El conselleiro de Medio Rural defiende en el Parlamento gallego el actual sistema de identificación de ganado

JUÁREZ DEFENDE NO PARLAMENTO O ACTUAL SISTEMA DE IDENTIFICACIÓN DE GANDO COMO “ESIXENTE, MINUCIOSO E GARANTISTA”

 El conselleiro de Medio Rural defiende en el Parlamento gallego el actual sistema de identificación de ganado calificándolo de «exigente, minucioso y garantista»

  • O conselleiro do Medio Rural negou categoricamente que a Xunta estea a mudar o actual sistema e puntualizou que “o que vai haber é tan só un cambio nas persoas que lles poñen as marcas auriculares (crotais) aos becerros”
  • En resposta a unha interpelación do BNG, Juárez cualificou de “intolerable que se cuestione a profesionalidade dos nosos gandeiros” e como “totalmente irresponsable” que se sementen “dúbidas sobre a sanidade das nosas carnes”

 

Santiago, 15 de decembro de 2010.- O actual sistema de identificación e rexistro do gando en Galicia (o mesmo que no resto de España e no conxunto da UE) é “esixente, minucioso e garantista” e responde ás esixencias dos consumidores. Así o destacou o conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, en resposta a unha interpelación do grupo do BNG no pleno do Parlamento galego. O titular de Medio Rural negou categoricamente que a Xunta estea a mudar o actual sistema e puntualizou que “o que vai haber é un cambio nas persoas que lles poñen as marcas auriculares (crotais) aos becerros”, pero insistiu en que “o sistema é o mesmo, coas mesmas garantías”.

 

Na súa intervención na Cámara, Juárez repasou os obxectivos e a evolución histórica dos procesos e a normativa sobre identificación e rexistro dos animais de abasto no ámbito galego, español e comunitario. Así, lembrou que a finalidade desta operación é ter unha correcta trazabilidade dos animais e detectar rapidamente a orixe de posibles doenzas. Dixo ademais que esta materia está regulada na normativa comunitaria desde o ano 1992, sendo unha obriga para as explotacións gandeiras.

 

Na especie bovina –explicou o conselleiro– esta operación consiste na colocación de dous crotais, un en cada orella, antes dos 20 días de vida do animal ou antes de que abandone a explotación de orixe. Logo de poñelos, hai que comunicarllo oficialmente para darlle de alta na base de datos ao rexistro oficial da Consellería do Medio Rural e ao mesmo tempo rexistrar o exemplar no propio libro da explotación.

 

Responsabilidade do gandeiro

Juárez engadiu que cando se implantou o sistema, hai doce anos, a Xunta optou por concertar con veterinarios autónomos a realización da identificación e –naquel momento– a expedición dos certificados veterinarios que tiñan que acompañar aos animais para o matadoiro. Aclarou ademais que “este non foi, e non é, o procedemento adoptado por outras comunidades autónomas ou por outros estados da UE, onde o habitual é que a aplicación das marcas auriculares a faga directamente o gandeiro ou persoa encargada por este”. De feito –engadiu– “na lexislación europea e nacional a identificación é unha responsabilidade do gandeiro”.

 

Proseguindo con este relato histórico, Juárez advertiu que en 2008 desapareceu a esixencia do certificado veterinario, co que desapareceu tamén unha das funcións que o colectivo de veterinarios viña realizando.

Eses profesionais veterinarios foran incorporados ese mesmo ano á empresa Seaga, á que a Consellería viña encomendando esta tarefa cun custe anual próximo aos 5 millóns de euros.

 Para o ano 2010, concluiu Juárez, “esa encomenda da Xunta a Seaga para esta finalidade viuse sensiblemente reducida, como consecuencia da redución da carga de traballo e no actual contexto orzamentario non se xustifica seguir soportando o custe de facer mediante encomenda unha tarefa que corresponde aos gandeiros”, e para a que contan, ademais, co apoio de entidades colaboradoras como as agrupacións de defensa sanitaria ou as cooperativas.

 Afondando na súa argumentación, o conselleiro incidiu tamén no feito de que “os gandeiros son profesionais e responsables, como primeira parte da cadea alimentaria, e asumen moitas responsabilidades notablemente máis importantes que a de identificar o gando”. Por iso, dixo, “resulta intolerable que se cuestione a profesionalidade dos nosos gandeiros” e cualificou como “totalmente irresponsable” que se sementen “dúbidas sobre a sanidade das nosas carnes”.

 

Ademais, o conselleiro aclarou que “é evidente que o feito de non facer esta encomenda de xestión a Seaga é unha decisión difícil” polas consecuencias laborais que ten (a empresa viuse obrigada a presentar un ERE para estes traballadores), pero “como gobernante me corresponde tomar as decisións máis próximas ao interese xeral, me corresponde xestionar os recursos públicos de xeito eficiente, e moito máis nas actuais circunstancias económicas e, nestas circunstancias, esta encomenda de xestión non resiste un mínimo análise custe-beneficio”.

 

Profesionalización das explotacións

Como datos que reforzan a súa explicación, no sentido de que as circunstancias da nosa gandería son hoxe moi diferentes ao que foron hai dez anos, con menos explotacións, explotacións máis grandes e máis profesionalizadas, o conselleiro aportou no Pleno os referidos a número de granxas e animais.

 

Así, dixo que Galicia pasou de 72.801 explotacións de bovino no ano 2000 a 39.026 neste 2010, con 772.582 animais (de máis de doce meses) no comezo da década e 680.413 na actualidade.

 

Un comentario sobre “El conselleiro de Medio Rural defiende en el Parlamento gallego el actual sistema de identificación de ganado

¿Y tú qué opinas de esto?