ECONOMÍA E INDUSTRIA DESTINA 630.180 EUROS Á LIÑA DE FINANCIAMENTO ESPECÍFICA PARA AXILIZAR OS INGRESOS DAS PEMES PRODUTORAS DE UVA
Este mecanismo habilitado mediante convenio do Igape coas entidades financeiras, facilítalles ás pemes produtoras de uva, directamente ou a través das súas asociacións, o financiamento do cobro das súas produccións
A liña de financiamento poderá axilizar o pagamento de operacións de compra de uva por un importe global máximo de 15 millóns de euros
Santiago, 4 de febreiro de 2011.- A Consellería de Economía e Industria destinará unha partida de máis de 600.000 euros á liña de financiamento específica habilitada mediante o correspondente convenio coas entidades financeiras e destinada a axilizar os cobros do importe das súas colleitas polas pemes produtoras de uva.
As bases reguladoras, xa aprobadas polo Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica, saen hoxe publicadas no Diario Oficial de Galicia e habilitarán unha liña de financiamento que fará posible axilizar o pago de operacións de compra de uva por un importe global de ata 15 millóns de euros.
Estas liñas de desconto bancario deberán destinarse a adiantar o 100% do importe das letras de cambio aceptadas, das axudas de pagamento á orde ou calquera outro documento habitualmente aceptado para o desconto ou anticipo polas entidades financeiras asinados por razón de venda de uva da última campaña.
O obxectivo desta liña financeira específica é facilitar o financiamento das canles de distribución da uva da última campaña cara aos mercados das adegas e demais industrias transformadoras, facendo posible que os produtores cobren canto antes as súas producións. Deste xeito, os produtores non teñen que soportar cargas financeiras que poderían deteriorar gravemente a súa economía; este mecanismo financeiro temén lles achega unha maior seguridade xurídica.
A liña de financiamento específica regulada polas bases aprobadas polo Consello constitúe un mecanismo que lles facilita ás pemes produtoras de uva, directamente ou a través das súas asociacións, o financiamento da venda das súas produccións mediante o desconto bancario de letras de cambio aceptadas e pagarés á orde asinados polos seus clientes para o pagamento de facturas.
[…] especialmente al acceso de las pequeñas empresas gallegas a la financiación. Con todo, el importe total de los avales aprobados en el bienio 2009/10 creció de manera significativa con respeto a los dos años […]
Me gustaMe gusta
[…] Autor:https://asturgalicia.wordpress.com/2011/02/05/la-xunta-destina-630-180-euros-a-una-linea-de-financiac… Tagged with: 630.180 • destina • destinada • euros • financiación • línea • productoras • pymes • Xunta Puedes promocionar tu articulo desde aquí […]
Me gustaMe gusta
La pagina de tu Blog se ha actualizado…
[..]Articulo Indexado Correctamente en la Blogosfera de Sysmaya[..]…
Me gustaMe gusta