La Xunta aboga en Madrid por la creación de sociedades de propietarios forestales para garantizar la rentabilidad de la madera

GALICIA AVOGA POLA AGRUPACIÓN DE PROPIETARIOS FORESTAIS PARA FAVORECER A MOBILIZACIÓN SUSTENTABLE DA MADEIRA

 Galicia aboga en Madrid por la agrupación de propietarios forestales para favorece la movilizacion sustentable de la madera

  • Así o destacou o director xeral de  Montes na xornada de presentación da “Guía de prácticas adecuadas para la movilización sostenible de la madera en Europa”, desenvolvida en Madrid

 

Santiago, 29 de novembro de 2010.- O director xeral de Montes da Consellería do Medio Rural, Tomás Fernández-Couto Juanas, participou na xornada de presentación da “Guía de prácticas adecuadas para la movilización sostenible de la madera en Europa”, desenvolvida en Madrid pola Plataforma Tecnológica Forestal Española e Industrias Derivadas. Na súa intervención, o responsable da política forestal da Xunta avogou pola agrupación dos propietarios como vía para potenciar a sustentabilidade na xestión do monte e garantir a rendibilidade dos seus recursos, en especial da madeira.

 Fernández-Couto referiuse á aposta que está a facer o Goberno de Galicia para facilitar a agrupación de propietarios forestais con plenas garantías xurídicas a través da creación das Sociedades de Fomento Forestal (SOFOR). A Consellería do Medio Rural está xa ultimando o decreto que materializará esta proposta, co consenso de todos os axentes forestais de Galicia. O obxectivo é combater o minifundismo, como principal obstáculo para a posta en valor no mercado da madeira.

 Xornada

A intervención do director xeral de Montes da Xunta enmarcouse nunha mesa redonda na que tamén participaron o responsables de política forestal dos gobernos de Asturias, Joaquín Arce; de Cantabria, Mª Eugenia Calvo; de Castela-A Mancha, Darío Francisco Dolz; e de Castela-León, José Ángel Arranz. Na xornada, desenvolvida no Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino, interviñeron tamén representantes europeos, como Virginia Cram-Martos, da Comisión Económica para Europa Naciones Unidas; Roland Beck, da Dirección General Desarrollo Agricultura y Medio Rural; e José María Solano, da Copresidencia da Conferencia Ministerial de Protección de Bosques para Europa. Estes expertos abordaron o posicionamento europeo para a mobilización da madeira.

 O obxectivo do encontro foi a presentación da “Guía de prácticas adecuadas para la movilización sostenible de la madera en Europa”. A publicación, promovida polos organismos europeos presentes na xornada, nace como instrumento de apoio para as administración e entidades con competencias forestais. Trátase de proporcionar directrices claras e operativas, así como exemplos e medidas concretas para garantir a mobilidade sustentable da madeira en Europa.

Anuncio publicitario

Un comentario sobre “La Xunta aboga en Madrid por la creación de sociedades de propietarios forestales para garantizar la rentabilidad de la madera

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s