El gobierno gallego muestra su preocupación por el previsible recorte en la cuota de caballa y su impacto en la flota regional

Os directores xerais de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños, Pablo Fernández Asensio e o de Competitividade e Innovación, Juan Maneiro, foron informados en Madrid da situación da pesca desta especie
A CONSELLERÍA DO MAR AMÓSASE PREOCUPADA POLO PREVISIBLE RECORTE DA COTA DA CABALA E O SEU IMPACTO NA FROTA GALEGA

 A Consellería do Mar lamenta que o sector se vexa afectado pola reserva dunha parte da cota para compensar a sobrepesca de anos anteriores

Santiago, 28 de xaneiro de 2011.- A Consellería do Mar amósase preocupada pola previsible recorte da cota de cabala que deberá executar España para compensar a presunta sobrepesca desta especie en anos anteriores, tal e como recolle un informe da Unión Europea. A secretaria general do Mar, Alicia Villauriz, informou desta situación en Madrid aos directores xerais de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños, Pablo Fernández Asensio, e o de Competitiviade e Innovación Tecnolóxica, Juan Maneiro.
A Consellería considera que o sector galego de cerco, artes menores e arrastre verase moi prexudicado por este episodio e lembra que xa lle trasladara no seu momento ao Goberno Central as súas demandas por unha xestión desta pesquería máis igualitaria, acorde a criterios económicos e sociais e adaptada ás necesidades reais do sector pesqueiro galego.

Así, nas alegacións que a Xunta fixo á orde ministerial que regula a xestión da cabala, solicitábase unha xestión máis estricta, formulada en capturas por días, e de permanente información co obxectivo de evitar que a pesquería se pechase definitivamente “dun día para outro” nos primeiros meses, como ocorreu o ano pasado. Neste senso, a Consellería expresara as súas queixas pola incomprensión do modelo de control da xarda por parte do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño, que provocaba que os porcentaxes de consumo se elevasen de maneira inexplicada en certos días namentres que permanecían inalterados durante outros días de actividade.

O departamento que dirixe Rosa Quintana entende que, polo ben do sector, o Goberno debe establecer unha fronte común de traballo para determinar que estes axustes non se leven a cabo. Por último, a Consellería lembra que a captura desta especie por parte da frota galega en augas interiores de competencia autonómica foi mínima e cinxida fundamentalmente ao segundo semestre do ano.

Un comentario sobre “El gobierno gallego muestra su preocupación por el previsible recorte en la cuota de caballa y su impacto en la flota regional

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s