La Xunta adquiere el Castillo de Cambre para que dinamice Palas de Rei gracias al turismo

Aposta por manter e profundar nas medidas de apoio aos municipios: “Estamos incrementando un 20% as partidas para que os concellos podan contratar ás persoas indispensables para prestar servizos públicos de calidade, refírome, por exemplo, aos ámbitos do GRUMIR, socorrismo ou das emerxencias”

FEIJÓO ANUNCIA QUE A XUNTA ADQUIRIRÁ O CASTELO DE PAMBRE PARA QUE SEXA UNHA FORTALEZA PARA A ECONOMÍA DE PALAS DE REI E PARA O TURISMO GALEGO

 

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

  •  Agradece a colaboración dos propietarios da fortaleza, os Hermanos Misioneros dos Enfermos Pobres, “xa que a aportación que faremos os galegos para adquirir este patrimonio en prol de Galicia é unha aportación de estrito carácter social”
  • Afirma que a vocación turística de Galicia non se detén tralo Xacobeo e di que “do mesmo xeito que no resto da comunidade apostamos por novas perspectivas de futuro que complementen o tirón dos camiños de Santiago, como a Cidade da Cultura, tamén aquí, en Palas, apostamos por novas oportunidades turísticas

 

  •  Resalta que nos próximos días comezarán as obras de abastecemento da parroquia de San Cibrao, e “neste 2011 encargarase a redacción do proxecto para a construción de 15 vivendas de promoción pública”
  •  Sobre a Autovía que unirá Santiago con Lugo, salienta que “todos os trámites que a Xunta tiña que implentar para desbloquear o trazado entre Palas de Rei e Arzúa están implementados e xa non hai ningún atranco para poder licitar, adxudicar e construír a totalidade desa autovía”
  •  O Plan Impulsa Lugo xa ten mobilizado no Concello 5 millóns de euros
  •  Destaca o mantemento do Fondo de Cooperacións Local neste 2011, con 114 millóns de euros; e di que o Fondo de Compensación Ambiental permite, por primeira vez, a participación dos concellos nos beneficios que se obteñen do aproveitamento da enerxía eólica 
  •  Lembra que esa vontade de entendemento e de colaboración cos concellos ten dado moitos e importantes froitos no que vai de lexislatura, en ámbitos como o urbanismo; a tecnoloxía; o Pacto Local; ou “as normas de cómo debemos construír a Galicia do futuro”

Palas de Rei, 24 de xaneiro de 2011.- O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe que a Xunta de Galicia adquirirá o Castelo de Pambre tralo acordo alcanzado cos actuais propietarios, de xeito que este conxunto histórico construído a finais do século XIV pasará a formar parte do patrimonio de todos os galegos e converterase nunha fortaleza para a economía de Palas de Rei e para o turismo de Galicia. “A Xunta e o Concello –avanzou- temos chegado a un acordo cos propietarios actuais do castelo para poder adquirilo e dedicalo, a partir de agora, a conservalo e poñelo a disposición do turismo, da economía e da riqueza desta Comarca da Ulloa e de Galicia enteira”.

Neste sentido, Feijóo quixo agradecer a colaboración dos propietarios da fortaleza, os Hermanos Misioneros dos Enfermos Pobres, “xa que a aportación que faremos os galegos para adquirir este patrimonio en prol de Galicia é unha aportación de estrito carácter social. Estamos a falar dunha aportación que non é outra cousa que incrementar os compromisos sociais que a Xunta ten cos máis necesitados, a través desta exemplar orde relixiosa. Por primeira vez, imos adquirir un patrimonio para todos os galegos e o prezo será unha aportación para os máis necesitados. Estamos a falar, polo tanto, dunha gran decisión desde o punto de vista social, cultural, patrimonial e económico”.

Nunha visita institucional ao Concello de Palas de Rei, Núñez Feijóo subliñou que a vocación turística de Galicia non se detén tralo Xacobeo e, por iso, “do mesmo xeito que no resto da comunidade apostamos por novas perspectivas de futuro que complementen o tirón dos camiños de Santiago –como a Cidade da Cultura- tamén aquí, en Palas, apostamos por novas oportunidades turísticas, como o Castelo de Pambre”.

