Regresa el programa Os Axóuxeres para favorecer la transmisión de la lengua gallega desde bebés

 

OS AXÓUXERES REGRESAN CON CANTIGAS, XOGOS, TEATRO E MÚSICA PARA QUE OS BEBÉS E AS FAMILIAS GOCEN COA LINGUA GALEGA

 Regresan los Axóuxeres con cantigas, juegos, teatro y música para que los bebés y las familias gocen con la lengua gallega y se favorezca su transmisión

  • A Secretaría Xeral de Política Lingüística presentou hoxe o calendario de 2011 deste programa que busca favorecer a transmisión lingüística do galego 
  • Os Axóuxeres percorrerán diversos concellos das catro provincias desde esta fin de semana ata o día 20 de marzo 
  • Na presente edición, o programa homenaxea os avós e as avoas polo seu papel de transmisores da lingua e da cultura galegas

 

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro do 2011.- Música, palabra, teatro, cantigas tradicionais e moitos xogos. Os Axóuxeres regresan con forza para facer gozar os máis pequeniños da casa coa lingua galega. E fano retomando a edición 2010-2011 deste programa co que a Secretaría Xeral de Política Lingüística pretende favorecer a incorporación do galego á comunicación entre as familias e os bebés.

 

O responsable do departamento, Anxo Lorenzo, presentou en Santiago de Compostela  a nova programación dos Axóuxeres, correspondente ao ano 2011, que comezará o 30 de xaneiro e que se prolongará ata o 20 de marzo. Fíxoo acompañado de Totó, o boneco protagonista dos Axóuxeres; do actor Xosé Manuel Olveira, Pico, que interpreta o papel de Avó; e de Chisco Casteleiro e Concha Diéguez, representantes das empresas que colaboran na organización e desenvolvemento dos Axóuxeres: Galitoon e Reverso, respectivamente.

 

O galego como mellor legado

O obxectivo que persegue este programa, segundo asegurou Anxo Lorenzo, é “favorecer a introdución do galego como idioma de comunicación entre as familias e os máis pequenos, que conforman unha franxa de idade á que a Secretaría Xeral de Política Lingüística lle presta especial atención na súa actividade de dinamización”. “Os Axóuxeres –engadiu– buscan a complicidade dos pais e das nais para que contribúan á cadea de transmisión da lingua e lles deixen aos seus fillos o galego como o mellor legado”.

 

O responsable de Política Lingüística definiu Os Axóuxeres como “unha programación consolidada da secretaría xeral, grazas á excelente resposta do público nos anos anteriores, que está a ter continuidade na presente edición 2010-2011”, concluíu.

 

Os Encontros dos Axóuxeres percorrerán concellos das catro provincias

Desde esta fin de semana ata o mes de marzo, Os Axóuxeres visitarán unha ducia de localidades de toda Galicia: Arteixo, Miño, Tui, Redondela, San Cibrao das Viñas, Muros, Vilalba, Verín, Foz, Vilagarcía de Arousa, Santa Comba e A Cañiza. Se na primeira parte da edición 2010-2011 –durante os pasados meses de setembro e de outubro­– Os Axóuxeres cativaron as sete cidades no seu formato de festas, agora percorrerán estoutros concellos cos encontros. Trátase dun espectáculo participativo dunha hora de duración que conxuga as cantigas tradicionais, a música, o teatro e os xogos en galego das festas nun formato máis reducido, adaptado ás poboacións e espazos de localidades máis pequenas.

 

Os obradoiros, a principal novidade da presente edición

Nesta edición, Os Axóuxeres contan cunha novidade importante: ademais das festas e dos encontros, inclúen por vez primeira a organización dos Obradoiros dos Axóuxeres. Trátase dunha actividade que busca darlles continuidade aos contidos dos outros dous formatos. A partir de cantos de arrolo tradicionais, de técnicas de masaxes para os bebés e de xogos de iniciación, os obradoiros pretenden axudarlles aos pais e nais a crear un maior vínculo co seu fillo nesta primeira etapa. Deste xeito, ademais de fomentar o contacto a través da tenrura e da diversión, favorécese a incorporación da lingua galega á comunicación entre as familias e os bebés.

 

Unha homenaxe aos avós, transmisores da lingua galega

Os Axóuxeres 2010-2011 homenaxean os avós e as avoas, en recoñecemento polo seu labor de coidadores, educadores e transmisores da lingua e da cultura galegas. Para iso contan coa colaboración do recoñecido actor Xosé Manuel Olveira, Pico, que interpreta o papel de Avó, e mais de Totó, o boneco protagonista dos Axóuxeres, que foi aprendendo a falar nas anteriores edicións do programa. Nesta ocasión, o Avó perde o seu caderno, onde  garda os debuxos máis bonitos, as cantigas máis fermosas, os xogos máis divertidos e as adiviñas de cando el era neno. E a súa neta Eli e mais Totó axudarano a atopalo.

 

Os Axóuxeres continúan na rede

Para que a actividade poida continuar na casa, a secretaría xeral pon á disposición dos pais e das nais as músicas, letras, xogos e demais materiais relacionados co programa dos Axóuxeres, que poden atoparse na rede, no portal deste departamento, no enderezo www.xunta.es/linguagalega/osaxouxeres. Ademais, este ano a actividade tamén está presente nas redes sociais, a través dos enderezos www.facebook.com/axouxeres e http://twitter.com/OsAxouxeres.   

Anuncios

3 comentarios sobre “Regresa el programa Os Axóuxeres para favorecer la transmisión de la lengua gallega desde bebés

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s