O EUCALIPTO “AVÓ DE CHAVÍN” RECIBE EN MADRID O PREMIO Á ÁRBORE XIGANTE DO ANO 2010 QUE CONCEDE A ONG “BOSQUES SIN FRONTERAS”
El eucalipto ‘Abuelo de Chavín’ recibe en Madrid el premio al Árból Gigante del Año 2010, que concede la ONG Bosques sin Fronteras. El galardón reconoce la dimensión de este eucalipto, situado en el concejo lucense de Vivero, como posiblemente el árbol más grande de España y uno de los más altos y voluminosos de toda Europa.
- O galardón, que foi recollido polo director xeral de Conservación da Natureza, recoñece a dimensión deste eucalipto, situado no concello lucense de Viveiro, como un dos máis altos e máis voluminosos de toda Europa
- O premio ten unha contía económica de 2.000 euros que Medio Rural destinará a tarefas de conservación e divulgación do exemplar do Catálogo Galego de Árbores Senlleiras
Santiago, 19 de novembro de 2010.- O director xeral de Conservación da Natureza da Consellería do Medio Rural, Ricardo García-Borregón, recibiu, en nome da Xunta de Galicia, o premio ao eucalipto Avó de Chavín, situado no concello lucense de Viveiro, como Árbore Xigante do ano 2010. O galardón, que concede a ONG “Bosques sin fronteras”, foi entregado no Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino e recoñece a dimensión deste eucalipto branco como un dos máis altos e o máis voluminosos de Europa.
A contía económica do premio ascende a 2.000 euros que serán invertidos en tarefas de conservación e divulgación do exemplar do Catálogo Galego de Árbores Senlleiras, no cal tamén está incluído o eucaliptal dende o ano 2007.
Souto da Retorta
O Avó de Chavín, tamén coñecido como o Souto da Retorta, é un predio situado na proximidade do río Landro, pertencente á parroquia de Chavín, no concello lucense de Viveiro, no que se sitúa un rodal de eucaliptos (Eucalyptus globulus) de gran singularidade pola lonxevidade e extraordinarias dimensións das súas árbores. Varios exemplares deste conxunto, duns 600 eucaliptos, superan os cen anos de idade e constitúen auténticos monumentos vexetais de máis de 50 metros de altura. Isto motivou a súa declaración como Monumento Natural no ano 2000.
Entre todos os grandes eucaliptos do espazo natural destaca o Avó, que pode chegar a ser a árbore de maior altura de Europa cuns 70 metros de altura, e unha das máis voluminosas, con máis de 8 metros de perímetro e uns 75 metros cúbicos de madeira.
Catálogo de árbores senlleiras
O Catálogo Galego de Árbores Senlleiras é un rexistro público de carácter administrativo dependente da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, no cal se inclúen todas aquelas árbores e formacións excepcionais merecentes de protección en atención ás excepcionais características do seu porte, proporcións, idade, rareza, significación histórica ou cultural, interese científico, educativo, estético, paisaxístico ou calquera outra circunstancia que as faga merecentes dunha especial protección.
Bosques sin Fronteras
A ONG Bosques Sin Fronteras organiza anualmente os Premios “Árbol y Bosque del Año”, dirixidos a significar e valorar unha serie de árbores e bosques que, por diversas características, son merecedores dun recoñecemento e respecto social. Neste Ano Internacional da Biodiversidade, Bosques Sin Fronteras contou coa colaboración da Fundación Biodiversidad para a organización deste galardón.
[…] Actualizados : El eucalipto 'Abuelo de Chavín' de Viveiro recibe el premio al Árbol Gigante del a… Presentación del libro de relatos "Quiero seguir siendo rubia" en Avilés Un […]
Me gustaMe gusta
[…] Autor:https://asturgalicia.wordpress.com/2010/11/20/el-eucalipto-abuelo-de-chavin-de-viveiro-recibe-el-prem… […]
Me gustaMe gusta