens foron soltas como resultado deste tratamento promovido pola Consellería do Medio Rural.

Previamente á execución da segunda fase de tratamento realizouse un mostreo nas parcelas de solta, coa finalidade de comprobar que existía un gran número de ootecas de Gonipterus scutellatus sobre as follas e que polo tanto era o momento óptimo para a aplicación do tratamento na época outonal.

Soltas por provincias
A distribución das bolsas atende principalmente a criterios de superficie de masas de eucaliptos e do nivel de danos. Por isto, os distritos do norte da provincia da Coruña e Lugo son nos que maior número de bolsas de ootecas parasitadas se colocaron. Así, na provincia da Coruña colocáronse 1.208 bolsas, cun total de 60.400 ootecas parasitadas, sendo o Distrito Forestal I de Ferrol onde se concentraron a meirande parte das bolsas, un total de 344, o que supón a solta de 17.200 ootecas co parásito. Na provincia de Lugo repartíronse outras 356 bolsas, o que supuxo unha solta global de 17.800 ootecas, sendo o Distrito Forestal VI da Mariña Lucense onde se colocaron máis bolsas, concretamente 285, o que supón a introdución de 14.250 ovos do gorgullo do eucalipto parasitados coa Anaphes nitens.

Xa na provincia de Pontevedra distribuíronse outras 379 bolsas cun total de 12.200 ootecas parasitadas e foi o Distrito Forestal XIX Caldas – O Salnés o que concentrou o maior número de bolsas, un total de 211 con 10.550 ootecas parasitadas. Pola súa banda, o Distrito Forestal XI Ribeiro-Arenteiro foi no que se colocaron a meirande parte das bolsas de ootecas parasitadas de Ourense, un total de 63 das 119 repartidas por toda a provincia. O reparto global supuxo a solta de 5.950 ootecas parasitadas coa Anaphes nitens, 3.150 das cales se situaron no distrito forestal XI.

Cómpre salientar que parte das 2.062 bolsas de ootecas parasitadas puxéronse á disposición das asociacións de propietarios e comunidades de montes de Galicia. Os colectivos que recibiron este material informaron posteriormente á Dirección Xeral de Montes do lugar onde se realizaron as soltas, co obxectivo de incluír a información no inventario sobre a praga.

Asemade, no Distrito Forestal VI da Mariña Lucense intensificouse o tratamento na zona do Eucaliptal de Chavín, tamén coñecido como Souto da Retorta, coa finalidade de contribuír á conservación, mantemento e mellora do estado sanitario deste paraxe, velando pola valorización dos elementos patrimoniais e culturais situados nesta zona.

Inventario da praga
O Plan Estratéxico de Loita Integrada contra o Gonipterus scutellatus consta de cinco accións principais: a reprodución e difusión controlada da Anaphes nitens; o inventario permanente de danos e a presenza da praga e do parasitoide; o estudo de factores estacionais que inciden na evolución e dinámicas das masas, das pragas e dos parasitoides; o estudo dos tratamentos en función da bioloxía do Gonipterus scutellatus; e a activación de estudos sobre produtos químicos e biolóxicos a fin de dispoñer dos recursos precisos.

No tocante á elaboración un inventario permanente de danos e da presencia da praga e da Anaphes nitens, os equipos de traballo de campo encargados da distribución das bolsas nas parcelas de eucaliptos realizan tamén unha recompilación informática de diversos parámetros e informacións cos que contribuír a este estudo. A situación das parcelas, as coordenadas das árbores nos puntos de solta e a presenza de outras ootecas ou exemplares de Anaphes ou Gonipterus son datos que se introducen no inventario.

Ademais, progresivamente engádense as informacións obtidas dos traballos feitos para determinar os danos e a área de expansión do Gonipterus scutellatus, coa finalidade de coñecer con precisión estatística a evolución da súa xeografía, dinámica das poboacións e a evolución do seu ciclo biolóxico anual. Así pódese traballar para controlar a medio prazo a área de distribución deste defoliador en Galicia, avaliando os graos de defoliación que está ocasionando e os niveis de parasitación de Anaphes nitens en campo, mediante mostreo e ensaios en campo.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s