Alfonso Rueda sinala que o Goberno galego conta cun amplo dispositivo preparado para actuar cando sexa necesario ao longo deste inverno
El conselleiro de Medio Ambiente señala que el gobierno gallego cuenta con un amplio dispositivo preparado para actuar cuando sea necesario a lo largo de este invierno
Cerca de 500 personas trabajan en más de 30 centros de conservación para garantizar que la red de carreteras autonómicas se halle en óptimas condiciones
PRETO DE 500 PERSOAS TRABALLAN EN MÁIS DE 30 CENTROS DE CONSERVACIÓN PARA GARANTIR EN ÓPTIMAS CONDICIÓNS A REDE DE ESTRADAS AUTONÓMICAS
- O funcionamento deste operativo para manter as estradas de Galicia nas condicións axeitadas de viabilidade conta cun investimento de 3,5 millóns de euros
- A Xunta dispón de 9.000 toneladas de sal para estender ao longo da rede de estradas da súa competencia, sobre todo en 900 quilómetros máis problemáticos
- En total contase con 32 centros operativos, 44 reservas fundentes, 141 maquinas e case 500 persoas para dar solucións aos problemas que poidan xurdir, así como eliminar riscos nas estradas
- As medidas divídense en dous grandes grupos as destinadas a anticiparse aos posibles problemas e as que garanten a viabilidade e intentar incrementar a seguridade nas estradas
Santiago,2 de decembro de 2010.- Un operativo de case 500 persoas traballan nos 32 centros de conservación de estradas para garantir que a rede de estradas autonómicas se atope en óptimas condicións de circulación. O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, destacou esta mañá -durante unha visita ao Centro de conservación de Lalín- que este operativo está en funcionamento dende o pasado 1 de novembro.
A modo de exemplo, destacou que nas estradas da zona Norte de Pontevedra (Lalín-Folgoso PO-534, Lalín-Alto do Faro PO-533, Lalín-Limite provincia Ourense PO-902, Lalín-Vila de Cruces PO-206 ou Silleda- Vila de Cruces PO-205, por exemplo) xa se estenderon case 200 toneladas de fundente nas actuacións de tratamento preventivo e curativo, aqueles casos nos que se actúa cando hai presenza de neve ou xeo na estrada. Sinalou que nas estradas AG-53 e na AG-54, diariamente, se realiza un percorrido por estes viales e se extende sal para evitar as posibles incidencias, sobre todo naqueles tramos –como dende o punto quilométrico 56 ata o 74- que se atopan a unha maior altitude. No caso das estradas de Lugo, dende a posta en marcha deste operativo executáronse 153 actuacións preventivas e un total de 23 curativas.
Sinalou que o Plan de Viabilidade invernal permite actuar para mellorar as condicións de circulación ante os efectos adversos que a meteoroloxía xera no período invernal. As medidas e actuacións divídense en dous grandes grupos, aquelas que permiten anticiparse aos posibles problemas que poidan xurdir e as que garanten a vialibidade e intentar incrementar a seguridade nas estradas. Recordou que a Xunta de Galicia protexe máis de 5.000 quilómetros (5.434) da rede de estradas da Rede Autonómica cun operativo especial de inverno de preto de 3,5 millóns de euros.
O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, destacou que hai un amplo dispositivo preparado para actuar cando sexa necesario ao longo deste inverno. Advertiu que aínda hai alerta amarela no interior de Lugo e Ourense e para hoxe podería haber nevaradas en moitos puntos de Galicia, por riba dos 300 metros. Ante esta situación, insistiu na necesidade de incidir en que se extremen as precaucións, especialmente ao volante, se leven cadeas nos vehículos e se consulte o estado da rede viaria antes de iniciar un desprazamento.
Da rede autonómica total, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas ten identificadas as vías máis susceptibles de ter problemas de neve. En total suman 873 quilómetros (16% da lonxitude total da rede autonómica de estradas) distribuídas do seguinte xeito:
PROVINCIA | TREITOS CUN MAIOR RISCO DE NEVE (KM) | LONXITUDE TOTAL EN SERVIZO (KM) |
A CORUÑA | 190 | 1.676,61 |
LUGO | 291 | 1.460,22 |
OURENSE | 270 | 1.021,17 |
PONTEVEDRA | 122 | 1.276,46 |
TOTAL | 873 | 5.434,06 |
O plan de viabilidade implica a posta a disposición de diferentes medios en cada provincia, como os materiais (centros operativos, reservas de fundentes –sal ou salmoira- e maquinaria) e medios humanos.
A aplicación deste medios levarase a cabo a través dos axentes dos servizos de infraestruturas de cada provincia, contratos de conservación integral e das vías de alta capacidade. Isto implica a posta en marcha de 32 centros operativos, 44 reservas fundentes, 141 maquinas e case 500 persoas.
