La Xunta denuncia que Fomento sólo ha cumplido el 3,4% de las obras previstas para 2010 en el Pacto del Obradoiro

HERNÁNDEZ DESTACA QUE A DÍA DE HOXE FOMENTO TAN SÓ LICITOU 114 DOS 3.362 MILLÓNS DE EUROS COMPROMETIDOS PARA 2010 NO PACTO DO OBRADOIRO, supoñendo o 3,4% do establecido

 La Xunta denuncia que a día de hoy el Ministerio de Fomento tan sólo licitó 114 de los 3.362 millones de euros comprometidos para 2010 en el Pacto del Obradoiro, lo que supone solamente el 3,4% de lo comprometido. Faltan 3.248 por licitar por parte del Ministerio que encabeza José Blanco. En el acuerdo se habían establecido obras en las líneas Lubián-Ourense, Ourense-Santiago y en el Eje Atlántico de Velocidad. El Gobierno del Estado se había comprometido además en el pacto a poner en servicio la línea Ourense-Santiago para finales de 2011 y la del Eje Atlántico en 2012. Pese a los retrasos, la Xunta ha decidido darle un margen de credibilidad aún a Fomento, interpretando como “un buen signo” el hecho de que finalmente el Ministerio haya accedido a celebrar la Comisión de Seguimiento del acuerdo en diciembre

  • Faltan 3.248 millóns de euros por licitar para darlle resposta ás actuacións establecidas para este ano 
  • No acordo establécense obras nas liñas Lubián-Ourense, Ourense- Santiago e no Eixo Atlántico de Velocidade
  • O Goberno do Estado comprometeu no pacto a posta en servizo da liña Ourense- Santiago para finais do 2011 e a do Eixo Atlántico en 2012
  • A Xunta pretende darlle unha marxe de credibilidade a Fomento, interpretando como bo indicio a recente comunicación por parte do ministerio para celebrar a reunión da Comisión de Seguimento do acordo no mes de decembro

 

Foto: farodevigo.es

Santiago, 25 de novembro de 2010.-

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, compareceu no Pleno do Parlamento para explicar o estado do Pacto do Obradoiro, asinado o 21 de xullo de 2009 entre o ministro de Fomento e o presidente da Xunta para o desenvolvemento da rede ferroviaria de alta velocidade en Galicia.

 Para o presente ano 2010, o acordo estipulaba que a licitación de obra ascendería a 3.362 millóns de euros destinados a obras nas liñas Lubián- Ourense, Ourense- Santiago e no Eixo Atlántico de Velocidade. Non obstante, Hernández destacou que a día de hoxe, faltando pouco máis dun mes para rematar o ano, só se licitaron 114 millóns de euros, supoñendo o 3,4% do importe comprometido. Neste senso, o titular de Infraestruturas argumentou que este compromiso adquirido está moi lonxe de poder cumprirse.

 No que se refire a orzamentos, faltan 3.248 millóns de euros por licitar para darlle resposta ás actuacións establecidas para 2010 entre as que sobresaen: obras de vía, electrificación e instalacións no tramo Olmedo- Zamora; estación de Medina del Campo; cambiadores de ancho en Ourense e Zamora; e obras de plataforma en catro tramos entre Lubián e Taboadela. No Eixo Atlántico, destacan as actuacións de superestrutura, instalacións de seguridade, remodelación de estacións e implantación de sistemas de radio- telecomunicación.

 De todas as actuacións citadas, unicamente se teñen licitado algúns contratos para servizo das obras de plataforma en catro tramos entre Lubián e Taboadela e os proxectos para a remodelación das estacións de Vigo e A Coruña.

 Hernández manifestou que a Xunta ten dúbidas razoables sobre se o Goberno do Estado ten unha interese real en cumprir os prazos establecidos neste acordo, xa que se comprometía a posta en servizo da liña Ourense- Santiago para finais do 2011 e a do Eixo Atlántico en 2012. Ademais, apuntou que resulta imposible executar as obras precisas para que Galicia conte cunhas comunicacións ferroviarias acordes aos tempos que vivimos se previamente non se publica a súa licitación.

 O Goberno galego, malia ás escasas mostras que se teñen achegado, pretende darlle unha marxe de credibilidade a Fomento, interpretando como un bo indicio a recente comunicación por parte do ministerio para celebrar a reunión da Comisión de Seguimento do acordo no vindeiro mes de decembro.

 O responsable de Medio Ambiente galego agarda que para esta data, se non se produce antes, se dea a coñecer o resto da licitación dese conxunto de obras por valor de 3.362 millóns de euros, importe que Fomento ten comprometido coa Xunta e con Galicia, para garantir o remate das obras. 

Un comentario sobre “La Xunta denuncia que Fomento sólo ha cumplido el 3,4% de las obras previstas para 2010 en el Pacto del Obradoiro

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s