Augas de Galicia achega un orzamento de máis de 116.000 euros para este plan
La Xunta licita un proyecto de auscultación y vigilancia de las presas de Cecebre, Forcadas, Eiras, Bayona y Con. Augas de Galicia destina al plan un presupuesto de 116.000 euros
A XUNTA LICITA UN PROXECTO DE AUSCULTACIÓN E VIXILANCIA DAS PRESAS DE CECEBRE, FORCADAS, EIRAS, BAIONA E CON
- O obxecto do contrato é xustificar e documentar o estado de funcionamento e seguridade das presas así como o procesamento dos datos resultado do proceso
- No plan inclúense toma de lecturas, redacción dun informe final sobre medicións ou mantemento e conservación dos instrumentos de auscultación
- O prazo de execución deste proxecto hidráulico é dun ano
Santiago, 10 de decembro de 2010.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas publica onte no Diario Oficial de Galicia (DOG) a licitación do proxecto de auscultación e vixilancia das presas de Cecebre, Forcadas, Eiras, Baiona e Con.
O Goberno galego, a través do organismo Augas de Galicia, achega un orzamento de máis de 116.000 euros para levar a cabo as citadas actuacións hidráulicas que teñen un prazo de execución dun ano.
O obxecto do contrato é xustificar e documentar o estado de funcionamento e seguridade das presas de Forcadas, Cecebre, Eiras, Baiona e Con así como o procesamento dos datos resultado do proceso. Deste xeito, cúmprese co Real Decreto 9/2008, de 11 de xaneiro, polo que se modifica o Regulamento do Dominio Público Hidráulico.
Cómpre sinalar que estas presas pertencen ao ámbito territorial de Galicia-Costa e son de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia.
O proxecto contempla a realización dun plan detallado de toma de lecturas en instrumentos de auscultación e en aforadores dos caudais evacuados pola rede de drenaxe e nivelación semestral da coroación de presas. Tamén se realizará unha análise periódico das lecturas obtidas na auscultación e na inspección das presas e envío das lecturas máis características. As visitas de inspección ás presas e a redacción de informes periódicos integran puntos fundamentais do desenvolvemento do proxecto de auscultación e vixilancia.
No plan detállase a redacción dun informe final anual recompilando as medicións efectuadas, analizando e comparando os datos obtidos e deducindo o comportamento e o estado da seguridade da presa. Este informe incluirá unha reportaxe fotográfica e unha valoración económica das actuacións a executar para o mantemento dos equipos, en caso de ser preciso. Tamén se indica que se deberá realizar un proceso de mantemento e conservación dos instrumentos de auscultación.
[…] los Picos de Europa a las comunidades autónomas de Cantabria, Castilla y León, y Asturias Arranca un proyecto autonómico de vigilancia y análisis de las presas gallegas Arde un almacén de repuestos de vehículos en Avilés Un tren que llevaba […]
Me gustaMe gusta