Feijóo insta a Blanco a cumplir el Pacto del Obradorio para 2015 como estaba acordado

O presidente da Xunta subliña que “o Goberno de España vai atopar na Xunta de Galicia, sempre, lealdade e esixencia cos intereses dos galegos e cooperación en todas as grandes infraestruturas

Feijoo le recuerda al ministro Blanco que el pacto del Obradoiro está vigente y debe cumplirse para 2015

FEIJÓO DESTACA A VIXENCIA DO PACTO DO OBRADOIRO AO MANTERSE O OBXECTIVO FINAL DO 2015 PESE AO DESLIZAMENTO DO INICIO

 Salienta que “a primeira e máis importante certeza” é que Galicia terá AVE, “algo polo que os galegos estamos loitando desde fai moitos anos”
 O ministro de Fomento afirmou que se licitará este mes no DOCE e no primeiro trimestre no BOE e rematará a finais de 2015
 Explica que haberá unha modificación no sistema de financiamento previsto para o AVE galego. “No Pacto do Obradoiro só se contemplaba a posibilidade do modelo de financiamento público-privado na liña Ourense-Vigo e agora o Goberno o fará tamén noutros tramos”

Madrid, 13 de decembro de 2010.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou esta tarde, trala reunión co ministro de Fomento, a vixencia do Pacto do Obradoiro ao manterse o obxectivo de finais de 2015 para o remate do AVE pese ao deslizamento do inicio. “Esta reunión –aseverou- amosa a vixencia do Pacto do Obradoiro, posto que a Xunta e o Goberno de España seguimos compartindo os mesmos intereses no que se refire ao AVE galego. Segue vixente lograr o mesmo obxectivo: o AVE a finais do 2015”.

En declaracións aos medios de comunicación, o responsable autonómico, que recoñeceu que asistiu ao encontro “cunha serie de inquietudes” que transmitiu ao Ministro, afirmou saír da xuntanza “con menos inquedanzas e máis certezas”. Neste sentido, explicou que “a primeira e máis importante certeza é que Galicia terá AVE. Nun momento de descenso dos recursos públicos saúdamos que, neste caso, o Goberno non renuncie ao AVE galego, algo polo que os galegos estamos loitando desde fai moitos anos”.

O ministro de Fomento afirmou que se licitará este mes no DOCE e no primeiro trimestre no BOE e rematará a finais de 2015. “Así mesmo, -engadiu- haberá unha modificación no sistema de financiamento previsto para o AVE galego. No Pacto do Obradoiro –matizou- só se contemplaba a posibilidade do modelo de financiamento público-privado na liña Ourense-Vigo e agora o Goberno o fará tamén noutros tramos”.

Feijóo reiterou a súa satisfacción de que o AVE galego siga adiante “xa que continuar coas obras do AVE é, ademais, un acerto estratéxico para o progreso de Galicia e de España. E respecto aos novos prazos de licitación, -engadiu- pedinlle ao Ministro que se atopara a fórmula máis axeitada para que o deslizamento no inicio non contamine o obxectivo final de que o AVE estea funcionando a finais de 2015”.

O presidente da Xunta lembrou que o Pacto do Obradoiro significou o recoñecemento á xustiza das demandas de Galicia; “significou, despois de anos de incumprimentos e incertezas, que Galicia contara con realidades e certezas sobre prazos e inversións para o seu proxecto de Alta Velocidade; e cun compromiso por escrito de transparencia e inversión por parte do Goberno de España, Galicia asumiu incumprimentos antigos para non ter que volver a facelo nunca máis”.

“A Xunta non tivo ningún problema –todo o contrario-, en dicir que o Pacto se cumpriu durante 2009; e con esa mesma claridade quero dicir que no relativo a 2010 se estaban xerando unha serie de incertezas posto que as licitacións comprometidas no Acordo do Obradoiro non se estaban trasladando ao Boletín Oficial do Estado”.

Por último, o presidente do Executivo galego salientou que o encontro desenvolveuse con “cordialidade e sinceridade”; “e en todo momento –engadiu- prevaleceu os intereses comúns que temos como responsables públicos e como galegos”. E destacou que “o Goberno de España vai atopar na Xunta de Galicia, sempre, lealdade e esixencia cos intereses dos galegos e cooperación en todas as grandes infraestruturas”.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s