La Xunta echa las culpas al gobierno central de no mantener la alerta naranja el viernes y del bloqueo de la autopista del Atlántico

A Xunta recorda que mantivo o dispositivo para facer fronte ao temporal pese a que a Axencia Estatal de Meteoroloxía deu por finalizada a alerta laranxa o xoves á noite

La Xunta desea recordar, ante las quejas recibidas por la gestión del temporal de hielo y nieve, que mantuvo el dipositivo para hacer frente al citado temporal, pese a que la Agencia Estatal dio por finalizada la alerta naranja el jueves por la noche

  • La Agencia Estatal de Meteorología (Aemet), dependiente del gobierno central, es el único organismo habilitado para emitir alertas oficiales
  • Las mayores dificultades tuvieron lugar en la autopista del Atlántico AP-9, «competencia también del gobierno central», dice el Ejecutivo gallego

 

  • A Aemet, dependente do Goberno central, é o único organismo habilitado para emitir alertas oficiais
  • As maiores dificultades ocorreron na Autopista do Atlántico AP-9, competencia tamén do Executivo central

Santiago, 4 de decembro do 2010.- A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza quere reiterar unha vez máis que o único organismo que emite alertas oficiais ao respecto de meteoroloxía é a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), que depende do Goberno central e que deu por finalizada a alerta laranxa por frío e neve en Galicia na medianoite de onte. De feito, a Aemet só mantivo para hoxe en Galicia unha alerta amarela na provincia de Ourense por baixas temperaturas.

A pesar diso, e á vista de que Meteogalicia advertiu da posibilidade de xeadas xeneralizadas nas primeiras horas de hoxe, a Xunta enviou onte unha circular a todos os centros educativos e ás federacións de transportistas para pedirlles que extremasen as precaucións, e mantivo operativo o dispositivo para facer fronte á neve e ao xeo, o que contribuíu a minimizar as incidencias e a evitar males maiores.

Durante toda a xornada de onte e durante toda a noite, os equipos da Xunta de Galicia estiveron traballando sen descanso con todos os equipos e medios dispoñibles para poder resolver as incidencias e facilitar o tránsito pola rede de titularidade autonómica, estando presentes en todo momento nas zonas máis conflitivas e atendendo as incidencias dende o Centro de Atención ás Emerxencias 112, que xestionou máis de 200 só ao longo desta noite. Ademais, dende que dou comezo o temporal, a Xunta leva esparelladas máis 2.600 toneladas de sal na rede viaria galega.

De feito, os maiores problemas e as maiores incidencias tiveron lugar na Autoestrada do Atlántico AP-9, tamén de titularidade estatal. O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, xa anunciou que solicitará información ao Ministerio de Fomento para coñecer se a concesionaria da autoestrada tomou as medidas preventivas fronte ao temporal.

Dáse ademais a circunstancia de que tanto a titularidade da AP-9 como o servizo meteorolóxico son dúas das competencias cuxa transferencia ten reclamada a Xunta ao Goberno central en varias ocasións, e forman parte do paquete que o Goberno galego defenderá na comisión mixta de transferencias se finalmente o Executivo central ten a ben convocala, xa que a Xunta xa solicitou formalmente a reunión hai dous meses.
 

Anuncio publicitario

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s