A VARIACIÓN INTERANUAL DO IPC SITÚASE NO MES DE NOVEMBRO EN GALICIA NO 2,4%
La variación interanual del IPC se sitúa en el mes de noviembre en Galicia en el 2,4%. La provincia en la que menos subieron los precios el mes pasado fue Lugo, con un 0,4%. Los grupos menos inflacionistas en noviembre fueron los de ‘Ocio y Cultura’, ‘Hoteles, cafés y restaurantes’, ‘Menaje doméstico’ y ‘Medicina’
- A provincia galega na que menos subiron os prezos o mes pasado foi Lugo cun 0,4%
- Os grupos menos inflacionistas en novembro foron os de ‘Ocio e Cultura’, ‘Hoteis, cafés e restaurantes’, ‘Enxoval’ e ‘Medicina’
Santiago, 15 de decembro de 2010.- A variación interanual do Índice de Prezos ao Consumo (IPC) en Galicia situouse no 2,4% no pasado mes de novembro. Con este rexistro o nivel de prezos respecto a hai un ano situouse unha décima por riba da media do conxunto de España (2,3%). Así o reflicten os datos feitos públicos hoxe polo Instituto Nacional de Estadística (INE), que recollen que o IPC se incrementou o pasado mes un 0,6%, unha décima máis que no Estado (0,5%)
Na evolución por capítulos, os grupos que tiveron un comportamento menos inflacionista en novembro en relación a outubro foron ‘Ocio e Cultura’ (-0,6%), ‘Hoteis, cafés e restaurantes’ (-0,3%), e ‘Enxoval’ que xunto con ‘Medicina’ descendeu un -0,1%. Por outra banda, o apartado cunha maior suba dos prezos foi o de ‘Vestido e Calzado’ (4,2%).
Na evolución interanual, os grupos que rexistraron unha maior caída do IPC foron o de ‘Ocio e cultura’ (-0,9%), ‘Comunicacións’ (-0,8%) e ‘Medicina’ (-0,2%). Pola contra, os que presentan máis incremento son ‘Bebidas alcohólicas e tabaco’ (7,8%), ‘Vivenda’ (6,7%) e ‘Transporte’ (6,5%).
Índices provinciais
En relación cos índices provinciais, a provincia galega na que menos se incrementaron os prezos en novembro foi a de Lugo cun 0,4%. En relación ao IPC interanual, a provincia que presenta unha suba do IPC menos acusada é tamén a de Lugo (2,3%).
| IPC Intermensual | IPC Acumulado 2010 | IPC Interanual | |
| GALICIA | 0,6 | 2,4 | 2,4 |
| ESPAÑA | 0,5 | 2,4 | 2,3 |
| IPC Intermensual | IPC Acumulado 2010 | IPC Interanual | |
| A CORUÑA | 0,6 | 2,4 | 2,4 |
| LUGO | 0,4 | 2,3 | 2,3 |
| OURENSE | 0,5 | 2,8 | 2,5 |
| PONTEVEDRA | 0,7 | 2,5 | 2,4 |
VARIACIÓNS INTERANUAIS E INTERMENSUAIS DOS 12 GRUPOS
|
VARIACIÓN INTERANUAL |
VARIACIÓN INTERMENSUAL |
|||||
| Galicia | España | Galicia | España | |||
| Alimentos e bebidas non alcohólicas | 0,4 | 0,5 | 0,2 | 0,2 | ||
| Bebidas alcohólicas e tabaco | 7,8 | 8,5 | 0,1 | 0,1 | ||
| Vestido e calzado | 0,4 | 0,6 | 4,2 | 4,8 | ||
| Vivenda | 6,7 | 5,4 | 0,5 | 0,4 | ||
| Enxoval
|
0,7 | 0,9 | -0,1 | 0,2 | ||
| Medicina
|
-0,2 | -1,2 | -0,1 | -0,2 | ||
| Transporte
|
6,5 | 6,7 | 0,9 | 0,9 | ||
| Comunicacións
|
-0,8 | -0,7 | 0,0 | 0,0 | ||
| Ocio e Cultura
|
-0,9 | -1,0 | -0,6 | -0,9 | ||
| Ensino
|
2,2 | 2,3 | 0,2 | 0,1 | ||
| Hoteis, cafés e restaurantes
|
2,0 | 1,5 | -0,3 | -0,2 | ||
| Outros
|
2,4 | 2,7 | 0,0 | 0,1 | ||
|
Xeral |
2,4 | 2,3 | 0,6 | 0,5 | ||
La pagina de tu Blog se ha actualizado…
[..]Articulo Indexado Correctamente en la Blogosfera de Sysmaya[..]…
Me gustaMe gusta
[…] Autor:https://asturgalicia.wordpress.com/2010/12/15/los-precios-subieron-en-galicia-en-noviembre-un-24/ galicia, noviembre, PRECIOS, subieron […]
Me gustaMe gusta