La Consellería del Mar concederá un periodo transitorio de 6 meses para adaptarse al nuevo decreto de artes y aparejos

Rosa Quintana presentou hoxe en Santiago as novidades do novo decreto de artes e aparellos

A CONSELLERÍA DO MAR CONCEDERÁ UN PERÍODO TRANSITORIO DE 6 MESES PARA ADAPTARSE AO NOVO DECRETO DE ARTES E APARELLOS

O decreto sairá publicado no DOG nos próximos días e entrará en vigor 20 días despois da data de publicación
 O obxectivo é adaptar a normativa “á realidade dos cambios derivados da evolución do sector pesqueiro e marisqueiro” e de obter o máximo benestar social dos colectivos implicados ao abeiro da Lei de pesca de Galicia de 2009
 A nova normativa contempla entre as súas novidades artes de pesca que ata o de agora non estaban reguladas, como a nasa para a centola, as volantillas, os volantíns e, a raeira. Tamén autorízanse dous novos útiles para o marisqueo a pé, a forquilla e a rañica

Santiago, 4 de febreiro de 2011.- A Consellería do Mar concederá ao sector un período transitorio de 6 meses para adaptarse ao novo decreto de artes e aparellos, que sairá publicado no DOG nos próximos días e entrará en vigor 20 días despois da data de publicación. A conselleira do Mar, Rosa Quintana, presentou esta mañá en Santiago as novidades da nova normativa froito, segundo recalcou, “do diálogo das múltiples xuntanzas” celebradas entre a administración e representantes do sector pesqueiro e marisqueiro acompañados por profesionais coñecedores do manexo de todas as artes.
Rosa Quintana incidiu en que co obxectivo de adaptar a normativa “á realidade dos cambios derivados da evolución do sector pesqueiro e marisqueiro” e de obter o máximo benestar social dos colectivos implicados ao abeiro da Lei de pesca de Galicia de 2009, o decreto inclúe distintas novidades. Estes novos aspectos “contribuirán a mellorar a explotación racional e sostible dos recursos mariños”, afirmou.
A conselleira citou como novidade a inclusión de artes que ata o de agora non estaban reguladas como a nasa para a centola, artes de enmalle como as volantillas, os volantíns e a raeira, a rañica ou a gancha a pé, como arte de marisqueo. Ademais, no marisqueo incorpórase de novo a forquilla, que estivo prohibida durante algún tempo, se describe un novo útil denominado rañica ou gancha a pé. Estas inclusións segundo incidiu a conselleira “están avaladas pola execución de plans experimentais que demostraron o seu bo funcionamento e viabilidade”.
Coa finalidade de uniformizar o número de artes por embarcación, o documento establece unha clasificación das embarcacións en sete grupos distintos segundo o arqueo. Ademais a titular de Mar lembrou que o novo decreto permite a posibilidade de faenar no período ordinario de descanso en acontecementos sinalados, compensándoo con xornadas de descanso en días laborables. Outra das posibilidades que ofrece, a diferencia do decreto vixente, é a de manter as artes caladas fóra dos períodos autorizados naqueles casos nos que as condicións meteorolóxicas sexan adversas.
Por outra banda recolle a posibilidade de establecer cotas máximas de captura diaria, nos casos nos que sexa necesario para garantir a sostibilidade da explotación dos recursos e sempre co consenso do sector afectado, aclarou a conselleira. Ademais o decreto unifica as nasas de nécora e camarón, debido a que teñen as mesmas características e a que se empregan indistintamente para a captura de ambas especies.

Un comentario sobre “La Consellería del Mar concederá un periodo transitorio de 6 meses para adaptarse al nuevo decreto de artes y aparejos

  1. […] Autor:https://asturgalicia.wordpress.com/2011/02/04/la-conselleria-del-mar-concedera-un-periodo-transitorio… Tagged with: adaptarse • aparejos • artes • concederá • Consellería • decreto • meses • nuevo • Para • periodo • transitorio  Puedes promocionar tu articulo desde aquí […]

    Me gusta

Replica a Wiki colaborativa Pedia | Blog | La Consellería del Mar concederá un periodo transitorio de 6 meses para adaptarse al nuevo decreto de artes y aparejos Cancelar la respuesta