A XUNTA ENCARGA POR 600.000 EUROS O PROXECTO PARA REHABILITAR A FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA
La Xunta encarga por 600.000 euros el proyecto para rehabilitar la fábrica de tabacos de A Coruña y convertirla en sede judicial. Sigue pendiente que el ayuntamiento ceda la parcela y el edificio, mientras que la administración regional insiste en que su voluntad es agilizar lo máximo posible la rehabilitación (que supondrá una inversión de 20 millones de euros), si el consistorio coruñés levanta finalmente las trabas
- O Goberno galego continúa co seu compromiso cunha actuación que permitirá deixar cubertas as necesidades de infraestruturas xudiciais na cidade herculina para os vindeiros vinte anos
Santiago, 27 de novembro de 2010.- A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza vén de encargar á Sociedade Pública de Investimentos (SPI) o proxecto básico e de execución de rehabilitación do edificio da antiga Fábrica de Tabacos da Coruña, para destinalo a usos xudiciais.
Deste xeito, o Goberno galego continúa co seu compromiso co Concello da Coruña e demostra, unha vez máis, a súa vontade de axilizar o máximo posible a rehabilitación deste edifico, que permitirá deixar cubertas as necesidades de infraestruturas xudiciais na cidade herculina para os vindeiros vinte anos.
Para que a Xunta poida levar a cabo este traballo, no que investirá en torno a 20 millóns de euros, é necesario que previamente o Concello ceda a parcela e o edificio, ao igual que se está facendo en todas as cidades nas que o Goberno galego está a executar infraestruturas xudiciais.
Mentres isto non suceda, e para non perder tempo ao respecto dunha infraestrutura tan necesaria para a cidade, a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza ten iniciado xa os trámites para a posta en marcha do edificio co encargo do proxecto, de tal xeito que estea xa avanzado para cando o Concello ceda definitivamente o terreo.
O proxecto da Fábrica de Tabacos suporá a rehabilitación dunha superficie aproximada de 14.000 metros cadrados nos que se ubicarán as dependencias xudiciais que se decidan en función das necesidades de ubicación e reorganización na cidade da Coruña. O importe do proxecto básico e de execución de rehabilitación de Tabacos encargado a SPI é de 600.000 euros.
La pagina de tu Blog se ha actualizado…
[..]Articulo Indexado Correctamente en la Blogosfera de Sysmaya[..]…
Me gustaMe gusta
[…] Autor:https://asturgalicia.wordpress.com/2010/11/27/la-xunta-encarga-por-600-000-euros-el-proyecto-para-reh… 600.000, Coruña, encarga, euros, fabrica, PARA, proyecto, rehabilitar, tabacos, Xunta […]
Me gustaMe gusta