El gobierno portugués adoptará las medidas necesarias para que los gallegos tengan las mismas facilidades en el uso de los peajes que los propios ciudadanos lusos

El gobierno luso se compromete a adoptar las medidas necesarias para los gallegos tengan acceso a los mismos sistemas de utilización de peajes que los ciudadanos portugueses

O GOBERNO LUSO COMPROMÉTESE A ADOPTAR AS MEDIDAS NECESARIAS PARA QUE os galegos teÑAN acceso AOS MESMOS SISTEMAS DE UTILIZACIÓN DAS PEAXES QUE OS CIDADÁNS PORTUGUESES

 El consejero de Infraestructuras de la Xunta, Agustín Hernández, mantuvo una reunión con los responsables lusos, fruto de la cual acordaron un documento con las medidas de pago de los peajes en el país vecino, que se van a poner en vigor a corto plazo y a las que tendrán acceso todos los gallegos. Los participantes en la reunión se comprometieron a facilitar toda la información precisa para la aplicación de soluciones a los usuarios.

  • O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, mantivo esta tarde unha reunión co secretario de Estado Adxunto das Obras Públicas e das Comunicacións de Portugal, Paulo Campos
  • Os responsables do Goberno galego e luso plasmaron nun documento as medidas de pagamento das peaxes que se van poñer en vigor a curto prazo e ás que terán acceso todos os galegos
  • Os participantes na reunión comprometéronse a facilitar toda a información precisa para a aplicación das solucións para os usuarios e a desenvolver os mecanismos necesarios de cooperación co propósito de garantir as solucións adoptadas na reunión de hoxe

 

Viana do Castelo, 11 de novembro de 2010.- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, mantivo esta tarde unha reunión co secretario de Estado Adxunto das Obras Públicas e das Comunicacións de Portugal, Paulo Campos, co obxectivo de aclarar o sistema de cobro de peaxes nas vías portuguesas. Na xuntanza, tamén estiveron presentes o presidente da Cámara de Municipal de Viana do Castelo, onde se celebrou a convocatoria, José María da Costa, e empresarios de Galicia e da zona Norte de Portugal, así como o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán F. Vázquez Mao.

 Paulo Campos confirmou ao responsable de Medio Ambiente do Executivo autonómico que o Goberno portugués aceptou a proposta da Xunta exposta polo presidente Alberto Núñez Feijóo ao ministro de Obras Públicas e Transporte luso, António Mendonça, o pasado 29 de outubro. Nese encontro, o presidente do Goberno galego solicitoulle que os cidadáns galegos teñan acceso aos mesmos sistemas de pagamento das peaxes que os cidadáns portugueses de xeito que non se vexa mermada a mobilidade entre Galicia e Portugal.

 Os responsables do Goberno galego e luso plasmaron nun documento as medidas de pagamento das de peaxes que se van poñer en vigor a curto prazo e ás que terán acceso todos os galegos. Estas opcións son:

 –          Adquisición do dispositivo da Vía Verde na rede comercial desta empresa, con extensión da mesma a España, nomeadamente a Galicia a través do Banco Caixa Geral durante este mes de novembro, co pagamento das taxas de peaxe por débito en conta bancaria

–          Adquisición do dispositivo  dos CTT (Correos de Portugal) na rede comercial desta empresa, con extensión a España, nomeadamente a Galicia a curto prazo, co pagamento das taxas de peaxe a través do prepagamento en efectivo

–          Aluguer do dispositivo na rede da Vía Verde e áreas de servizo, co pagamento das taxas de peaxe a través de débito en tarxeta de crédito, a curto prazo

–          Aluguer de dispositivo na rede dos CTT (Correos de Portugal) e áreas de servizo, con pagamento das taxas de peaxe a través de prepagamento en efectivo

–           Adquisición do servizo de pagamento de taxas de peaxe a entidades especialmente destinadas para a prestación de servizos a empresas de transporte internacionais, tamén con RESSA e Servisa.

 Ademais, o Goberno portugués comprometeuse a:

 –          Desenvolver, a curto prazo, outras solucións máis flexibles, que posibiliten o pagamento vía internet ou en postos físicos existentes en aeroportos e áreas de servizo, co pagamento das taxas de peaxe a través de cargo en conta bancaria ou en efectivo, e con devolución do saldo non utilizado mediante solicitude dos usuarios.

–          Facer converxer, a medio prazo, os sistemas electrónicos de cobro das taxas de peaxe, portugués e español, con vistas a asegurar a interoperabilidade entre os mesmos.

 Os participantes na reunión comprometéronse a facilitar toda a información precisa para a aplicación das solucións para os usuarios e a desenvolver os mecanismos necesarios de cooperación co propósito de garantir as solucións adoptadas na reunión de hoxe. 

Un comentario sobre “El gobierno portugués adoptará las medidas necesarias para que los gallegos tengan las mismas facilidades en el uso de los peajes que los propios ciudadanos lusos

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s