La asociación ecologista gallega Adega denuncia que el ayuntamiento de Padrón pretende autorizar la cementera de Pazos pese al requerimiento de Aguas de Galicia de paralizarla
O CONCELLO DE PADRÓN PRETENDE AUTORIZAR A CEMENTEIRA DE PAZOS MALIA AO REQUERIMENTO DE AUGAS DE GALIZA DE PARALIZALA

29 de novembro de 2010. O concello de Padrón, desouvindo o requerimento de Augas de Galiza que lle insta a non dar licenza para a planta de formigó no polígono de Pazos, pretende dar licenza e consolidar as irregularidades administrativas cometidas na tramitación desta instalación.
Augas de Galiza acordara abrir expediente sancionador a Xestur, concesionaria do polñigono, por recheos na zona de policía do río Sar.
Alén disto, estas obras que afectan ao espazo protexido do LIC Ulla-Deza tampouco contaron co preceitivo informe de Conservación da Natureza nen con avaliación ambiental.
A empresa, «Hormigones Taboadela», subministra formigón para as obras do ave e solicitou licenza para unha actividade «temporal», exactamente 23 meses, para eludir a obrigatoriedade da avaliación que fixa o Decreto 133/2008 (que substituiu ao RAMINP), necesaria se a fatoría vai ter unha actividade superior aos dous anos (24 meses).
Alén disto, o concello de Padrón non contemplaba a autorización para o uso como fábrica de formigón da parcela nº 78 no case baleiro polígono de Pazos.
A sorprendente celeridade coa que estase a tramitar esta obra por parte do concello, a sospeitosa duración da actividade (23 meses), xusto 1 menos que e o preciso (24 meses) para pasar o trámite ambiental, e o expediente de Augas de Galiza, que deberían servir para que o concello de Padrón fixera caso á Xunta e denegara a licenza.
Todo fai pensar, pois que estamos perante a tramitación irregular dunha actividade contaminante con vocación de permanencia en Pazos. Isto último deducímolo tamén do propio proxecto visado e presentado pola promotora, «Hormigones Taboadela, S. L,»: «El objeto del presente proyecto es el diseño de cimentaciones en instalación temporal (para un año y once meses) de una planta de dosifixcación de áridos y cementos quedando prevista de conjunto de amasado para uso futuro«.
ADEGA solicita á Xunta e ao concello de Padrón que respecten a lexislación de protección ambiental e a salvagarda da saúde pública, en troques de aproveitar fendas legais para «pontear» o procedemento e favorecer unha determinada actividade.
Finalmente, ADEGA expresa a súa solidariedade e apoio ás reivindicación dos veciños e veciñas de Pazos. Nen o AVE nen ningunha infraestrutura pode estar por riba do dereito á saúde a ao medio ambiente da cidadanía!
Me gusta esto:
Me gusta Cargando...
Relacionado
La pagina de tu Blog se ha actualizado…
[..]Articulo Indexado Correctamente en la Blogosfera de Sysmaya[..]…
Me gustaMe gusta