Neste senso, destacou que dende que o Castelo de Pambre se abriu ao público o pasado mes de xuño, preto de 14.000 visitantes se achegaron ata esta fortaleza; e mostrouse convencido de que a partir de agora “non só consigamos manter, senón que incrementemos estas cifras e que o Castelo de Pambre non só sexa unha fortaleza que encha de orgullo aos veciños, senón que tamén sexa unha fortaleza para a economía do Concello”.

Nesta aposta do Goberno galego para que Palas de Rei siga sendo parada obrigada de milleiros de visitantes, como o foi no pasado ano 2010, grazas ao tirón do Xacobeo e ao investimento para mellorar os dous Camiños que cruzan este municipio –o Primitivo e o Francés- así como varios espazos urbanos; resaltou que a nave de Os Chacotes, acondicionada como albergue temporal, poderá permanecer como albergue municipal no futuro. “Abrimos –recordou- outro albergue de peregrinos na parroquia de Merlán; restauramos o Camiño francés ao paso por San Xiao; rehabilitamos o retablo do Salvador da Igrexa de Vilar de Donas; e acondicionamos os locais de ensaio da Casa da Cultura”.

Feijóo garantiu o compromiso da Xunta cos concellos e avanzou un Palas de Rei “máis sólido, máis forte e próspero” con novos proxectos de abastecemento, vivendas de promoción pública e novas oportunidades turísticas, como o Castelo de Pambre. “Cada paso adiante dos concellos é un paso para lograr unha Galicia máis unida e máis próspera”, dixo.

Investimentos en Palas de Rei
Concretamente, explicou que nos próximos días comezarán as obras de abastecemento da parroquia de San Cibrao, e “estamos traballando para dar resposta ás necesidades dos veciños nun ámbito tan esencial como é a vivenda e así, neste 2011 encargarase a redacción do proxecto para a construción de 15 vivendas de promoción pública”.

No eido das infraestruturas e, en relación á Autovía que unirá Santiago con Lugo, Feijóo salientou que “todos os trámites que a Xunta tiña que implentar para desbloquear o trazado entre Palas de Rei e Arzúa están implementados e xa non hai ningún atranco para poder licitar, adxudicar e construír a totalidade desa autovía”. E, co obxecto de dar máis oportunidades industriais a Palas, engadiu que o Plan Impulsa Lugo xa ten mobilizado no Concello 5 millóns de euros.

Para mellorar as condicións de vida do sector agrogandeiro, subliñou que “temos en marcha convenios por máis de 600.000 euros para mellorar as zonas rurais deste Concello que garantan o desenvolvemento rural e que garantan en cada parroquia as mesmas oportunidades que no núcleo urbano”.

Manter e profundar nas medidas de apoio aos concellos
O responsable do Goberno galego avogou por recoñecer a importancia dos municipios e darlles o peso que lles corresponde no reparto do gasto público. “É un erro facer recaer só nos concellos e nas comunidades autónomas a responsabilidade indelegable da situación económica de España. E por iso, creo que é un erro reclamarlle aos concellos, en plena crise económica, preto de 500 millóns de euros, consecuencia dos presupostos irreais do Goberno de España nos anos 2008 e 2009”.

Pola contra, Feijóo garantiu que a Xunta vai manter e profundar nas medidas de apoio aos concellos e, neste sentido, lembrou que “mantemos, a pesar da diminución responsable dos presupostos da Xunta, o Fondo de Cooperación Local neste 2011, con 114 millóns de euros; e creamos o Fondo de Compensación Ambiental como medida que permite, por primeira vez, a participación dos concellos nos beneficios que se obteñen do aproveitamento da enerxía eólica”.

Así mesmo, salientou o apoio aos concellos nunha das materias máis relevantes neste momento, como é o emprego: “Estamos incrementando un 20% as partidas para que os concellos podan contratar ás persoas indispensables para prestar servizos públicos de calidade, refírome, por exemplo, aos ámbitos do GRUMIR, socorrismo ou das emerxencias”.

Por último, Feijóo lembrou que esa vontade de entendemento e de colaboración cos concellos ten dado moitos e importantes froitos no que vai de lexislatura, en ámbitos tan diversos como o urbanismo; a tecnoloxía; o Pacto Local; ou “as normas de cómo debemos construír a Galicia do futuro”. “Cremos que hai que consultar cos concellos. A iniciativa, a opinión e a participación da administración local e da administración autonómica é moi positiva se somos capaces de concluír e coincidir nos asuntos fundamentais dos cidadáns”, aseverou.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s