Un total de 107 concejos se han beneficiado de las ayudas de la Xunta para promover el ahorro y eficiencia energética

O departamento que dirixe Javier Guerra continúa así co compromiso de redución de tempos de tramitación e resolución de subvencións e de achegamento da administración ao cidadán 

El departamento que dirige Javier Guerra continúa así con el compromiso de reducción de los tiempos de tramitacion y resolución de subvenciones 

ECONOMÍA E INDUSTRIA XEROU INVESTIMENTOS POR VALOR DE 8,7 MILLÓNS CON CINCO LIÑAS DE AXUDAS DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA, QUE VÉN DE RESOLVER NUN PRAZO RECORD DE POUCO MÁIS DE DOUS MESES

 El gobierno gallego anuncia que generó inversiones por valor de 8,7 millones, gracias a cinco líneas de ayudas para promover el ahorro y eficiencia energética, las cuales acaba de resolver en un tiempo récord de poco más de dos meses.

  • La Consejería continúa prestando desde el Instituto Energético de Galicia una especial atención a los concejos: las ayudas dirigidas especialmente a las entidades locales alcanzaron una cuantía subvencionable de hasta el 75%.
  • Un total de 275 entidades, entre ellas 107 concejos, acaban de beneficiarse de estas ayudas
  • El Inega ha concedido subvenciones a un total de 77 municipios para la renovación de las instalaciones de iluminación pública exterior; a 22 concejos para la realización de auditorías energéticas a instalaciones de iluminación pública y a otros ocho para ejecutar auditorías energéticas a edificios municipales

 

  • A Consellería continúa prestando desde o Instituto Enerxético de Galicia unha especial sensibilidade para cos concellos, posto que as axudas dirixidas especificamente ás entidades locais alcanzan unha contía subvencionable de ata o 75%
  • Un total de 275 entidades, entre elas 107 concellos, se veñen de beneficiar destas subvencións, de acordo coa resolución publicada no DOG
  • O Inega vén de conceder axudas a un total de 77 municipios para a renovación das instalacións de iluminación pública exterior; a 22 concellos para a realización de auditorías enerxéticas a instalacións de iluminación pública e a outros 8 para levar adiante auditorías enerxéticas a edificios municipais

 

Santiago, 27 de novembro de 2010.- Un total de 275 usuarios, entre particulares, empresas, asociacións, concellos e outras entidades de diverso tipo, se beneficiarán este exercicio, no marco das axudas a proxectos de aforro e eficiencia enerxética do Instituto Enerxético de Galicia (Inega) da Consellería de Economía e Industria, das liñas de subvención consideradas prioritarias.

De acordo coa resolución de concesión publicada hoxe no DOG, se veñen de resolver, nun prazo record de pouco  máis de dous meses, continuando así co compromiso de redución de prazos de tramitación e resolución das axudas e de achegamento da administración ao cidadán. Hai que destacar que todo o proceso, desde a presentación á tramitación e ata a resolución das axudas, se realizou de xeito telemático, nun esforzo de poñer as novas tecnoloxías ao servizo do usuario.

 Con estas cinco liñas _auditorías enerxéticas sector servizos (AES); bombas de calor xeotérmicas (BCX); bombas de calor aire-aire e aire-auga nova construción (BCA); renovación de instalacións de iluminación pública exterior / renovación de semáforos (ILE/SEM) e auditorías enerxéticas en iluminación pública exterior (AEP)_, ás que o Inega destinou un orzamento total de 5.321.942,14 euros, xerarase un investimento de 8,7 millóns de euros.

 Por tipoloxías

A liña de axuda “auditorías enerxéticas nos edificios do sector residencial e servizos”, cun orzamento total de 124.151,43 euros e cunha contía subvencionable do 75% do estudo, permitiu a realización deste tipo de actuacións de promoción do aforro e da eficiencia nun total de 76 edificacións.

 As axudas á instalación de bombas de calor xeotérmicas (477.825,11 euros) e ás bombas de calor aire-aire e aire-auga nova construción (107.372,82 euros) tiveron, na súa maior parte como destinatarios a particulares, que optaron a estas subvencións que cobren ata o 30% do custo elixible. A primeira das liñas tivo  63 beneficiarios, e 37 a segunda.

 Concellos

Co programa de axudas a proxectos de aforro e eficiencia enerxética, o departamento que dirixe Javier Guerra continúa prestando desde o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) unha especial sensibilidade para cos concellos, e así do total das dezaoito liñas de axudas distintas, doce están dirixidas especificamente aos concellos, cunha contía de subvención que alcanza, nalgúns casos, o 75%.

 Entre este paquete global de liñas específicas de axuda destacan a de “renovación das instalacións de iluminación pública exterior/renovación de semáforos” e a de “auditorías enerxéticas en iluminación pública exterior”. Na primeira das tipoloxías de axuda, a contía máxima da subvención oscila entre o 50 e o 70% do custo elixible, en función do número de habitantes do concello, ata un máximo de 100.000 euros.

 No caso das auditorías enerxéticas a instalacións de iluminación pública, subvenciónase entre o 50 e o 75% do estudo con valores máximos en función do número de habitantes do concello, sendo tamén o custo elixible máximo de 100.000 euros.

 Neste exercicio, o Inega concedeu axudas a un total de 77 concellos para a renovación das instalacións de iluminación pública exterior e para a renovación de semáforos, que recibirán en conxunto 4.481.700,48 euros, o que supón mobilizar un investimento asociado de 6,4 millóns de euros, e a outros 8 municipios para levar adiante auditorías enerxéticas en instalacións municipais.

 Por último, 22 municipios resultaron beneficiarios das subvencións do Inega para auditorías enerxéticas en iluminación pública por un montante de 130.892,30 euros, co que se xerará un investimento asociado de máis de 174.000 euros.

 O Instituto Enerxético de Galicia mantén o seu compromiso de resolver as restantes liñas de axudas a proxectos de aforro e eficiencia enerxética antes de 6 meses para o presente exercicio.

¿Y tú qué opinas de esto?