No primeiro trimestre de 2011 elaborarase e expoñerase o proxecto de viabilidade económica e financeira deste novo hospital e na primeira metade do ano xa estará licitado
En el primer trimestre de 2011 se elaborará y expondrá el proyecto de viabilidad económica y financiera del nuevo hospital, y en la primera mitad del año ya estará licitado
FEIJÓO AVANZA QUE O NOVO HOSPITAL PÚBLICO DE PONTEVEDRA ESTARÁ ADXUDICADO ANTES DE FINAIS DE 2011 E AS OBRAS LISTAS UN ANO ANTES DO QUE ESTARÍA A AMPLIACIÓN DE MONTECELO
Feijóo avanza que el nuevo hospital público de Pontevedra estará adjudicado antes de finales de 2011 y las obras listas un año antes de lo que lo estaría la ampliación de Montecelo
- Salienta que este hospital estará “actualizado ás necesidades”, será un hospital “de futuro” e “sen papeis”, un hospital “con capacidade de crecemento harmónico” e un hospital “100% público que permitirá a Pontevedra pasar a formar parte das grandes infraestruturas hospitalarias de Europa con carácter inmediato”
- A nova infraestrutura contará cunha unidade de emerxencias ben dimensionada e cos últimos avances en tecnoloxía diagnóstica e terapéutica; con hemodinámica e radioterapia; con máis dun 60% de habitacións individuais; e cunha superficie construída de 150.000 metros cadrados e 2.000 prazas de aparcamento
- Feijóo resalta as vantaxes do novo hospital que non terá “limitación formal”, permitirá facer unha articulación “máis coherente entre o territorio e o hospital”, contará cunha “vida útil notablemente maior que a da reforma” e, sobre todo, que a súa construción non interferirá na actividade asistencial do centro actual
- “Estamos a cumprir os compromisos que adquirimos cos cidadáns desta comarca e temos rematado todos os trámites previos necesarios para a licitación e contratación definitiva do novo hospital público”, asevera
Santiago, 27 de decembro de 2010.- O presidente da Xunta avanzou, na presentación do proxecto do novo Hospital de Pontevedra, que esta infraestrutura hospitalaria estará adxudicada antes de que remate o 2011 e as obras listas un ano antes do que estaría a ampliación de Montecelo, inicialmente prevista e que «nos situaba a finais de 2015». Na súa intervención, Alberto Núñez Feijóo abondou en que no primeiro trimestre de ano estará elaborado e será exposto o proxecto de viabilidade económica e financeira do hospital, que, dixo, xa será licitado na primeira metade do vindeiro ano.
O xefe do Executivo autonómico explicou que hoxe se presenta un proxecto dun novo hospital que estará “actualizado ás necesidades”, con 723 camas, 82 máis que as que prevía a ampliación de Montecelo; un hospital “de futuro, único, sostible, ecolóxico e humanizado”, que presta especial atención á humanización da área materno-infantil, oncolóxica e de coidados paliativos; un hospital “sen papeis”, ao contar coa última tecnoloxía en sistemas de información; un hospital con capacidade de crecemento harmónico no futuro; un hospital cunha unidade de urxencias ben dimensionada e cos últimos avances en tecnoloxía diagnóstica e terapéutica, que contará con hemodinámica, radioterapia e todos os servizos dun hospital de segundo nivel; un hospital con máis dun 60% de habitacións individuais; cunha superficie construída de 150.000 metros cadrados, fronte aos 90.000 que tería a ampliación de Montecelo e con 2.000 pazas de aparcamento; e por suposto –subliñou Feijóo-, “un hospital 100% público que permitirá a Pontevedra pasar a formar parte das grandes infraestruturas hospitalarias de Europa”.
As vantaxes da construción dun novo centro
“Penso que todos coincidimos en que os pontevedreses necesitan e merecen unha atención sanitaria mellor e máis acorde ás realidades actuais”, sinalou o mandatario galego remarcando que por esta razón o Goberno galego decidiu “non dar ningún paso atrás, senón dar un salto cualitativo que é construír un novo hospital público en Pontevedra”.
“Queremos dar a reposta máis satisfactoria para Pontevedra e para toda a súa área de influencia; e cremos que aínda mellor ampliación posible acabaría por quedarse raquítica a medio-longo prazo”, indicou. Por iso, aseverou, “desde o primeiro día traballamos por facer realidade un novo hospital que ofrece múltiples vantaxes”. Entre outras, Feijóo explicou que “non existe limitación formal”, xa que non hai que adaptarse ao edificio existente nin á topografía; que este proxecto permite facer unha articulación máis coherente entre o territorio e o hospital, tanto en accesos como en integración do territorio; que a vida útil da nova infraestrutura será notablemente maior que a da reforma; e, sobre todo, que a nova construción non interfire na actividade asistencial dentro do centro actual, o que permite, dixo, adiantar os prazos con respecto á proposta do anterior Goberno, susceptible de xerar retraso.
Cumprindo compromisos
O presidente galego incidiu en que con esta infraestrutura o Goberno da Xunta está a cumprir cos compromisos adquiridos cos cidadáns de Pontevedra e comarca e rematando todos os trámites previos necesarios para a licitación e contratación definitiva do novo Hospital público. “Cumprimos o compromiso de desistir do proceso anterior e declarar a incidencia supramunicipal do novo hospital; cumprimos o compromiso de elaborar e presentar o Plan funcional e o Plan de espazos; cumprimos o compromiso de desbloquear os accesos ao novo Hospital para poder garantir o seu funcionamento desde o principio; e cumprimos o compromiso de licitar e adxudicar a redacción do proxecto, que hoxe presentamos á sociedade”, argumentou.
“Se hoxe podemos presentar un proxecto do novo hospital público de Pontevedra que tentará ofrecer as mellores condicións posibles a pacientes e profesionais sanitarios é porque nos últimos meses abordamos con axilidade e sobre todo con presupostos cada paso necesario para que o novo hospital público sexa posible”, incidiu Feijóo.
Aposta polas infraestruturas sanitarias
O presidente galego tamén lembrou o esforzo “sen precedentes” que está a facer o Executivo autonómico para abrir nesta lexislatura tres novos hospitais públicos e poñer ao día a rede de centros de saúde. Así lembrou que, desde á súa chegada á Xunta, en materia de atención primaria, “temos rematados ou en marcha a reforma de 8 ambulatorios; e rematados ou en marcha a construción de 34 novos centros de saúde”. De feito, subliñou, antes de que remate o ano imos licitar de forma simultánea 19 novos ambulatorios. Así mesmo, afirmou, nas próximas semanas “imos culminar o traslado ao novo hospital público de Lugo”, temos adxudicado o novo Hospital público de Vigo, que reequilibrará as necesidades dunha área que atente a máis de 600.000 persoas; e hoxe damos un novo paso para cumprir tamén o noso compromiso aquí, que é construír un novo Hospital público para Pontevedra”.
O presidente da Xunta rematou a súa intervención asegurando que “esta área sanitaria que atende a máis de 300.000 galegos vaia contar nos vindeiros anos cun dos hospitais máis modernos de Europa debe animarnos a seguir ambicionando calquera obxectivo para Pontevedra”.
[…] Actualizados : El nuevo hospital público de Pontevedra se licitará antes de julio de 2011 El tráfico de mercancías se incrementa en los puertos gallegos un 65% tras rebajarse las […]
Me gustaMe gusta