La Xunta completa la rehabilitación de seis puentes históricos de la comunidad autónoma

CULTURA REMATA AS OBRAS DE POSTA EN VALOR DE SEIS PONTES HISTÓRICAS A TRAVÉS DO PLAN DE RESTAURACIÓN 2010, QUE CONTOU CUN ORZAMENTO SUPERIOR AOS 700.000 EUROS

 La Consellería de Cultura completa las obras de puesta en valor de seis puentes históricos, a través del Plan de Restauración 2010, que contó con un presupuesto superior a los 700.000 euros. Las actuaciones se hicieron en los puentes de Pontedona (Coristanco), Traba (Noia), Marzá (Curtis), Pontaleiras (As Neves), Taboada (Lalín), y Vea (Teo).

  • Enmarcadas no ‘Plan de restauración de pontes históricas 2010’,  a Consellería de Cultura e Turismo vén de rematar as actuacións en: Ponte de Pontedona (Coristanco), Ponte de Traba (Noia), Ponte Marzá (Curtis), Ponte de Pontaleiras (As Neves), Ponte Taboada (Lalín) e Ponte Vea (Teo).

 

Santiago, 3 de xaneiro de 2011.- A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, vén de concluír por un importe superior aos 700.000 euros as obras de posta en valor de seis pontes de Galicia co obxecto de reparar os danos orixinados pola acción de diversos axentes, como a auga, a vexetación, ou o propio paso do tempo. O ‘Plan de restauración de pontes históricas 2010’ incluíu accións en: Ponte de Pontedona (Coristanco), Ponte de Traba (Noia), Ponte Marzá (Curtis), Ponte de Pontaleiras (As Neves), Ponte Taboada (Lalín) e Ponte Vea (Teo).

 

O ‘Plan de restauración de pontes históricas 2010’ recolle unha serie de actuacións nos elementos pertencentes ao Inventario Xeral do Patrimonio Cultural que presentaban necesidades urxentes de intervención, sempre de carácter de consolidación estrutural e reforzo. Estas intervencións garanten unha mellor conservación dos pontes e preveñen que o seu deterioro avance. A Dirección Xeral do Patrimonio Cultural considerou necesarias estas actuacións por tratarse duns bens históricos cunha natureza estrutural complexa sometida á acción continua das augas, que producía desperfectos que debían ser corrixidos na súa fase inicial, pois doutro xeito poderían ser irrecuperables.

 

Para levar a cabo as obras de reparación e consolidación da Ponte de Traba, en Noia, a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural destinou 285.000 euros. Estas intervencións eran necesarias para reparar o desplome dun dos tímpanos e a greta de separación da boquiña do arco 3, rehabilitar os pretís e outros tímpanos para evitar o seu progresivo deterioro. Asemade, tamén se realizou unha cimentación da oquedade na pila número 2, a pavimentación da calzada e unha limpeza dos muros.

 

O ‘Plan de restauración de pontes históricas’ desenvolvido durante o pasado ano 2010 tamén incluíu unha actuación por valor de 186.000 euros en Ponte Vea, no Concello de Teo. Esta intervención contemplaba a limpeza da fábrica da ponte, o peche de gretas, retacada e rexuntado con morteiro de cal. Asemade, realizouse un traballo de substitución do pavimento de formigón por adoquín de grao, reparouse o tallamar número 4 co desmontaxe de fábrica e un tramo de pretís.

 

A Consellería de Cultura e Turismo destinou 65.000 euros para reparar os danos causados no muro, pretil e camiño de acceso a Ponte Taboada, en Lalín.  En primeiro lugar realizouse unha disposición de valado provisional para asegurar a zona, colocouse o apeo provisional dos elementos non derrubados, e realizouse unha desmontaxe e montaxe dun treito de pretil por motivos de seguridade no traballo. A continuación recuperáronse as pezas caídas para a reconstrución do muro e o pretil, desbotando aquelas que caeran no río pola dificultade que esta operación suporía. Realizouse unha apertura de cimentación para o novo muro, montouse o pretil coas pezas recuperadas e finalmente pavimentouse o camiño.

 

Doutra banda, para a posta en valor da Ponte de Pontedona, en Coristanco, investíronse case 60.000 euros. En primeiro lugar, retirouse a maleza e a vexetación das pías, así como realizouse o corte e a retirada do arborado de ribeira en contacto coa ponte. A continuación recuperáronse as pezas de cantaría orixinais e construíuse unha ataguía que permitiu traballar en seco na reparación das pías, reparación que se realizou utilizando unha fábrica análoga para mellorar os recheos. Asemade, reconstruíronse as cimentacións repoñendo as pezas que faltaban e inxectando morteiro no seu interior. A Dirección Xeral ten previsto outra actuación na Ponte de Pontedona para cando as condicións climatolóxicas o permitan, deste xeito, cando estea seco o perímetro da pía no seu apoio construirase un reforzo exterior ao pé dos alicerces.

 

As obras en Ponte Marzá contaron cunha inversión de máis de 56.000 euros. Realizáronse tarefas de desbroce e clareo da maleza e arborado que crecera na ponte e no seu contorno e que deterioraban a pontella. Levouse a cabo a desmontaxe (en dúas fases con ataguías)  e montaxe  de sillares de pilas e estribos deteriorados; e a continuación o retacado, reforzo e acuñado sen desmontaxe. Colocáronse na súa situación orixinal as pezas do pretil, tallamares e espolóns recuperadas do río; reconstruíse a rampla de acceso da marxe esquerda, recuperando as pezas orixinais do pavimento e dos pequenos muros do borde para a súa posterior recolocación. Construíuse un novo van alintelado con pedra de granito para facilitar o desaugamento da ponte e instaláronse fitos de pedra labrada nas entradas da ponte para evitar a circulación de vehículos.

 

O ‘Plan de restauración de pontes históricas’ incluíu unha intervención por valor de 55.000 euros na Ponte de Pontaleiras, no Concello das Neves. A actuación tivo como obxectivo fundamental a reparación e consolidación da ponte, a cal presentaba un afundimento na súa bóveda, sendo esta deformación máis pronunciada no inferior da ponte. Tamén se resolveron os problemas derivados da escorrentía de auga polo acceso a ponte. Para elo, os principais traballos executados foron de limpeza dos paramentos da ponte; reforzo da bóveda cunha rosca de formigón en masa;e reposición do recheo e execución de novo pavimento na ponte e os seus accesos. Asemade, colocouse unha cornixa de graniton e recolléronse e canalizáronse as augas de escorrentía.

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s