En definitiva, trátase cumprir co obxecto de garantir mellorar as condicións de vialidade, que se poden ver dificultadas no inverno pola presenza de fortes choivas, a formación de placas de xeo, ou a aparición de neve. Cando aparece xeo ou neve nas estradas o principal problema para a condución é a perda de agarre dos vehículos, o que pode provocar deslizamentos, perdas de control, e, como última consecuencia, un accidente.
Responsabilidade e información permanente
O conselleiro solicitou aos cidadáns prudencia e responsabilidade á hora de desplazarse, para evitar situacións de perigo. Nese senso, recordou que os cidadáns teñen o deber de cumprir a normativa de seguridade, así como as indicacións que se fan ante situacións de adverisidade nas estradas, que incidencias que adoitan a trasladarse a través dos paneis de información variable, que permiten avisar ao usuario das inclemencias, para que circule con precaución, e poda elixir o percorrido máis idóneo.
Tamén, animou aos usuarios a informase da situación das estradas se van a realizar algún desplazamento, polo que é recomendable chamar ao número da Dirección Xeral de Tráfico (DGT 900 123 505) ou ao de Emerxencias de Galicia (112). Tamén internet, navegando a través das páxinas web da DGT para coñecer a situación do tráfico (http://www.dgt.es/) e das condicións meteorolóxicas no portal de MeteoGalicia (http://www.meteogalicia.es/) e da Axencia estatal de meteoroloxía (http://www.inm.es/).
Operativo en cifras
A Comunidade galega conta con 32 centros operativos dende o que 500 operarios (do servizo de infraestruturas, de conservación integral e das concesionarias das vías de altas prestacións) se distribúen e encargan das tarefas de conservación, dos cales 9 están na provincia da Coruña, 7 en Lugo, 6 en Ourense e os 10 restantes en Pontevedra. Así, o reparto de operarios por centro e provincia é o seguinte:
Persoal
SERVIZO DE INFRAESTRUTURAS | CONSERVACIÓN INTEGRAL | CONCESIONARIAS DAS VÍAS DE ALTAS PRESTACIÓNS | TOTAL | |
A CORUÑA | 23 | 71 | 51 | 145 |
LUGO | 35 | 68 | – | 103 |
OURENSE | 35 | 64 | 15 | 114 |
PONTEVEDRA | 35 | 63 | 32 | 130 |
Reservas fundentes
A CORUÑA | LUGO | OURENSE | PONTEVEDRA | TOTAL | |
Acopio de fundentes | 9 | 2 | 6 | 6 | 23 |
Silos de sal | – | 11 | 8 | – | 19 |
Planta de salmoiras | – | 1 | 1 | – | 2 |
Maquinaria
A CORUÑA | LUGO | OURENSE | PONTEVEDRA | TOTAL | |
Turismos, todo terreos, furgonetas e furgóns | 40 | 17 | 37 | 45 | 139 |
Camión | 5 | 7 | 11 | 11 | 34 |
Camión grúa | 6 | 3 | 3 | 4 | 16 |
Coitela quitaneves acoplada a camión | 7 | 7 | 2 | 5 | 21 |
Esparexedor de fundentes acoplado a camión | 10 | 2 | 2 | 5 | 19 |
Furgoneta Pick-up | 6 | 6 | 4 | 9 | 25 |
Pick-up con coitelas e salero | 0 | 0 | 1 | 0 | 1 |
Motoniveladora | 4 | 0 | 1 | 2 | 7 |
Pala cargadora | 1 | 2 | 2 | 0 | 5 |
Pala mixta | 0 | 1 | 1 | 1 | 3 |
Retroexcavadora | 1 | 0 | 2 | 3 | 6 |
Motoserra | 15 | 6 | 8 | 14 | 43 |
Cisterna | 12 | 0 | 4 | 3 | 19 |
Grazas a este plan a Xunta de Galicia terá un perfecto coñecemento dos problemas que podan xurdir en épocas de inclemencias meteorolóxicas, o que permitirá a toma de decisións máis axeitadas para cada situación a tempo, e conseguirá dar a solucións aos problemas e á eliminación de riscos nas estradas.
Protocolo de actuación
A Xunta de Galicia ten establecido un protocolo de actuación no que se prevé o procedemento para actuar en función das condicións meteorolóxicas nas que se atope a Comunidade Galega. No caso de prevención e detección de incidencias, situación normal, e aínda que non haxa previsión de xeadas ou neve, mantense unha constante vixilancia do tempo, consultando os partes e previsións meteorolóxicas emitidos pola propia Xunta de Galicia e por outros medios.
A análise anterior compleméntase co percorrido diario das estradas, o que permite detectar instantaneamente calquera incidencia que se poida producir. O operativo que fai posible esta detección é o seguinte: a Garda civil, Protección civil, persoal da Consellería, persoal das empresas contratadas para a conservación integral, persoal das concesionarias das Vías de Alta Capacidade e a colaboración cidadá. Mantense un permanente contacto entre o persoal encargado da conservación integral e das concesionarias das Vías de Alta Capacidade e o persoal da Administración, o que permite tomar coa suficiente antelación as decisións máis axeitadas para cada situación.